Os espazos de creación son unha parte fundamental do conxunto de infraestruturas culturais involucradas na creación artística e na dinamización social e cultural dun territorio, por varios motivos.
En primeiro lugar, sirven como lugares de traballo idóneos para artistas e outros profesionais culturais, mellorando o seu rendemento e potenciando a súa capacidade innovadora e de investigación, o que redunda en mellores creacións e proxectos culturais para a sociedade.
En segundo lugar, axudan a dinamizar os territorios e a poñer en valor o patrimonio e recursos propios, ao poñer en relación os procesos de creación coas comunidades e entornos locais, nas que se inspiran e ás cales entregan unha devolución en forma de actividades, mostras e outras iniciativas.
En terceiro lugar, son centros con capacidade relacional e innovadora, que crean redes con outras xeografías e outros proxectos, proporcionando a medio e longo prazo recursos, alianzas estratéxicas, posicionamiento e recoñecemento.
A Casa Vella é un dos primeiros espazos deste tipo que se poñen en marcha en Galicia, un proxecto innovador e alineado co espírito e tendencias do seu tempo, no que comenzan a xurdir unha multiplicidade de iniciativas que buscan unha posta en valor do rural desde novos modelos sostibles que asocien cultura, natureza, benestar social e desenvolvemento profesional.
A Casa Vella é un proxecto persoal e profesional de Nuria Sotelo e Rubén Vilanova.
HISTÓRICO: 2018, 2019, 2020, 2021
OPEN CALL · 2022:
Obxecto da convocatoria
A Casa Vella abre a súa actividade -co apoio de Iberescena e Xacobeo 21-22 - Xunta de Galicia- á comunidade iberoamericana a través dunha convocatoria internacional e promover presencialmente as relacións das comunidades artísticas de Portugal, polo que se convocan dúas residencias artísticas dirixidas a compañías/artistas que fundamenten o seu traballo artístico arredor do movemento e o corpo:
-artistas con sede en Portugal
-artistas con sede en calquera outro país socio do Programa Iberescena (Argentina, Bolivia, Brasil, Colombia, Costa Rica, Chile, Cuba, Ecuador, El Salvador, Guatemala México, Panamá, Paraguay, Perú e Uruguay).
A Casa Vella non ofrece residencias técnicas.
Período de solicitude
Do 16 de febreiro ao 15 de marzo de 2022.
Período de realización das residencias
Do 1 de xuño ao 31 de agosto de 2022.
Duración das residencias
Máximo de 15 días.
Resolución da convocatoria
Máximo 15 de abril de 2022.
Tipoloxía das residencias
Residencias de investigación e creación de artistas individuais ou equipos de máximo 3 persoas, de curta ou media traxectoria profesional que fundamenten o seu traballo artístico arredor do movemento e o corpo. Valoraranse positivamente os proxectos que experimenten con fórmulas de arte comunitaria e interxeracional, abrindo portas a novas formas de habitar e convivir.
BASES COMPLETAS -> GALEGO
BASES COMPLETAS -> CASTELLANO
BASES COMPLETAS -> PORTUGUÉS

Colectivo Glovo
Novembro 2021


Clara Ferrao
Outubro 2021
A Furia Sotelo é a compañía residente en A Casa Vella.
A compañía aparece no 2010.
Co corpo e o movemento como centro, camiña na búsqueda dunha linguaxe escénica ecléctica e multidisciplinar.
Nuria Sotelo e Cris Vilariño son o núcleo da compañía e realizan colaboracións asiduas con outras artistas do territorio, como a dramaturga Ana Vallés, a cellista Macarena Montesinos, a cantante Mouncup ou as bailarinas Rut Balbís ou Clara Ferrao.
As pezas producidas pola compañía participaron en Redes de Teatros Autonómicos, Nacionais e Festivais Nacionais e Internacionais de Teatro, Danza e Artes Performativas.
A obra "Ensaio amor" foi premiada na 30 edición do Certamen Coreográfico de Madrid.
Furia Sotelo é unha compañía asociada a Escena Galega e PAM.
Espectáculos producidos:
·Manifesto (2010)
·Métanse nos seus asuntos (2010)
·Desmemoriada (2011)
·Ud. está aquí (2011)
·Estado de gracia (2013)
·Incerteza (2014)
·Silencio por favor (2014)
·Quen canta seu mal espanta (2015)
·Ensaio Amor (2016)
·A Gala (2019)
·Ser Con (2019) DOSSIER
·Mortais e vulnerables (2021) DOSSIER
A formación regular para a veciñanza do pobo, titulada “O tempo do corpo”, é unha liña de traballo impulsada polo equipo xestor da Casa Vella dende 2019.
