

50 MINUTOS DE SIMULACIÓN PROGRAMADA
Félix Fernández| 2018
Dirección, dramaturxia, coreografía, música, guión e interpretación
Félix Fernández
Voz en off
Jas Processor
Dirección coreográfica
Rut Balbís
Deseño de iluminación
Alfonso Castro
Vestiario
Rebeca Durán e Félix Fernández
Asesoramento escénico
Idoia Zabaleta
Colaboran
AZALA Espacio de Creación, Fundación Luis Seoane, Festival Escenas do Cambio e Teatro Rosalía de Castro
Sinopse
Este traballo nace dun xesto estereotipado, dunha construcción consensuada e dirixida de como deben ser as cousas; nace dunha norma elaborada a conciencia coa intención de manter a orde do establecido. A disidencia preséntase polo tanto como un mal síntoma, o “librepensar” de Orwell en ‘1984’ será un castigo que o individuo, ou máis ben o usuario desta realidade, non debe inflixirse. Todo está preparado para esta experiencia onde o fundamental non é saber escoller entre as diferentes opcións xa que todas conducen ao mesmo camiño, senon buscar o lugar axeitado para disfrutar dun entretemento integral.
“50 minutos de simulación programada” é unha experiencia escénica que se deselvolve baixo unha estética de videoxogo habitada por dous avatares que desenvolven accións vinculadas ás súas respectivas identidades cosplay. Bastará con este par de personaxes de identidades polarizadas e unha escenografía que nos remita a todos esos non lugares que habitamos diariamente para que o noso disco duro interno atope arquivos de memoria estrañamente similares ao que presenciemos en escea.
Estrea
21/04/2018
Teatro Rosalía - A Coruña
Duración
50 minutos