
Inicio > Bio > Creacións > Outros proxectos > Contacto
ALEJANDRA
BALBOA

BIO
Inicio > Bio > Creacións > Outros proxectos > Contacto
ALEJANDRA BALBOA
Pontevedra - 1992
Creadora e intérprete galega. A filosofía que envolve o seu traballo parte da concepción do movemento como canal de auto-descubrimento, observación e escoita. Atopa na danza un espazo no cal habitar o presente, explorar e investigar as posibilidades da súa propia linguaxe corporal e a interpretación da mesma.
O meu nome é Alejandra Balboa, ainda que case todo o mundo me chama Jani, alcume que me deu miña nai pola súa gran afición a Janis Joplin.
Nacín no 1992. Comencei a bailar con 7 anos nunha academia que hoxe en día considero a miña segunda casa. Alí, Deborah e Kellen ensináronme a bailar desde a súa paixón e perseverancia, e animáronme a deixar Pontevedra para continuar os meus estudos de danza cumpridos os 19. En Lisboa tomei a miña formación na Escola Superior de Dança, onde descubrín a danza contemporánea e iniciouse unha etapa de infinita transición.
Fixen as prácticas na compañía Otra Danza. Nos estudios de l'Escorxador comenzo a crear o meu primeiro solo: Do you understand anything? I try… onde explorei o inconsciente a través da miña propia xestualidade. Foi estrenado na mostra “Abril en Danza” e formou parte da programación do “XV Certamen Internacional de Coreografía Burgos & New York”, “Danza Excélsior 2017”, “SóLODOS en Danza 2017” e “Seis Cordas Galicia 2019”, entre outros.
Regresei a Portugal e xunto con Teresa Manjua, amiga e compañera da Escola Superior, reinvento o meu primeiro solo dándolle outra visión. Xuntas creamos Trick or Treat. Foi presentada en Lisboa e no Festival “Entrelaçados”.
Máis tarde as compañías Irene K (Bélxica) e Francesca Selva (Italia) outorgáronme unha bolsa. É aquí, en Bélxica, onde desenvolvín a miña capacidade de escoita, convertíndose nunha ferramenta que marcou a miña forma de sentir a relación co espazo.
Agosto 2020, estudio de Luis Marrafa (Bélxica). Aquí naceu o último traballo que actualmente sigue en escena: Vertebrata. Nesta peza profundizo na miña vulnerabilidade como ser e no conflicto interno entre o visceral e o racional. Estrenouse na décima edición do “Corpo (a) Terra''; foi finalista do programa “SóLODOS en Danza 2020” e na “IV Plataforma Diálogos Contemporáneos do Festival DZM”, onde recibín o premio á mellor intérprete; entre outros.
No 2021 escribo "Coidar o proceso" para “Cara unha escena plural”, proxecto que impulsa a danza en Galicia.
Tamén no 2021, xunto a Pavel Amílcar e a Orquesta Barroca 430 dou corpo á Ópera Alcina, abordando novas formas de interpretar desde unha estrutura emotiva.
Paralelamente, teño o placer de ensinar ás alumnas da escola onde medrei, compartindo a miña visión da danza, baseada na auto-aceptación, a diversidade e o respecto ao proceso persoal.
Esta volta a Galicia permitiume coñecer o tecido profesional da miña terra e formar parte dunha bonita rede que sigue en expansión e da que me sinto moi afortunada e agradecida.
Hoxe en día sigo integrando o aprendido de cada experiencia, aceptando que forman parte do meu proceso evolutivo como humana e como artista. Cuestionando, expandindo-contraendo, vivindo a danza como unha viaxe no tempo no que me movo entre as memorias rexistradas en min e a súa proxección futura.
.

