top of page

BIO

Intérprete, docente e creadora de danza contemporánea.

 

Formada en danza clásica na Escola Hannelore e Deborah, Vigo. Titulada en danza contemporánea polo Real Conservatorio Profesional de Danza Mariemma, Madrid. Master en «Danza e Artes do Movemento» na UCAMurcia. Asiste como docente, bailarina e continuando a súa formación en festivales en España, Portugal, Inglaterra, Francia, Alemania, Canadá, Polonia e México.

 

Como bailarina, cabe destacar a súa participación na peza “Garage” da compañía de teatro Voadora; e no musical “Galicia Canibal” coreografiado por Mónica García e Janet Novás. Tamén traballa de forma colectiva como coreógrafa e bailarina colaborando con distintas compañías, como Maximiliano Sanford, Nuria Sotelo, Can Cun Quinqué…

 

Foi premiada polas pezas "Pies de plomo", "Ensaio amor", "Miñaxoia" e "Lara Hierro”.

 

Actualmente traballa coa compañía Al-badulaque de Cáceres, na súa produción “Serrana”; co Colectivo Vacaburra de Santiago de Compostela, na súa nova peza “Festina Lente”; e co Colectivo Glovo de Lugo, na súa última peza “Tabú”.

 

Compaxina a súa traxectoria profesional como bailarina coa ensinanza; impartindo clases regulares, obradoiros e jams en diferentes centros e festivais; e organizando eventos como “Gondomar en Contacto”. 

BIO GAL

VICISITUDE 

VICISITUDE  |   MIÑAXOIA   |   PIES DE PLOMO

“[...] Os conceptos non están na natureza, non poden ser atopados observando os fenómenos, senon que son ideas que elaboramos para interpretar o que observamos. O ser humano tende pola súa propia natureza a interpretar os sucesos do mundo tratando de entendelos. Para isto, a súa mente xenera ideas que organiza como modelos e teorías que lle permiten explicar os feitos observados. Cando unha persoa observa un feito da realidade, a través dos seus sentidos capta datos, que constitúen información. Logo incorpora esta información a un modelo dunha situación que, de xeito máis ou menos consciente, constrúe. Os modelos son construccións mentais que se refiren a unha parte da realidade, que se aílla (imaxinariamente) do resto, para entendela. [...]

“MECÁNICA BÁSICA”

 

Dirección e interpretación: Clara Ferrao Diz

Acompañamento: Alicia Ocadiz Arriaga, Juan Luis León Llamas

Mirada externa: Nuria Sotelo Rodríguez

Asistencia á coreografía: Leodán Rodríguez Casas

Fotografía: Rubén Vilanova Romero e Rosa González

Música: Silvana Estrada, Ben Frost
Vídeo: Anxo Rial Novoa

Residencias: JSKD - Republic of Slovenia Public Fund for Cultural Activities e A Casa Vella

Agradecementos: Gabriel Vázquez Fernández, Eva Comesaña Sanromán

ESTREA 27/10/2021 Vilaboa - Programa “Mulleres en acción Violencia Zero” da Deputación de Pontevedra.

Espectáculo de rúa e espazos non convencionais. 

Duración: 20 minutos

MIÑAXOIA 

VICISITUDE  |   MIÑAXOIA   |   PIES DE PLOMO

Un corpo, unha vibración, un croque, una fractura. Non me destrúe. Esta situación non se ten en conta, e eu, miñaxoia, confío en que isto vai cambiar. Ás veces todo parece invisible, só está o corpo, só o cansanzo, só o movemento inagotable que me permite recoñecer onde me atopo. A casualidade organizada abre un espazo en branco no que poder entrar. O corpo difumínase, atopa unha nova vibración. O corpo transfórmase, haberá unha solución que descoñezo.”

Dirección: Maximiliano Sanford Monte

Interpretación: Clara Ferrão Diz

Música: Jambinai e Roger Goula

Residencia artística: NunArt Barcelona

Duración: 13 minutos

 

Premio mellor intérprete en La Espiral Contemporánea de Santander 2019

Premio do público no Certame de Artes do Corpo Doutras, Ourense 2019

Premio mellor intérprete en DZM Diálogos Contemporáneos 2019. Cáceres

 

Estrea no Festival Nun Local, Vigo. 16/03/2018

Espectáculo de rúa e espazos non convencionais

Fotos: Vz.ferz, Paula Cermeño, Elías Aguirre Manu Lago · Sólodos e Jorge Santomé.  

