

PENTECOSTÉS
Pálido Domingo | 2020
Creación, coreografía e intepretación
Belén Bouzas, Diego M. Buceta e Fran Martínez
Iluminación
Laura Iturralde
Fotografía
Miguel Vidal e L. Iturralde
Deseño gráfico
Alba Troiteiro
Apoios
Teatro Ensalle, Colectivo RPM e Paso a 2.
Agradecementos
AveLina Pérez e A Artística Vigo
Sinopse
Ao chegar o día de Pentecostés, estaban todos reunidos nun mesmo lugar. De repente veu do ceo un estrondo como o dun refacho impetuoso, que encheu toda a casa na que se atopaban. Aparecéronselles unhas linguas como de lume que se repartiron e se posaron sobre cada un deles; quedaron todos cheos do Espírito Santo e puxéronse a falar noutras linguas, segundo o Espírito lles concedía expresarse.”
Feitos dos Apóstolos, 2, 1-5
O que acontece en Pentecostés parece maxia. Pero non o é. Non é un milagre. Non é unha revelación. Non é nada importante que pasará á Historia. En realidade non é nada sumamente relevante. É fráxil. E é forte. É un fío de luz a través dun muro de pedra.
Pentecostés é querer ver. É un acto de fe.
Estrea
Teatro Ensalle de Vigo
23/01/2020
Duración
50 minutos
