MÉTODO NEGRO
Javier Martín | 2018
Coreografía, dirección e interpretación
Javier Martín
Axudante de dirección
Sabela Mendoza
Iluminación
Octavio Mas
Vestiario e traballo plástico
Marieta González e Manolo Cremallera
Fotografía
Carlos Bernar
Residencias de creación
EIRA e Polo das Gaivotas, Lisboa; L’animal a l’esquena, Girona; Residencias
Paraíso, Colectivo rpm/Teatro Colón, A Coruña.
Traballos de investigación
UNAM-Universidad Nacional Autónoma de México; TotemDance House,
Kiev; ETSAC-Escola Técnica Superior de Arquitectura A Coruña; Cámara
anecoica Facultade Enxeñería de Telecomunicacións, Universidade Vigo;
CDG-Centro Dramático Galego; Fundación Luis Seoane, CIFP Anxel Casal -
Monte Alto, Teatro Rosalía de Castro, Facultade Ciencias da Saúde e
INEF-Instituto Educación Física, A Coruña.
Sinopse
A peza circunscríbese ao ámbito das artes do movemento, atopando o
seu fulcro nalgún lugar entre a performance, a instalación, a acción
contemporánea, a danza e os procesos de investigación. Unha coreografía
de encontro con “o outro”, nun pulso co real e o seu dobre. Un exercicio
que pretende declinar a ausencia: "A outra metade que non se ve, como
o baleiro ao que volve o resplandor." Ao bailala non se desenvolve a
presenza da forma, pois o movemento acontece a través da desaparición
da forma. Declínase a ausencia. Un devir imperceptible.
Consta dun proceso de creación continuo, que sostén a convocatoria de
grupos de traballo temporais. A intención é a de situar nos corpos os
contidos que conforman as texturas de movemento de ‘método negro’.
Desenvolvendo unha deriva investigadora en comunidade, nun corpo
ampliado ou ácrata. Trátase de permitir a inferencia e a crítica, enriquecendo
a coreografía na coemerxencia do fenómeno, e compartir coñecemento.
Unha práctica en código aberto.
Estrea
12/05/2018
Teatro Rosalía de A Coruña
Duración
xx minutos