CLARA FERRÃO DIZ

  • Facebook
  • Instagram

MIÑAXOIA   |   DESEXO   |   DENTRO DE TRES DÍAS   |  SPOTLIGHT   |  SOLODADOS

“Un corpo, unha vibración, un croque, huna fractura. Non me destrúe. Esta situación non se ten en conta, e eu, miñaxoia, confío en que isto vai cambiar. Ás veces todo parece invisible, só está o corpo, só o cansanzo, só o movemento inagotable que me permite recoñecer onde me atopo. A casualidade organizada abre un espazo en branco no que poder entrar. O corpo difumínase, atopa unha nova vibración. O corpo transfórmase, haberá unha solución que descoñezo.”

 

Dirección: Maximiliano Sanford Monte

Interpretación: Clara Ferrão Diz

Música: Jambinai e Roger Goula

Duración: 13 minutos

 

Premio mellor intérprete en La Espiral Contemporánea de Santander 2019

Premio do público no Certame de Artes do Corpo Doutras, Ourense 2019

Premio mellor intérprete en DZM Diálogos Contemporáneos 2019. Cáceres

 

Estrea no Festival Nun Local, Vigo. 16/03/2018

Espectáculo de rúa e espazos non convencionais

Fotos: Vz.ferz, Paula Cermeño, Elías Aguirre, Manu Lago · Sólodos e Jorge Santomé. 

 

1/5

MIÑAXOIA   |   DESEXO   |   DENTRO DE TRES DÍAS   |  SPOTLIGHT   SOLODADOS

A idea de “Desexo” xurdiu despois dunha serie de encontros de investigación entre o coreógrafo Maximiliano Sanford e a bailarina Clara Ferrão Diz. O proxecto está dirixido por Maximiliano Sanford contando con Clara Ferrão Diz e Carlos Beluga que ademáis de intérprete se encargará do espazo sonoro da peza. 

O punto de partida da obra é o mesmo espazo sonoro onde se desenvolve a mesma; onde se experimentará a fusión atípica de instrumentos como o caixón flamenco e a guitarra eléctrica. Ademáis será utilizado un loop para misturar e grabar as diferentes pistas. A instalación musical será desenvolvida en escena de maneira que a música esté sempre viva e  aberta a espazos de improvisación e interacción co público. En “Desexo” o músico Carlos Beluga a parte de realizar o espazo sonoro, interactuará bailando co resto dos intérpretes.  

Desexo ten a intención de poder explorar as relacións das personaxes a través dos impulsos e motivacións que xurden no  desexo por entrar no espazo do outro; asumindo os perigos que isto pode ocasionar.. Buscarase para iso unha danza visceral e orgánica. A fisicalidade e o risco estarán latentes. A interacción dos intérpretes no espazo sonoro logra que a música sexa unha personaxe máis dentro da obra. 

 

Dirección: Maximiliano Sanford Monte

Creación: Carlos Beluga, Clara Ferrão Diz e Maximiliano Sanford Monte

Interpretación: Clara Ferrão Diz

Música: Carlos Beluga

Duración: 25 minutos

 

Estrea no Festival Danzamínima, 17/04/2018

Espectáculo escénico, rúa e espazos non convencionais

Fotos: Carlota Mosquera - Corpoaterra, Prado Andrada Rincón e Chusmi10

 

1/4

MIÑAXOIA   |   DESEXO   |   DENTRO DE TRES DÍAS    |  SPOTLIGHT  SOLODADOS

 

Un grupo de artistas chega a un lugar. Pasea por el. Imprégnase da súa esencia, dos seus habitantes, dos seus sons e silencios, das súas texturas, cores, olores e sabores. Escoita o (in)visible... co sexto sentido: a intuición.

En 3 días desenvolverán un proceso creativo que compartirán, ao final, en forma de espectáculo. Misturando danza, teatro, música, artes visuais e performance, Shaddai Teatro mostraranos as súas visións e sensacións a partir dunha  linguaxe poética e sensible que abrirá a porta a espazos oníricos de expresión ilimitada.

Un espectáculo inédito, froito da creación, do pracer de compartir e da experimentación.

Dentro de tres días é un espectáculo site specific. Etapas:

Inmersión: Iníciase cun estudo de campo previo, investigando a historia, as particularidades do lugar e dos seus habitantes. Unha vez in situ, recóllense ideas, anécdotas, sensacións, sentires, imaxes, obxectos, emocións e moito más.

Creación:  Con toda a información recopilada durante a investigación, vaise concretando e definindo o espectáculo final durante os tres días que dura o proxecto.

Exhibición:  Entrégase a lugar e aos seus habitantes o froito da investigación en dúas performances e un espectáculo.

Concepción: Carla Federico

Dirección e coordinación : Carla Federico e Anika Burton

Creación e interpretación: Carla Federico, Anika Burton, Mireia Branera, Clara Ferrao, Alicia Ocadiz, Sonia Esplugas, Noelia Herrera, Francesco Segrè e Davide La Porta

Produción: Shaddai Teatro

Duración: 3 días

 

 

Estrea no Festival S'Illo de Sa Talaia, 20/10/2019

Espectáculo site specific

Fotos: Santanyi

1/5
 

MIÑAXOIA   |   DESEXO   |  DENTRO DE TRES DÍAS  |   SPOTLIGHT  SOLODADOS

 

“A adrenalina ante o descoñecido esperta os impulsos de alerta máis primitivos en nós”

Dirección: Leodán Rodríguez e Isabel Sánchez

Interpretación: Clara Ferrao, Ignacio García, Leodán Rodríguez e Isabel Sánchez

Deseño de iluminación e son: David Rodríguez

Colaboran: Auditorio de Galicia · Teatro Principal · Concello de Santiago, Teatro Principal de A Estrada.

Produción: Can Cun Quinqué

 

 

Estrea no Teatro Pricipal de Santiago de Compostela, 05/03/2020

Duración: 50 minutos

 
Captura de pantalla 2020-11-05 a las 16.

MIÑAXOIA   |   DESEXO   |  DENTRO DE TRES DÍAS  |   SPOTLIGHT  | SOLODADOS

 

“El espacio llama a la acción y antes de la acción la imaginación trabaja. [...] Todo es máquina y la vida íntima huye por todas partes. [...] Vamos a la extrema soledad. [...] Duerme a pesar de la tempestad, duerme en la tempestad. [...]  La lámpara vela, por lo tanto vigila; cuanto más estrecho es el hilo de luz, más penetrante es la vigilancia. [...] Un universo fuera del universo. [...]” 

LA POÉTICA DEL ESPACIO, Gastón Bachelatd 

Coreografía e interpretación: Leodán Rodríguez y Clara Ferrão.

Espacio sonoro: LKina.

Duración: 13 minutos

Estreno: Festival Herdanza, Santiago de Compostela. Sept-2020

 
  • Facebook
  • Instagram Galicia Danza