CLARA FERRÃO DIZ

Clara Ferrão comenza os seus estudos de danza con 4 anos no “Conservatorio de danza Hannelore”, en Vigo. Formándose polo método LOGSE e pola Royal Academy of Dancing. Continúa estudando en Madrid, na escola de Víctor Ullate, momento no que comenza a coñecer a danza contemporánea na escola “Carmen Senra”, da man de Ángela Rodríguez, Chevi Muraday, Nuria Jiménez, Joaquín López e Nicolás Rambaud. Posteriormente ingresa no “Real Conservatorio Profesional de Danza Mariemma”, Madrid, onde se gradúa en ensinanzas profesionais, na especialidade de danza contemporánea, á vez que obtén a diplomatura de “Nutrición Humana e Dietética” na Universidad Autónoma de Madrid.

No 2015 realiza o master en "Danza e Artes do Movemento" na Universidad Católica de Murcia.

Realiza unha formación complementaria asistindo a festivais, tales como “Deltebre Dansa”, “corpo(a)terra”, “Cercanias contact festival”, “Asturias contact festival”, “danzad, danzad, malditos” e realizando distintos cursos e obradoiros con profesionais e compañías da talla de DV8, Ben Furi, Shlomi Bitton, Koka Efthimiadou, Sharon Fridman, Les Slovacks, Laura Aris, Jorge Jauregui, Alain Gruttadauria, Tory Trotter, David Zambrano, Miquel de Jong, Ceren Oran, Lali Ayguade, Los innato, entre outros, traballando distintas técnicas de danza, teatro, improvisación e creación.

 

Con respecto á súa experiencia profesional como bailarina, cabe destacar a súa participación en:

- Eventos coa Fura dels Baus.

- Ciclo de concertos do Claustro Gótico da Catedral de Tui.

- Musical "Galicia Canibal", con coreografía de Mónica García e Janet Novás.

- "Silencio por favor" de Licenciada Sotelo.

- “Garage” da compañía de teatro Voadora.

 

Tamén destaca o seu papel como coreógrafa e bailarina en distintas creacións:

- "Piedra sobre el agua", co-creación de Declaro Danza, Cisma Danza e La incidente D-T.

- “Ensaio Amor”, traballo colectivo xunto a Nuria Sotelo e Macarena Montesinos.

- “Dentro de tres días…”, creación colectiva, idea de Shaddai teatro.

- "Al vacío", peza con versión solo e versión trío, dirixida por Clara Ferrão Diz.

- “Pies de plomo”, peza coa que viaxa a México. Con ela obtén unha bolsa de residencia en nunArt (Barcelona) e unha bolsa de formación, no Certamen Coreográfico Distrito de Tetuán e no Certame de Artes do Corpo respectivamente.

 

Os seus últimos traballos son “Miñaxoia”, premiada no Certame de Artes do Corpo de Ourense 2019, no certamen de La Espiral Contemporánea de Santander 2019 (premio a la mejor intérprete) e no DZM ’18 (premio a la mejor intérprete) e “Desexo”, pezas creadas baixo a dirección de Maximiliano Sanford Monte.

 

Actualmente compaxina a súa traxectoria profesional como bailarina coa da ensinanza, impartindo clases regulares, obradoiros e jams en diferentes centros e festivais, presidindo a Asociación de Danza de Gondomar, organizando eventos como “Gondomar en contacto” e “Movemonos” e continuando a súa propia formación.

  • Facebook
  • Instagram
  • Facebook
  • Instagram Galicia Danza