SOMA
Javier Martín| 2019
Coreógrafo e investigador
Javier Martín
Escultor ambientalista e performer
Joaquín Lara
Iluminación
Octavio Más
Ambiente sonoro
Artur M. Puga
Produción e acompañamento
Sabela Mendoza
Residencia de creación
L'animal a l'esquena
Coproduce
Centro Dramático Galego
Sinopse
“O barro mira ao barro e comprende que é belo”
SOMA é unha experimentación escénica e matérica que se concentra no estudo do corpo e do movemento como sombra e fragmento. A medida e o peso son expresión da súa potencia e desaparición, a súa necesaria fenda e abismo. Un sair do rito.
Instalación e performance que bailarín, escultor, iluminador e músico comparten, transitando por diferentes estados físicos, conceptos estéticos e calidades de movemento, relacionándose e difuminando roles mediante esculturas, materiais, ambentes, obxectos e coreografías que se van despregando nun espazo conformado ante o espectador.
Un corpo ou a apariencia dun corpo, que se mostra durante algún tempo, e que está conformado polas materias que o atravesan e orbitan. Un baleiro que en realidade non se deixa encher, sen nome ou forma última ou verdadeira.
Non tratamos cunha metáfora pola que o obxecto presente se convirte en alusión a un obxecto ausente, senon máis ben no movemento cara un grao cero de significación, cara un baleiro de significante.
O estado de conciencia alterado transporta a unhas zonas que nno se escolleron: saberes inferiores, locais, discontinuos, non centralizados, diferenciais, incapaces de unanimidade.
Nunca se deixa ver de todo pero tampouco se retracta sobre si mesmo de todo. Faise coherente a partir dos seus residuos, seus ruidos e seus erros.
Estrea
24/05/2019
Salón Teatro - Santiago de Compostela
Duración
xx minutos