FUNBOA ESCÉNICA é unha compañía galega de artes escénicas fundada no 2011 por Cristina Balboa e Paulina Funes.
Actualmente está dirixida por Cristina Balboa.
FUNBOA ESCÉNICA sae á superficie con identidade e forza guerrilleira e quere reivindicar a creación contemporánea en Galicia.
Espectáculos creados por Funboa Escénica:
O que segue, Funboa Escénica, 2019
Masa Madre + Sal Marina, Funboa Escénica + Proxecto Pank, 2018
Sushi gratis, Funboa Escénica, 2015
Segue buscando, Funboa Escénica, 2013
Oiseau Rebelle, Funboa Escénica, 2011
Compañía Asociada: Proxecto PANK
Cristina Balboa
Cambados, 1979
Artista escénica e video-realizadora galega que ten como motor a presentación escénica do absurdo cotián na procura dun diálogo xeracional onde a palabra, a acción, o audiovisual e a música se misturan na súa proposta artística.
Na súa traxectoria teatral destacan as colaboracións como intérprete na Cía D2 nos espectáculos Queremos bailar e Las verdades duelen.
Desde 2011 dirixe a Cía. Funboa Escénica, fundada no 2011 por Paulina Funes e Cristina Balboa. A identidade da Cía para polos procesos vitais que viven as intérpretes que colaboran en cada produción. Son pezas de creación colectiva onde se desenvolven diferentes procesos de escritura e composición escénica, sempre desde a identidade e a súa propia teatralidade. Os traballos escénicas da Cía. son Oiseau rebelle con Paulina Funes (2011), Segue buscando con Estevo Azañón (2013), Sushi gratis con Lúa Gándara (2015) e a micropeza Anoter Espectacle.
En 2018 crea Masa Madre + Sal Marina co seu compañeiro Manuel Parra. Xuntos investigan en Proxecto Pank, un viveiro de propostas artísticas multidisciplinares.
No 2015-16 realiza o Máster en Práctica Escénica e Cultura Visual da UCLM presentando, en xuño no Teatro Pradillo, a peza Fin de Máster, Lo que mejor hacemos sobre el escenario, un proxecto tutorizado por Los Torreznos e acompañado polas compañeiras e artistas convidadas no proceso formativo.
Escribiu e interpretou os monólogos No me cuentes tu vida e Biolóxica.
Desde 2002 realiza unha formación continua en estudos teatrais como o Posgrao de Arte Dramática da USC e participa en workshops de artistas como
Idoia Zabaleta, Paz Rojo, Aitana Cordero, Pere Faura, Chefa Alonso, Amalia Rodríguez, Vera Mantero, Ana Buitrago, Amparo Novas, Bárbara Bañuelos, Quico Cadaval, Baltasar Patiño, Olga Melnik ou Cándido Pazó.
Como videorealizadora desde 2010 a 2018 está vinculada ao festival de danza e artes do corpo Corpo(a)terra de Ourense realizando os vídeos promocionais e o arquivo fílmico do festival. Realiza traballos de vídeo para varias Cías. Escénicas como Traspediante, Nómada, AIREnoAR, Tejido conectivo e o festival de danza ALFAIA.
