


1ª PARTY
Cristina Montero | 2009
Creación e dirección
Cristina Montero
Interpretación
Cristina Montero e Mateo González
Iluminación
David Deive
Sinopse
É posible ver a través das paredes, é posible que non haxa paredes, é posible espiar a viaxe dun corpo humaán, é posible viaxar con el, é posible observar a existencia cunha copa de viño na man, é posible existir, é posible deixarse levar aos rincóns reservados de... "1ª PARTY".
Pretende ser unha peza viva, onde conflúan intérprete, espectador e espazo.
No espazo escénico estarán situados todos os elementos que conforman esta performance (intérprete, espectador, escenografía, control de luz, son…) así o espectador será consciente de todo o que sucede durante a mesma.
A porta de entrada e o espacz que recorre o espectador para acceder á caixa escénica tamén son o espazo escénico.
Como recibir ao espectador ao entrar, como acompañarle ata a caixa escénica, que ocorre nese primeiro contacto, que sensacións percibimos, que sinto e qué sentimos.
O espectador deixa de estar fronte á peza coreográfica para situarse nela, no mesmo lugar do intérprete, integrando ao espectador no espazo escénico e facendoo partícipe del mentres toma unha copa de viño, escoita música e viaxa comigo durante a performance.
Estrea
08/10/2009
Duración
45 minutos
www.manulago.com/cristinamontero