

OPP
Lara Munín| 2019
Creación, coreografía e interpretación
Lara Munín
Iluminación
Lucía García Paz
Arranxo sonoro
Liam Wheeler
Residencia de creación
University of Stavanger
Sinopse
Que ocorrería se o único que se pode mover con absoluta consciencia e control
son as pernas? A través da investigación desta idea, desenvolvín unha calidade
persoal de movemento. Opp fala da dualidade, da existencia de antónimos, da
búsqueda do acordo para o avance; pero tamén de moitas outras cousas porque
o seu diálogo interno invita a audiencia a crear a súa propia historia e facer as
súas propias conexións.
Estrea
23/05/2019 · University of Stavanger- Noruega
Espectáculo finalista no Certame de Creación do Festival SóLODOS En Danza Ourense 2019
Duración
10 minutos