CREACIÓNS
Inicio > Bio > Creacións > Outros proxectos > Contacto
"VERTEBRATA"
Festival Corpo(a)terra - 2020
Investigando co coreógrafo Luis Marrafa, nace Vertebrata. Unha viaxe emocional na que o corpo é movido polo ruido que o habita. Éste encóntrase coa dificultade de controlar os seus impulsos internos, intentando descifralos e incluso dominalos. Un vaivén entre a leve asfixia do intento e a pesada carga da debilidade. É a expresión dun animal que exterioriza a través do movemento, os diferentes estados da súa materia.
SINOPSE
Non deixo que nada entre en min sen retumbar, sen controlar a intensidade coa que habitan, chocan e incluso explotan. Ás veces parece que descansan, pero rapidamente percorren todo o espazo que poden para facerse notar.
Limítome a intentar apagalas. Penso, ilusa, que cando me volvan a petiscar, entendereinas con claridade.
Pero non. Non consigo que durman.
Temo que a miña paz quedará reducida aos pequenos momentos nos que o aire consiga entrar e sair do meu corpo sen dificultade.
COREOGRAFÍA E INTERPRETACIÓN: Alejandra Balboa
DURACIÓN: 10 min
CRITICA POR NIEVES NEIRA ROCA PARA ERREGUETÉ
XIRA:
·X Corpo(a)terra, Ourense 2020
·Finalista no Certame de Creación de dúos e solos do Festival SóLODOS En Danza / Ourense / 2020.
·16 de abril 2021 participa en Atopémonos Bailando de Colectivo Glovo e o Concello de Lugo.
·Ciclo Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio: 09/07/21: Portomarín (Lugo), 11/07/21: MIHL (Lugo), 17/07/21: Ribeira (A Coruña)
·Premio a Mellor Intérprete na IV Plataforma Diálogos Contemporáneos do Festival DZM de Cáceres: 28/11/2021




"DO YOU UNDERSTAND ANYTHING? I TRY..."
Festival Abril en Danza - 2016
Un solo que se inspira na lingua de signos e a súa forma de ser interpretada. Este xogo de mans dalle corpo a unha voz rumiante que conduce a un buceo nas sombras, chegando aos bucles do inconsciente, intentando encontrarlle sentido a algo que quizáis non teña explicación
SINOPSE
Volta ao mesmo punto, no que as dúbidas salpican a miña calma como a choiva salpica o chan.
Quedando disolta nese charco todo tipo de certeza.
COREOGRAFÍA E INTERPRETACIÓN: Alejandra Balboa
DURACIÓN: 10 min
XIRA
·Festival Abril en Danza, Alicante 2016.
·XV Certamen Internacional de Coreografía Burgos - New York, Burgos 2016.
·V Muestra de Danza Contemporánea Ventana Abierta a la Danza, Málaga 2016.
·Danza Excelsior, Italia 2017.
·Certame de Creación de dúos e solos do Festival Sólodos En Danza, Ourense 2017.
·Seis Cordas, Teatro Ensalle, Sólodos Cía e Galicia Danza Contemporánea, Vigo 2019.
·Programación Corpo(a)terra no 25 aniversario MITEU, Ourense 2020.





OUTROS PROXECTOS
Inicio > Bio > Creacións > Outros proxectos > Contacto
"COIDAR O PROCESO"
Cara unha escena plural - 2021
No 2021 escribo o pre-texto "Cuidar el proceso" para Cara unha esceno plural, convidada por Caterina Varela e Sabela Mendoza.
"ALCINA"
Ópera - Orquesta Barroca 430 de Vigo - 2021
G. F. Händel compón no 1735 a ópera “Alcina” baseada en Orlando el Furioso do poeta italiano Ludovico Ariosto. 286 anos despois, Pavel Amilcar, dirixe este proxecto que toma oberturas, sinfonías, danzas e arias da ópera, interpretadas pola Orquesta 430, pola soprano Eugenia Boix e pola coreógrafa Alejandra Balboa, entrelazando o discurso histórico de Händel cunha concepción máis contemporánea.
Alejandra propón o uso do seu corpo como un instrumento máis da orquestra, como proxección da voz da soprano, baixo un pentagrama emocional que aborda o mundo do amor e desamor: felicidade, sensualidade non recíproca, enfado, intento vulnerable e repetitivo de conquista, regocijo na dor, a devastación que esconde unha bágoa…
DIRECTOR ARTÍSTICO: Pavel Amilcar
COREOGRAFÍA E INTERPRETACIÓN: Alejandra Balboa
SOPRANO: Eugenia Boix
INTERPRETACIÓN MUSICAL: Orquestra Barroca Vigo 430
PATROCINA: Xacobeo 21-22 - Xunta de Galicia
Duración: 1:15 h
Xira:
- Aula de Cultura Xulio Cuns, Betanzos, novembro 2021.
- Museo Belas Artes, Coruña, novembro 2021.
- Auditorio de Vilalba, novembro 2021.




