TRES
Pisando Ovos | 2009
Creación e interpretación
Andrea Quintana, Janet Novás e Rut Balbis
Dirección
Rut Balbis
Axuda de Dirección
Afonso Castro
Deseño espazo escénico e iluminación
Afonso Castro
Espazo sonoro
Soyuz
Deseño e comunicación
miramemira
Axuda a produción
Axuda continuidade de Agadic - Xunta de Galicia
Sinopse
TRES ensínanos os encontros e desencontros de tres mulleres condicionadas pola
súa sexualidade e as súas experiencias persoais sobre ela. Encontros que se definen
entre o individual e o común, a fantasía e as obsesións, o mimetismo dos corpos, e
todo isto nun mundo novo no que se poden redescubrir, a elas mesmas. A peza é
unha exploración das posibilidades e límites do corpo a través da combinación de
diferentes disciplinas coas que tratan de encontrar novos e persoais rexistros que
van desde os movementos máis radicais aos máis minimalistas.
Estrea
31/10/2009
Pazo da Cultura de Narón
Duración
60 minutos