top of page

 ALMA (NON É HIPPIE) 

 Colectivo Verticalia | 2019 

 

Dirección e dramaturxia

Rolando San Martín

Interpretación e creación

Marta Alonso, Raquel Oitavén, Paula Quintas, Mercè Solé

Produción e distribución

Belém Brandido · Pistacatro Productora de Soños S.L.

Iluminación

Fidel Vázquez

Vestiario

Fany Bello

Músicas

Nefasto (Judas Diz)

Axudantía de dirección

María José Santiago Garde

Voz en off

Fernanda Orazzi

Fotografía

Rubén Vilanova

Vídeo

Tamboura Films

Deseño gráfico

Manu Lago

Coa axuda á produción

Agadic · Xunta de Galicia

Colaboran

Pistacatro, Concello de Negreira, Circonove, L’Estruch Centre de Creació

Sinopse

ALMA (non é hippie), é o primeiro espectáculo de Danza Vertical de Galicia, unha producción do Colectivo Verticalia, ou o que é o mesmo, das compañias Duelirium e Traspediante, co apoio de Pistacatro.

ALMA (non é hippie) investiga nas diferentes percepcións sobre unha mesma realidade, os diferentes puntos de vista e, polo tanto, sobre o aparente e as apariencias desde a linguaxe da danza contemporánea, a verticalidade e o movemento.

Catro mulleres

crean na escena unha linguaxe segreda na que resgardar o

misterioso silenzo

que anima ó corazón da existencia.

Unha linguaxe que resiste no que aínda non se pode nomear.

A simple imaxe dunha

corda de danza vertical

que colga do ceo dun teatro evoca aquelo que

nos sostén entre a vida e a morte.

ALMA pregúntase

que é o que pode ser danzado hoxe na escena e

como interromper as danzas que emerxen do

virtuosismo especializado

e da produción

SELFIE e ESPECTACULAR

Estrea

01/03/2019

TRC Danza, Teatro Rosalía - A Coruña

Duración

50  minutos

Alma_baja_0056bn.jpg
bottom of page