PIES DE PLOMO 

VICISITUDE  |   MIÑAXOIA   |   PIES DE PLOMO

 

Pies de plomo nace da idea de que algúns soños viaxan ata o noso inconsciente para que os traballemos alí, onde non nos distraen nin nos angustian tanto.

O noso cerebro non para de pensar, predecir e imaxinar, utiliza a maior parte da nosa enerxía niso. Mentres durmimos amaina un pouco a súa actividade. Quizáis nos soños todo sexa un pouco máis real. A loucura dos soños, mantennos ocupados nunha sorte de “tonterías”. Unha noite de soños é unha noite aproveitada. “Todos soñan o que son, ainda que ningún o entende”.

O ritmo do meu corpo, o ritmo do meu soño, adáptanse ao ambiente para crear a música da miña viaxe.

Dirección e interpretación: Clara Ferrao Diz

Mirada externa: Begoña Cuquejo, Gabriel Vázquez, Nuria Sotelo

Música: Buddy Guy, Henrik Schwarz

Duración: 25 minutos

Estrea o 07 de xullo de 2016.

Espectáculo de sala e espazos non convencionais

Premios:

··Residencia artística Nunart, Certamen Coreográfico Distrito de Tetuán.

 ·Bolsa Enxebre 2017, Certame de Artes do Corpo de Ourense.

 TABÚ

 TABÚFESTINA LENTE  | SERRANA | LARA HIERRO | SOLODADOS | SPOTLIGHT | DENTRO DE TRES DÍAS | DESEXO | ENSAIO AMOR | PIEDRA SOBRE EL AGUA

COLECTIVO GLOVO

 

Semellar sen imitar, figurar sen esquecer. 

Escenario carnavalescos de vida, peso do parecer e implacable xuízo de aspectos. 

Que muller eras ti? 

Que muller es ti? 

A apariencia coma posibilidade de futuro.

Agosto de 2020. Atopámonos no centro de Allariz, concretamente no cruce entre as rúas da Cruz e Fonteiriña. Ante nós, unha rechamante fotografía, datada de 1925 e con autoría de Manuel Riesco. Nela un conxunto de mulleres, vestidas coas camisolas de dous equipos de fútbol: o Arnoya de Allariz e o Celanova, con actitude desafiante e seria, e recollidos estilo belle époque, baixo o título “Equipo de fútbol feminino no vello campo de Vilanova”. 

Aparentemente, estabamos ante o primeiro rexistro fotográfico dun equipo pioneiro de futfem, unha imaxe en branco e negro, pertencente ao Aquivo Municipal de Allariz, onde estas 12 mulleres aparecen ataviadas co uniforme futbolístico posando en formación. 

A imaxe parécenos dunha inmensa beleza, e cústanos deixar de pensar na historia que debe de haber por detrás: 

Quen eran estas mulleres? 

Que foi delas? 

Que sucedeu nese partido? 

Atopámonos ante unhas pioneiras? 

Fronte a estes interrogantes, comezamos -sen retorno- un mergullo nas curiosidades destas travesías de vida feminizadas e aínda por descubrir. 

 

Creación: Esther Latorre e Hugo Pereira

Interpretación: Esther Latorre, Hugo Pereira, Clara Ferrão, Sybila Gutiérrez, Fran Martínez

Deseño de iluminación: Pedro Fresneda

Técnico en Xira: Jaume Blai

Espazo Sonoro: BABYKATZE

Vídeo: Dani Rodríguez

Apoio en xestión: Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea

Fotografía: Carlota Mosquera

Deseño gráfico e web: Manu Lago

Deseño de imaxe: Paulina Funes

Vestiario: Colaboración con Adolfo Domínguez

Coproduce: Centro Coreográfico Galego · Xacobeo 21-22 · Xunta de Galicia

Co apoio de: Teatro Ensalle, INAEM · Ministerio de Cultura · Gobierno de España, Concello Lugo, Museo MIHL, Concello Allariz, A Casa Vella, Galicia Danza Contemporánea, Escuela Palimoco

