top of page


MIÑAXOIA
Declaro Danza / Clara Ferrao Diz | 2018
Dirección
Maximiliano Sanford Monte
Interpretación e coreografía
Clara Ferrão Diz
Son
Jambinai e Roger Goula
Foto
Jorge Santomé
Residencia artística
nunArt, Barcelona
Sinopse
Un corpo, unha vibración, un estralo, unha fractura.
Non me destrúe.
Esta situación non se ten en conta, e eu, miñaxoia,
confío en que isto vai mudar.
Ás veces todo parece invisible, so está o corpo,
so a fatiga, so o movemento inagotable
que me permite recoñecer onde me atopo.
A casualidade organizada abre un espazo en branco no que poder entrar.
O corpo se difumina, atopa unha nova vibración.
O corpo se transforma, haberá unha solución que descoñezo.
Estrea
16/03/2018
FestivalNunLocal de Vigo
Duración
13 minutos

bottom of page