top of page

 PIES DE PLOMO 

 Declaro danza / Clara Ferrao Diz | 2016 

Coreografía, dirección e interpretación

Clara Ferrao Diz

Son

Buddy Guy e Henri Schwartz

Iluminación

David Arredondo

Foto

Beatriz Molinar e Humberto Romero

Sinopse

Pies de plomo nace da idea de que algúns soños viaxan ata o noso inconsciente

para que os traballemos alí, onde non nos distraen nin nos angustian tanto.

O noso cerebro non para de pensar, predecir e imaxinar, utiliza a mayor parte da

nosa enerxía nisto. Mentras durmimos amaina un pouco a súa actividade. Quizais

nos soños todo sexa un pouco máis real. A locura dos soños, mantennos ocupados

nunha  sorte de “tonterías”. Unha noite de soños é unha noite aproveitada. “Todos

soñan o que son aínda que ningún o entende”.

Solemos durmir de noite porque o noso ciclo axústase con Zeitgeber, o sincronizador

do tempo externo. Pero se o meu ciclo circadiano do  soño é de máis de 24 horas,

dame a sensación de que estou a perder días de vida. Os meus movementos perden

rapidez pola noite. Preciso luz para continuar ou engancharme á noite para soñar.

O ritmo do meu corpo, o ritmo do meu soño, adáptanse ao ambiente para crear a

música da miña viaxe.

A observación da miña gata Gypsy tivo unha gran influencia na calidade de movemento

de Pies de plomo. Unha gatiña ou unha pantera, ou simplemente unha muller que

fíxose miles de cuestións sobre a súa formar de crear. Todas esas cuestións, medos,

indecisións que apareceron durante a creación da peza, son ahora, parte indispensable

dela.

Pies de plomo foi para min como cando buscas algo ao que lle tes moito aprecio, canto

máis o buscas máis desesperas, pero non aparece. E no momento no que deixas de

buscalo e asumes a súa ausencia e aprecias todo o valor que posee, aparece como

por arte de maxia.

Estrea

07/07/2016

Festival Corpo a Terra - Ourense

Duración

25-30  minutos

Premios

Premio de residencia en nunArt do “Certamen Coreográfico Distrito de Tetuán”
Premio beca Enxebre do “Certame de artes do corpo”

www.claraferraodiz.com

bottom of page