manulago
Espectáculo de danza-teatro | Espazos escénicos | Todos os públicos | 60 min.
LICENCIADA SOTELO
A GALA

Nuria Sotelo é bailarina, coreógrafa e actriz.
Traballou para o Centro Coreográfico Galego, Femme Fatale, Experimenta Danza, Teatro Resoante, Elefante Elegante, Matarile Teatro e no 2010 funda a súa compañía Licenciada Sotelo coa que produce ata o momento 8 espectáculos.
Recibe no 2017 o premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva do Concello de Padrón.
Trátase dunha peza de danza-teatro cunha equipa artística e técnica composta por mulleres creativas e libres que toman como inspiración a figura e obra da grande artista Maruja Mallo.
Esta obra nace coa vontade de recoñecer e dar a coñecer a esta pintora compoñente do movemento das “Sen sombreiro”; movemento que abarca ás mulleres da Xeración do 27, esa fracción da Xeración do 27 que non aparecía nos libros de texto cando nós estudabamos.
O punto de partida é a Gala de conmemoración dos 117 anos do nacemento a artista Maruja Mallo (e 24 anos da súa morte).
A partir de aí, as tres intérpretes viaxan co seu corpo, movemento e voz a través do universo artístico e vital da pintora e nos seus propios, establecendo puntos de conexión entre tempos e espazos aparentemente lonxanos.
Creación
Nuria Sotelo, Cris Vilariño, Andrea Quintana e Rebeca Carrera
Dramaturxia
Andrea Quintana
Intérpretes
Nuria Sotelo, Cris Vilariño e Rebeca Carrera
Espazo Sonoro
Mounqup
Deseño de iluminación
Laura Iturralde e Del Ruiz
Vestiario
Licenciada Sotelo
Fotografía
Rubén Vilanova
Produción
Nuria Sotelo e Cris Vilariño
Axuda a produción
Agadic · Xunta de Galicia

Peza estrenada no Auditorio Municipal de Ourense, 2019