"CATERVA"
Seis Cordas Galicia - Teatro Ensalle - 2019
No 2019 Teatro Ensalle, Cía Sólodos e Galicia Danza Contemporánea colaboran para a presentación dun programa especial no teatro de Vigo onde se reúnen creadores e creadoras en danza emerxentes de Galicia: Seis Cordas Galicia. O programa finaliza coa presentación dun espectáculo creado específicamente para esta ocasión e este espazo:
Caterva
Do lat. caterva 'tropa', 'multitude', 'pelotón, 'cuadrilla'.
1. f. Multitude de persoas ou cousas consideradas como conxunto desordenado (…)
Caterva é un espectáculo móbil e específico para cada lugar nol que varía o elenco en cada ocasión. Caterva utiliza os recursos de cada novo espazo e os incorpora ao desenvolvemento da peza.
DIRECCIÓN E CREACIÓN: Erick Jiménez
INTÉRPRETES E CREADORXS: Alba Fernández Cotelo, Elvi Balboa, Alejandra Balboa, Lucía Bocanegra, Esther Latorre e Hugo Pereira
ESPAZO SONORO: DJ Jas Processor · 7H Coop. Cultural
ILUMINACIÓN: Pedro Fresneda · Teatro Ensalle
PRODUCIÓN: Maruxa Salas · Cía Sólodos e Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea
DURACIÓN: 70 min




"Desfile AD RUNWAY FW19 OU"
Ourense - 2019
Desfile outono inverno 2019 Adolfo Domínguez celebrado no casco vello de Ourense, Galicia. Un espectáculo de cultura, música e baile no que a firma pon en valor as súas raíces. O desfile foi protagonizado por 60 modelos non profesionais de todas as idades e tallas e incluiu a actuación dun grupo de pandereteiras e distintas performances. A colección presentada móvese arredor do concepto do gender fluid ou a non identificación de xénero, incluindo algunhas prendas que poden ser utilizadas tanto por homes como por mulleres.
DESFILE COREOGRAFIADO POR: Maruxa Salas
FOTOGRAFÍA: Adolfo Domínguez
VIDEOREALIZADOR: Adrián González

"LA PARTIDA" de Vero Cendonya
Colaterais - Corpo(a)terra - 2018
Vero Cendoya comparte o seu traballo con bailaríns seleccionados para traballar a súa peza LA PARTIDA durante o transcurso do Festival, pechando a programación de dita edición na cidade de Ourense.
5 bailaríns e 5 futbolistas
Un campo de fútbol
Un árbitro
Reunidos nunha peculiar partida con regras propias
Utilizaremos este diálogo para plantexarnos tamén interrogantes vitais.
Falaremos da vida a través do fútbol e a danza.
PREMIO MORITZ AO MELLOR ESPECTACULO DE FIRA DE TARREGA 2015.
PREMIO DE LA CRÏTICA DE BARCELONA na modalidade "Artes de rúa".




"TRICK OR TREAT"
2017
Este proxecto é outra forma de explorar as cuestións que xurden en “Do you understand anything? I try...” compartidas con Teresa Manjua, dando lugar a un diálogo caracterizado pola tensión entre dúas mulleres de pensamentos diferentes que debaten co obxectivo de chegar a unha conclusión ou acordo, pero ao mesmo tempo ambas se manteñen firmes a cada unha das súas ideas.
SINOPSE
“And so I often come home at night depressed by what we have done, what we are doing. It’s good, it means I’ve changed.”
COREOGRAFÍA E INTERPRETACIÓN: Alejandra Balboa, Teresa Manjua.
DURACIÓN: 20 minutos
MÚSICA: Loscil
XIRA:
·Devir Capa (Centro de Artes Performativas do Algarve) Portugal 2016
·Teatro Ibérico, Lisboa 2017
·Teatro Turim, Lisboa 2017
·Festival Entrelaçados, Algarve 2019




"LALI LALI"
Festival Abril en Danza - 2016
Alejandra Balboa e Samuel Gordillo crean esta pequena peza durante a estancia na Compañia Otradanza, para a mostra de novos talentos do Festival Abril en Danza 2016.
COREOGRAFÍA E INTERPRETACIÓN: Alejandra Balboa e Samuel Gordillo



