SEMPREVIVA. A RAÍZ DA CASA
Estela Lloves / Arraiana | 2018
Coreografía e interpretación
Estela Lloves
Música
Hada Benedito
Colaboración
Mónica Valenciano e Geni Iglesias
Iluminación
Antón Ferreiro e Thomas Toutain
Apoios
Residencias Paraíso · Colectivo RPM e Agadic · Xunta de Galicia
Residencias
Teatro Ensalle de Vigo e Zeller Kultur, Radolfzell, Alemanha
Sinopse
Ser lingua, ó so, insecto, tren, banco, neno, árbore, area do parque, nai, e as veces
ser ti ou ela, coma un eco a acompañar calqueira movimento.
A morte continúa negociando sen pausa na pregunta ¿e non é millor competir e
patria e gloria e tatatá?
No marco dunha porta sen casa a nena-vello chama, resposta o golpe, cae o debuxo
ó chan e deixa no seu lugar un burato escuro onde non se ve o final. Ela frega como
tódolos días o mesmo compromiso, aspira unha renuncia e outras dúas máis que
atopa embaixo da cama, cósese uns ollos nas prantas dos pes e entra no burato da
parede.
Dentro, detrás do son, un silencio vivo reúneo todo. A nai bótase area sobre a cabeza
e ri. Na língoa o neno xoga a ser nai. Os traballadores séntanse nunha mañán de
árbore e un tren de insectos pasa o lado dun banco de ósos.
Estrea
16/11/2018 · Catropezas · Teatro Ensalle · Vigo
Duración
50 minutos
https://arraiana.wordpress.com/