ESTREA 03/12/2021 MILH de Lugo

Duración: 60 minutos

 FESTINA LENTE 

 TABÚFESTINA LENTE  | SERRANA | LARA HIERRO | SOLODADOS | SPOTLIGHT | DENTRO DE TRES DÍAS | DESEXO | ENSAIO AMOR | PIEDRA SOBRE EL AGUA

COLECTIVO VACABURRA

 

 

Festina lente é un avance constante que busca unha reflexión do momento presente nun mundo no que a pel-pantalla coloniza as nosas relacións.

 

Preguntámonos se é posible o encontro, mirar iso que non se ve, entrar e parar. Preguntámonos cómo deixar xurdir novas realidades, fóra dos remuíños do capitalismo que devora, cada vez máis, a corporalidade.

 

Interpretación: Clara Ferrao Diz + Andrea Quintana

Coreografía: Andrea Quintana

Dirección e dramaturxia: Gena Baamonde + Andrea Quintana

Iluminación: Violeta Martínez Rivera

Espazo sonoro: Andrea Quintana + Menina Arroutada

Arranxos sonoros: Les Silva

Video e Fotografía: Iria Casal

Imaxe gráfica: Paulina Funes

Vestiario: Gena Baamonde

Produción Executiva: Atenea Fernández

Coprodución co Centro Coreográfico Galego, en residencia na Sala Ártika de Vigo e acompañamento de Galicia Danza Contemporánea.

 

Estrea: 03/09/2021 Sala Ártika - Vigo 

SERRANA GAL

 SERRANA 

 TABÚFESTINA LENTE  | SERRANA | LARA HIERRO | SOLODADOS | SPOTLIGHT | DENTRO DE TRES DÍAS | DESEXO | ENSAIO AMOR | PIEDRA SOBRE EL AGUA

CÍA ALBADULAKE

 

 

«UN POBO DIFICILMENTE ESQUECE AOS SEUS DEUSES»

“Esta reflexión de Caro Baroja, é o punto de partida dun traballo apaixoante sobre os nosos ancestros, a nosa  identidade, a nosa tradición…
SERRANA é un diálogo profundo sobre a transformación, e as súas consecuencias.”

Cía Albadulake comprometida coa creación das artes escénicas, coa cultura no ámbito rural, coa necesidade de visualizar á muller en escena, comprometida tanto coa tradición como coa vangarda artística presenta unha proposta escénica basada no Mito da Vera, SERRANA.

 

Dramaturxia e Dirección: Ángeles Vázquez Ortega

Codirección: Juan Antonio Moreno Fernández

Música: Milo ke Mandarini

Video proxeccións: Victor Vaquero González de Quevedo

Video documental: Israel J. Espino

Artistas: Clara Ferrao Diz, Alvaro Murillo, Stefano Fabris

Dirección coreográfica: Ángeles Vázquez

Luces: Juan Antonio Moreno

Escenografía: Juan Antonio Moreno

Deseño de vestiario: Ángeles Vázquez

Fotografía: Jorge Armestar

Trainning actoral: Charo Feria

Produción : Entrearte Al-Badulaque S.L.

Co-produción: Consejería de Cultura, Turismo y Deportes , Junta de Extremadura

Distribución: Asunción Blanco

Estrea: 2020

Duración: 70 minutos

LARA GAL

 LARA HIERRO 

 TABÚFESTINA LENTE  | SERRANA | LARA HIERRO | SOLODADOS | SPOTLIGHT | DENTRO DE TRES DÍAS | DESEXO | ENSAIO AMOR | PIEDRA SOBRE EL AGUA

CONSTANCE HURLÉ

Soliloquio dialogado:

Lara escribe no seu asento. Entra un raio de sol pola fiestra. Hai unha sombra na xanela. Escóitase o son do mar.

Lara reflexiona coa súa sombra. Ela está confinada mentres a Sombra méxese libre no vento das Rías Baixas.

