manulago 

Espectáculo de circo e danza contemporáneos | Espazos escénicos 60 minutos | Versión rúa e non convencionais 60 min | Todos os públicos 

​COMPAÑÍA IO

CUATRO[4"]SEGUNDOS 

  • Facebook

 compañía de circo contemporáneo fundada no 2015 por Álvaro Reboredo e Álvaro Pérez. 

Co seu primeiro espectáculo Contiguo reciben o Premio ao mellor espectáculo no OFF Circada de Sevilla.

4 segundos é a súa segunda produción.

 MELLOR ESPECTÁCULO 

 de rúa FETEGA 2019

4 SEGUNDOS foi o tempo que lle levou a ese montón de ferros caer sobre o meu corpo. Uns segundos que se converteron en minutos. Uns segundos que, nesta ocasión, sacaron o mellor e máis puro de min. O medo diluiuse para deixar o protagonismo a un corpo áxil e resolutivo. Esta peza fala de accidentes, de risco, da vida e do autocoñecemento. 4 SEGUNDOS  lémbranos ao animal que todos levamos dentro. Ese animal que, en ocasións, pode chegar a salvarnos a vida. 

Sobre o escenario no medio dunha néboa densa aparécense dúas figuras humanas, Ela tumbada sobre el, no chan. Pouco a pouco ambos recuperan a súa vitalidade e con ela aparece o movemento. Sen embargo hai algo estrano nas súas miradas. Xa nunca volverán a ser os mesmos. Acaban de vivir sen dúbida unha experiencia trascendental que lles cambiará a vida. 

Dirección e dramaturxia

Álvaro Reboredo "Fitinho"

Interpretación

Beatriz Rubio, Javier Lemus, Álvaro Reboredo 

Música electrónica experimental

Javier Lemus

Dirección movemento e coreografía

Maximiliano Sandford

Escenografía

Beatriz Rubio

Vestiario

Atelier Efímero

Iluminación

Javier Quintana

Voces

Aitor, Avelina, Amparo Girisho, Raquel, Toni e Álvaro

Fotografía

Clara Pedrol

Agradecementos

INAC Porto, ESMAE Porto, ESAD de Galicia, CIRCONOVE Santiago de Compostela, ANDÉN 38 A Coruña, SCUD HERO, Julián Carrara, Chiplab Studio, Afonso Becerra, Laura Rubio, Carlos Sante, Malala e Iván.

Peza estrenada os días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro 2018 na Sala Ártika de Vigo.

 CRÍTICA  

"Cuatro [4"] segundos é un exemplo de amplificación ou dilatación temporal: catro segundos, dun accidente, que a dramaturxia expande a unha peza de novo circo e música experimental dunha hora de duración".

[...]

"Estamos ante un circo que xa non doma feras, senón que lidia con asuntos vitais, afirmados a través da fisicalidade deportiva da acrobacia e a danza, da sensorialidade da música e dos sons, transcendidos pola poesía da imaxe dos corpos atornillados pola luz e o movemento". 

Dramaturxia e novo circo por Afonso Becerra, ARTEZBLAI El periódico de las Artes Escénicas

  • Facebook
  • Instagram Galicia Danza