manulago 

Espectáculo escénico | 60 min e versión de rúa | 10 min

DIEGO M. BUCETA

AS VACACIÓNS MÁIS LONGAS

  • Facebook
as_vacacións_máis_longas_VII.jpg

Diego M. Buceta é un novo creador galego pertencente

á compañía Prácido Domingo - finalistas no Certame Coreográfico de Madrid 2018. 

As vacacións máis longas é o seu primeiro espectáculo individual, gañador do premio á mellor interpretación do Certame Metro Cadrado do FIOT de Carballo.

Igual que Allen soñaba con Rockland e cunha longa viaxe ata a porta da súa casa de campo na noite de Occidente, eu soño con chegar despois dunha longa travesía ata esa paisaxe rochosa onde xa non sona máis que o zoar do vento. Un saco de osos que vaga arrastrado como un cadáver vivo e que busca elevarse e desaparecer, misturándose co polvo e as estrelas. E así deixar de ser algo. E así ser felizmente parte de todo.

-Estou contigo en Rockland

nos meus  soños ti camiñas chorreando dunha viaxe por mar
sobre a autopista que atravesa América anegado en
bágoas ata a porta da miña casa de campo na noite

de Occidente–

Creación e interpetación

Diego M. Buceta


Iluminación

Laura Iturralde


Fotografía

Laura Iturralde


Rexistro vídeo

Laura Iturralde/ Eva Viera


Agradecementos

Residencias Paraíso/ Colectivo RPM, Asociación Pedra do Lagarto, Olga Cameselle, Clara Pampyn, Candela Capitán.

as_vacacións_máis_longas_VI.JPG

As vacacións máis longas estréase dentro do programa Vigo en Bruto do Teatro Ensalle en xuño de 2017.

Premio á mellor interpretación no Certame Metro Cadrado do FIOT de Carballo 2018. 

As vacacións máis longas
As vacacións máis longas
As vacacións máis longas
As vacacións máis longas
1/2