E-MIGRANTAS
KIRENIA MARTÍNEZ E CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO | 2020
Dirección e coreografía
Kirenia Martínez Acosta
En escena
David Loira e Esther Latorre
Texto
Branca Novoneyra
Produción
Lucila Campo
Servizo técnico
Equipo Creativo RTA. Miguel Vilar Ortigueira
Espazo sonoro
Babykatze e Bruno Baw
Deseño gráfico
Niko Alvarellos
Fotografía
Bruno Baw
Vestiario
Jandro Villa
Traducións
Lía Perez Domínguez
Sinopse
Emigrantas é unha peza de danza sobre a última diáspora galega con perspectiva de xénero.
Dúas intérpretes en escena vivencian unha experiencia central na súa xeración: a emigración e o retorno da derradeira diáspora, distintas das anteriores pero mantendo o pasado na memoria. A última vaga migratoria, debedora da crise, é multipolar e multicausal. Na pasada década 47.105 persoas entre os 20 e os 39 anos abandonaron Galicia na procura contextos laborais máis favorables. A nosa pirámide de poboación empeorou, e o problema demográfico está no centro da axenda política galega. Hai unha necesidade urxente de modificar o discurso clásico das migracións, válido para entender os éxodos transoceánicos de principios do século XX pero non os presentes.
Un grupo de mulleres creamos Emigrantas, unha peza de danza para bailar datos, estatísticas, vivencias, intuicións e posibilidades; pezas coas que tecer un ensaio bailado sobre a actual diáspora galega en compaña de outras comunidades de emigrantas, dentro e fóra da Galicia interterritorial. O motor destas Emigrantas é pensar a actual vaga migratoria presente en complicidade con comunidades galegas no exterior e outras emigrantas en Galicia, para así construírmos unha peza que nos leve xuntas diante do presente fenómeno migratorio.
Estrea
2020
Duración
XX minutos