A 2 CENTÍMETROS DEL SUELO
Nabeirarrúa Danza | 2008
Dirección, coreografía e interpretación
Anuska Alonso e Mar López
Iluminación
Sergio García, Anuska Alonso e Mar López
Sinopse
Peza coreográfica para dúas bailarinas.
Ábrese o tempo na palma da miña man mentres o vento cubre o veo da pel en fuga.
Recórdame que chore...
todo ocorre a 2 centímetros do chan...
Esta coreografía de formato mediano nace coa idea de levar á escena a linguaxe común de dúas intérpretes que
traballan dentro do panorama da danza contemporánea actual.
Este traballo está basado en imaxes, movemento, tempo e espazo contado a través de historias individuais e conxuntas.
A 2 centímetros del suelo xurde da curiosidade destas dúas bailarinas, que deciden xuntarse para atopar un lugar común.
A experimentación, escoita, respecto e as vivencias emocionais e personais perfilan e definen o significado desta experiencia escénica.
Aquí non se conta unha historia, cóntanse moitas historias. Todas basadas nun xogo de dúas; a que abraza e a que se
deixa abrazar, a que empuxa e a que é empuxada, a que da e a que recibe. Fala de como, cara onde e cando se inclina
a balanza dun lado, de como manter o equilibrio, de querer e deixarse querer, do respecto mútuo e sobre todo de non deixarse caer.
Estrea
2008
Duración
55 min