

MERCEDES MÁIS EU
Janet Novas| 2018
Dirección, creación e interpretación
Mercedes Peón e Janet Novás
Acompañamento artístico
Ricardo Santana e Pablo Esbert
Composición musical, concepto e letras
Mercedes Peón
Coreografía
Janet Novás e Victoria P. Miranda
Iluminación
Cristina Bolívar
Son
Ezequiel Orol
Vestiario
Uxía Vaello
Produción
Adriana Reyes
Coprodución
Comunidad de Madrid
Co apoio de
Centro Danza Canal e Sede Losdedae
Sinopse
“Mercedes máis eu” é produto da colaboración entre a artista Janet Novás e a compositora Mercedes Peón.
Tras varios encontros de improvisación en contextos e espazos moi heteroxéneos, onde as dúas artistas exploran as relacións particulares que existen e que se establecen entre “a súa danza e a súa música”, xurde a necesidade e o desexo de profundizar, entender, organizar ou escribir e dedicarle un tempo de “estudo” a dita relación.
De este xeito, entre instrumentos, recordos, cancións e bailes comenzan a aflorar concetos da bagaxe de ambas e en diferentes estados de latencia. Algúns delles de gran contido socio-político: identidade, pertenza, sonoridade, creación colectiva, xénero… e subxacen na maior parte dos materiais, desde os “obxectos” musicais aos dancísticos ou biográficos. Outros, concetos somáticos ou experiencias cuánticas: trance, enerxía, vibración… e aparecen nos pulsos, os ritmos e os tonos, nas voces e nas dinámicas, nos silenzos, nas formas.
O traballo é ademáis unha proposta sutil sobre o común sensible, e unha aposta polo facer/saber artístico.
Estrea
05/10/2018
Centro Danza Canal - Madrid
Duración
60 minutos