

A COR DAS MAPOULAS
Catronometro| 2012
Dirección
Ángel Montero
Coreografía
Estefanía Gómez e Ángel Montero
Interpretación
Estefanía Gómez, Ángel Montero/David Edreira
Vestiario
Cía. Catronometro
Produción e distribución
Artestudio Xestión Cultural
Fotos
Monsalmón
Sinopse
¿Que se pode ver a través dunha xanela?
A cor das mapoulas é unha ollada á intimidade dunha parella. Surde de pequenos detalles no cotiá, que acaban sendo unha conversa corporal de descubrimento da xeografía do outro pola que discorren como por un río. Téntase levar ese diálogo á idea de que tanto o home posúe unha parte feminina como a muller unha masculina. As mapoulas, neste caso, enténdense como algo fráxil e íntimo e dan cor a unha peza chea de símbolos.
Soa a auga das túas mans nas miñas costas,
Mentres me pintas de seda,
Desperto eu en ti e ti en min,
Como frores salvaxes
Simples papeis que arrecenden,
Morangos desfacéndose na boca.
Estrea
2012
Vilasantar
Duración
50 minutos