Lara deixa a pluma e sobe á cadeira. Berra. Dun salto, sobe á mesa e comeza a facer equilibrios. Continúa así o seu discurso. Na xanela, baila a Sombra. Fala da crise social, da crise do sector cultural, da crise económica. Fala da inestabilidade, fala da esperanza, do amor á terra.

Lara salta e comeza a arrastrarse polo chan.

Lara escoita o mar, pero non pode velo.

A Sombra observa o mar dende lonxe. A sombra sae da xanela. Lara e a súa sombra atópanse. 

.

 

Dirección e dramaturxia: Constance Hurlé

Espazo sonoro : Rui Grenha

Intérpretes: Clara Ferrao, Constance Hurlé

Colaboración musical: Martiño Malleiro Díaz

Asesora escénica: María Llanderas

Corrector lingüístico: Alexandre Román

Imaxe audiovisual: Juan Blanco

Agradecementos: Café Literario Plantas de Interior

 

Estrea: 17/10/2020 FIOT - Carballo

Premio a Mellor peza no FIOT de Carballo 

SOLODADOS 

 TABÚFESTINA LENTE  | SERRANA | LARA HIERRO | SOLODADOS | SPOTLIGHT | DENTRO DE TRES DÍAS | DESEXO | ENSAIO AMOR | PIEDRA SOBRE EL AGUA

LEODÁN RODRÍGUEZ

 

“O espazo chama á acción e antes da acción a imaxinación traballa. [...] Todo é máquina e a vida íntima fuxe por todas partes. [...] Imos á extrema soedade. [...] Durme a pesar da tempestade, durme na tempestade. [...]  A lámpada vela, polo tanto vixila; canto máis estreito é o fío de luz, máis penetrante é a vixilancia. [...] Un universo fóra do universo. [...]” 

LA POÉTICA DEL ESPACIO, Gastón Bachelatd 

Coreografía e interpretación: Leodán Rodríguez e Clara Ferrão.

Espazo sonoro: LKina.

Duración: 13 minutos

Estrea: Festival Herdanza, Santiago de Compostela. Set-2020

SOLODADO GAL

SPOTLIGHT

 TABÚFESTINA LENTE  | SERRANA | LARA HIERRO | SOLODADOS | SPOTLIGHT | DENTRO DE TRES DÍAS | DESEXO | ENSAIO AMOR | PIEDRA SOBRE EL AGUA

CAN CUN QUINQUÉ

“A adrenalina ante o descoñecido desperta os impulsos de alerta máis primitivos en nós”

Dirección: Leodán Rodríguez e Isabel Sánchez

Interpretación: Clara Ferrao, Ignacio García, Leodán Rodríguez e Isabel Sánchez

Deseño de iluminación e son: David Rodríguez

Colaboran: Auditorio de Galicia · Teatro Principal · Concello de Santiago, Teatro Principal de A Estrada.

Produción: Can Cun Quinqué

 

Estrea non Teatro Principal de Santiago de Compostela, 05/03/2020

Duración: 50 minutos

DENTRO DE TRES DÍAS

 TABÚFESTINA LENTE  | SERRANA | LARA HIERRO | SOLODADOS | SPOTLIGHT | DENTRO DE TRES DÍAS | DESEXO | ENSAIO AMOR | PIEDRA SOBRE EL AGUA

 

SHADDAI TEATRO

 

Un grupo de artistas chega a un lugar. Pasea por el. Imprégnase da súa esencia, dos seus habitantes, dos seus sons e silencios, das súas texturas, cores, olores e sabores. Escoita o (in)visible... co sexto sentido: a intuición.

En 3 días desenvolverán un proceso creativo que compartirán, ao final, en forma de espectáculo. Misturando danza, teatro, música, artes visuais e performance, Shaddai Teatro nos mostrará as súas visións e sensacións a partir dunha linguaxe poétice e sensible que abrirá a porta a espazos oníricos de expresión ilimitada.

Un espectáculo inédito, froito da creación, do pracer de compartir e da experimentación.

Dentro de tres días é un espectáculo site specific. Etapas:

Inmersión: Iníciase cun estudo de campo previo, investigando a historia, as particularidades do lugar e dos seus habitantes. Unha vez in situ, recóllense ideas, anécdotas, sensacións, sentires, imaxes, obxectos, emocións e moito máis.