No pasado activáronse clases de movemento para veciñas na Casa da Cultura do pobo e máis recentemente, grazas á axuda Art For Changue de La Caixa, puideron levar a cabo un proceso de creación inclusivo e multidisciplinar “Ser Con” con mulleres do seu entorno. Esta apertura do proxecto ás persoas de idade avanzada é unha liña fundamental da Casa Vella porque supón incluír o concepto de memoria e de transmisión xeracional en coherencia cos obxectivos do proxecto, ofrecendo un espazo para o envellecemento activo e saudable para as veciñas e veciños da Casa Vella.
Por outra banda, as formacións especializadas puntuais, plantéxanse como momentos para a aprendizaxe colectiva en diálogo ca natureza.
Formación regular 2022:
-Martes e xoves 10:00h-11:00h Danza e movemento
-Martes 18:00h-20:00h Ioga dinámico
-Xoves 18:00h-19.30h Ioga iyengar
-1º sábado do mes: Conciencia sensorial, meditación e movemento
Obradoiro de acrobacia en familia 2022
Primeiro domingo de cada mes ás 11h, para xogar, estar no corpo e seguir aprendendo xuntas, ao tempo que desfrutamos poñéndonos máis fortes e áxiles. Serán dúas horas de acrobacias e xogo circense, o prezo é a gorra. Acompañan Simone Romanó e Ánxela Blanco.
Se queres un domingo de circo escribe ao 637 479 881 contándonos cantas ides vir e as vosas idades para axeitar as dináminas. Logo darémosvos unhas indicacións da roupa e materiais a traer. A continuación, ás 13h aproximadamente , desfrutaremos dun vermú a prezo popular e do que queirades traer para masticar e compartir.
Introducción ao canto Dhrupad - Nâda Ioga - Ioga do son
Imparte Ricardo Passos
Sábado 19 de marzo 2022 de 10 a 12h.
30€
Cantamos xuntes!! Obradoiro de voz e corpo
Imparte Camille Heduin (MounQup)
Sábado 9 de abril de 2022 de 11 a 13h
20€
Body weather
Imparte Cris Vilariño
23 de abril, 21 de maio e 11 de xuño de 11 a 18h
info@crisvilarinho.com 622 46 85 43
Clase e Jam de Contact Improvisación
Imparte Daniel Abril
30 de abril de 2022 de 11 a 14h
10€
Introducción ao canto védico
Imparte Alicia Corral
1 de maio de 2022 de 11 a 14h
30€
Obradoiro de Contact Improvisación + JAM "Corpo permeable, danzas vivas"
Imparte África Clúa Nieto
28 de maio de 2022 de 11 a 19.30h
50€
2022
FEBREIRO
Residencia Magí Serra (Catalunya). Cruceiro Paraiso de Colectivo RPM en colaboración con Graner.
MARZO
03/03/2022 Work in progress. Magí Serra (Catalunya). Cruceiro Paraiso de Colectivo RPM en colaboración con Graner.
18/03/2022 Concerto de Canto Védico: mantras e música étnica. Con Alicia Corral (voz) e Ricardo Passos (instrumentos). 20:30h. Aportación básica 10€. Reservas investigacionvoz@gmail.com
19/03/2022 Introducción ao canto Dhrupad - Nâda Ioga - Ioga do son. Imparte Ricardo Passos. De 10 a 12h.
ABRIL
09/04/2022 Obradoiro de voz e corpo. Imparte Camille Hedouin (MounQup). De 11 a 13h
23/04/2022 Obradoiro de body weather. Imparte Cris Vilariño. De 11 a 18h.
30/04/2022 Clase e JAM de Contact Improvisación. Imparte Daniel Abril. De 11 a 14h.
MAIO
01/05/2022 Introducción ao canto védico. Imparte Alicia Corral. De 11 a 14h
21/05/2022 Obradoiro de body weather. Imparte Cris Vilariño. De 11 a 18h.
28/05/2022 Obradoiro de Contact Improvisación + JAM. Imparte África Clúa Nieto. De 11 a 19.30h
XUÑO
11/06/2022 Obradoiro de body weather. Imparte Cris Vilariño. De 11 a 18h.
