SÓLODOS, PEQUENOS RELATOS BAILADOS
Sólodos | 2010
Coreografía e dirección
Maruxa Salas e Erick Jiménez
Intérpretes
Amparo Novas, Manuel Garzón, Maruxa Salas e Erick Jiménez.
Vestiario
Ruth D. Pereira, Paloma Alajarín e Sólodos
Iluminación
Santiago Mañasco
Axuda en produción
Agadic - Xunta de Galicia
Colaboran
Concello de Ferrol e Concello de Oleiros
Sinopse
"SÓLODOS, pequenos relatos bailados" é un espectáculo formado por diferentes pezas de danza independentes entre si bailadas, cada una delas, por só dúas persoas:
"Caracola", "Nozomi", "Mareia" e "Vigilia en ausencia".
"Caracola" fala de perderse e atoparse, soñar, espertar, chorar... e rir moito, vivir xuntos....Onde nos queremos e esperamos para, por fin, atoparnos. Onde te saúdo... ti dis Ola, en min e en ti.... Caracola.
"Nozomi" fala do valor do tempo e do instante das imaxes da nosa mente. Nun momento pode ocorrer todo ou non pasar nada.
"Mareia" son camiños que discorren parellos e se cruzan, onde se frena e non se para, onde o consegues todo e non tes nada, onde flotas e te afundes, onde uns quedan e outros continúan. Onde estará ese mar que move a miña vida.
"Vigilia en ausencia" fabla sobre a alma, de como só se fai individual durante o breve tempo no que logramos contela... pero en canto tende a desbordarse.... vólvese colectiva... desde o meu corpo ao teu corpo, como un só que se confunde en todo e en cada un de nós.
Estrea
13/05/2010
Teatro Jofre de Ferrol
Duración
60 minutos