top of page

 GAIA 

 Cía. Entremáns | 2018 

Dirección, creación, coreografía e interpretación

Kirenia Martínez e Estefanía Gómez

Espazo sonoro

Carla López e Iago Mouriño

Atrezzo e decoración

Equipo Creativo RTA (Xacobo) e Compañía Entremans

Deseño de iluminación

Equipo Creativo RTA (Diego Vilar)

Audiovisual

Equipo Creativo RTA

Arte Imaxe

Gosia Trebacz

Vestiario

Santos Salgado e Compañía Entremans

Produción e distribución

Artestudio Xestión Cultural

Sinopse

Entremans presenta unha peza didáctica para público familiar “Gaia”. Realiza, así, o seu segundo espectáculo infantil, logo da boa acollida que tivo a nivel nacional o seu anterior espectáculo “Xoga”. “Gaia” reflexiona sobre un tema de suma importancia hoxe en día: o noso planeta. Un proxecto no que a idea fundamental é achegar coñecementos desde unha óptica visual e imaxinativa.

O noso fogar, a Terra, está cambiando rapidamente… Debemos atopar unha forma de vida máis respetuosa para protexer o planeta e o noso medio ambiente.

Gaia perténcenos a todas e todos. Podemos debuxar xuntas e xuntos, un mañá feliz e un mundo a toda cor.

Gaia é un percorrido singular no que a pintura, a música, o audiovisual e a danza nos axudan a descubrir e comprender a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e os seus tesouros naturais. Unha historia en movemento para descubrir as características da terra, os mares e a atmósfera así como a interacción entre as persoas e o medio ambiente.

Estrea

03/03/2018 

Auditorio de Mera - Concello de Oleiros

Duración

50 min

www.ciaentremans.com

bottom of page