2021
FEBREIRO
·La Macana (Caterina Valela, Maca, Félix Fernández) residencia artística Pink Unicorns+mediación online
MARZO
·Javier Martín con Sabela Mendoza: residencia artística+mesa redonda co sector+obradoiro coa comunidade
·Alejandra Balboa: residencia artística "Vertebrata"+obradoiro coa comunidade+representación do espectáculo
·Licenciada Sotelo: residencia artística “Incerteza” con Cris Vilariño e Rebeca Carrera+obradoiro coa comunidade+representación do espectáculo
ABRIL
·Mikel Arístegui: residencia artística “In Between”+obradoiro coa comunidade+representación dun fragmento da peza
·Licenciada Sotelo: residencia artística “Ensaio amor” con Clara Ferrao, Ánxela Blanco e Macarena Montesinos+ obradoiro coa comunidade+representación do espectáculo
MAIO
·Avelina Pérez en Coprodución co Centro Dramático Galego: residencia artística “Por favor inténtelo de nuevo más tarde”+coloquio coa comunidade
·Rede Aldear: Asamblea presencial
·Funboa Escénica (Cristina Balboa, Elbi Balboa, Félix Fernández): residencia artística “Tecnocracia”+ estrea+ 1 representación
·Ánxela Blanco: residencia artística “Voo”+obradoiro infantil
XUÑO
·Matarile Teatro en coprodución co Centro Dramático Nacional: 1º encontro creativo “INLOCA”
·Clara Ferrao: residencia artística “Vicisitudes”
·PAM: 1ª reunión presencial dende 2019
·Cris Vilariño: residencia artística “Cian”+encontro coa comunidade artística+obradoiro
·Carlota Pérez e Jordi Cortés: representación “Deep end”
XULLO
·Aitana Cordero: obradoiro “Eros y Tánatos”
·Eva Paloma Sanz Guillen UC3: estancia de investigación+actividade mediación coa comunidade
AGOSTO
·Andrés Corchero: obradoiro “Body Weather”
·Nuria Sotelo: residencia artística “Mortais e vulnerables” coa colaboración de Mónica García, Nacho Cárcaba e Elisa Medina.
SETEMBRO
·Afonso Becerra en colaboración co Festival Corpo(a)Terra e a Ben Común : presentación do libro “Historia da danza contemporánea na Galiza” coa mostra de danza de Amparo Martínez Paz e Nuria Sotelo
·Nuria Sotelo: residencia artística “Mortais e vulnerables” coa colaboración de Babirusa Danza grazas ao do programa Estancia Cruces de Camino Escena Norte.
OUTUBRO
·Alejandra Balboa: 2ª fase da residencia artística "Vertebrata"
·Nuria Sotelo: residencia artística “Mortais e vulnerables” coa colaboración de Alejandra Balboa + obradoiro coa comunidade
·Elahood: residencia artística “NÓ”+ obradoiro coa comunidade. Residencia artística enmarcada dentro dos Premios do Primeiro Certame Coreográfico de Compostela.
NOVEMBRO
·Colectivo Glovo: residencia artística “Tabú”+mostra do proceso
DECEMBRO
·Helena Salgueiro: residencia artística “DRAMATÍCULA N° 121-127”+actividade de mediación
2018-2020
·Programa Presentación de “A Casa Vella” en Amiadoso, Allariz. 3 a 7 de xullo de 2018. Coa colaboración de Eva Paloma Sanz Guillén dentro do proxecto ‘Arquitecturas de la memoria’ da Aula de las Artes, UC3M. Estas xornadas contaron coa colaboración do Concello de Allariz, o Festival Corpo(A)Terra. O programa incluíu unha estancia de creación artística de Eva Paloma Sanz, e mostra do proceso, obradoiro con mulleres de Amiadoso, aulas abertas e presentación do proxecto na aldea e nas instalacións do Concello.
·Actividades de circo e creación para nenas e nenos. Obradoiro de palitroques con Ánxela Blanco e mostra de “Voo” para familias. Xullo 2018 na Casa Vella.
·Residencia da compañía Licenciada Sotelo co seu espectáculo “A Gala” en agosto de 2018, realizada entre A Casa Vella e o Fogar dos Maiores do Concello de Allariz. Abriuse o entrenamento físico do proceso de creación aos veciños e veciñas do Concello interesadas, realizouse unha mostra do proceso na casa en ruinas e unha función da peza dentro do programa Semana Santa ao Vivo´19 de Allariz.
·Festival Escenas do Cambio 2019. Presentación de “A Casa Vella” con Nuria Sotelo A Casa Vella e Cris Sánchez. 9 de Febreiro de 2019 na Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.
·Obradoiro de voz na natureza con Alicia Corral. Realizado o 22 de Xuño de 2019 en A Casa Vella. (Titulada superior en Arte Dramático polo Institut del Teatre de Barcelona, Máster en Estudis Teatrals pola Universitat Autònoma de BCN e Doctora pola Universidad Rey Juan Carlos de Madrid).
·Ser-Con. Proxecto de creación artística inclusivo e multidisciplinar. Realizado ao longo do ano 2020, cunha axuda Art For Change de La Caixa por valor de 13.200,00 ., ademais do apoio do Concello de Allariz. Un proxecto aberto e colaborativo baixo a dirección artística de Nuria Sotelo coa colaboración doutros artistas: Mikel Arístegui, Mounqup, Inma Vilanova.
A Casa Vella, un proxecto apoiado por:


