top of page

 XOGANDO COA ARTE 

 Experimentadanza | 2011 

Dirección e coreografía

Carlota Pérez

Intérpretación e coreografía

Nuria Sotelo, Danae de la Vega e Pablo Reboleiro

Música

Manuel Cebral

Escenografía

Branda

Sinopse

Partindo do protagonismo das cores primarias na peza, amarela, azul e vermella,

o espectador viaxará a través da arte contemporánea, dende o nacemento da

fotografía, moi importante nas artes plásticas, créase a necesidade de crear unha

nova arte, outra maneira de mostrar a realidade.

A posta en escena baséase na obra de Kandinsky, na revolución industrial co

nacemento da arte futurista e no mundo dos soños como tema para a arte

surrealista. A máquina, a velocidade, o subconsciente e a arte abstracta. As formas

pasan por cambios que as fan transformarse.
Tres personaxes, o azul, frío e calculador pero cun lado moi pícaro, o vermello, lume,

inquieto alegre e o amarelo, calmado, o sol e a calidez, encóntranse nun espazo

baleiro e transfórmano.

 

Estrea

27/04/2011

1ª Mostra de Danza de Galicia - Santiago de Compostela

Duración

45 minutos

bottom of page