Creación:  Con toda a información recopilada durante a investigación, vaise concretando e definindo o espectáculo final durante os tres días que dura o proxecto.

Exhibición:  Entrégase ao lugar e aos seus habitantes o froito da investigación en dúas performances e un espectáculo

Concepción: Carla Federico

Dirección e coordinación : Carla Federico e Anika Burton

Creación e interpretación: Carla Federico, Anika Burton, Mireia Branera, Clara Ferrao, Alicia Ocadiz, Sonia Esplugas, Noelia Herrera, Francesco Segrè e Davide La Porta

Produción: Shaddai Teatro

Fotos: Santanyi

Duración: 3 días

Estrea no Festival S'Illo de Sa Talaia, 20/10/2019

Espectáculo site specific

DENTRO 3 DIAS GAL

DESEXO  

 TABÚFESTINA LENTE  | SERRANA | LARA HIERRO | SOLODADOS | SPOTLIGHT | DENTRO DE TRES DÍAS | DESEXO | ENSAIO AMOR | PIEDRA SOBRE EL AGUA

MAXIMILIANO SANFORD

 

A idea de “Desexo” xurdiu despois dunha serie de encontros de investigación entre o coreógrafo Maximiliano Sanford e a bailarina Clara Ferrão Diz. O proxecto é dirixido por Maximiliano Sanford contando con Clara Ferrão Diz e Carlos Beluga que ademáis de intérprete encárgase do espazo sonoro da peza. 

O punto de partida da obra é o mesmo espazo sonoro onde se desenvolve a mesma; onde se experimentará a fusión atípica de instrumentos como o caixón flamenco e a guitarra eléctrica. Ademáis será utilizado un loop para misturar e grabar as diferentes pistas. A instalación musical será desenvolvida en escena de xeito que a música estea sempre viva e a escena aberta a espazos de improvisación e interacción co público. En “Desexo” o músico Carlos Beluga a parte de realizar o espazo sonoro, interactuará bailando co resto dos intérpretes.  

Desexo ten a intención de poder explorar as relacións dos personaxes a través dos impulsos e motivacións que xurden no deseso por entrar no espazo do outro; asumindo os perigos que isto pode ocasionar. Buscarase para iso unha danza visceral e orgánica. A fisicalidade e o risco estarán latentes. A interacción dos intérpretes no espazo sonoro logra que a música sexa un personaxe máis dentro da obra. 

Dirección: Maximiliano Sanford Monte

Creación: Carlos Beluga, Clara Ferrão Diz e Maximiliano Sanford Monte

Interpretación: Clara Ferrão Diz

Música: Carlos Beluga

Duración: 25 minutos

 

 

Estrea no Festival Danzamínima, 17/04/2018

Espectáculo escénico, rúa e espazos non convencionais

Fotos: Carlota Mosquera - Corpoaterra, Prado Andrada Rincón e Chusmi10

DESEXO GAL

ENSAIO AMOR  

 TABÚFESTINA LENTE  | SERRANA | LARA HIERRO | SOLODADOS | SPOTLIGHT | DENTRO DE TRES DÍAS | DESEXO | ENSAIO AMOR | PIEDRA SOBRE EL AGUA

​CÍA FURIA SOTELO

 

Ensaio amor é unha peza que, a través da música, a danza e o texto aborda o universo feminino.

Unha cellista, dúas bailarinas e unha bebé en escena, reflexionan cos seus corpos, coa súa música e palabras sobre sí mesmas como mulleres, artistas, nais e amantes.

Ensaio amor non fala sobre o amor, é un acto de amor.

Ensaio amor no fala sobre a resistencia, é un acto de resistencia.

Ensaio amor no fala sobre a maternidade, leva implícita unha realidade.

Dirección: Nuria Sotelo
Creación: Macarena Montesinos, Clara Ferrao, Nuria Sotelo
Coreografía: Clara Ferrao, Nuria Sotelo
Música: Macarena Montesinos
Deseño de iluminación: Baltasar Patiño
Intérpretes: Lena Vilanova, Nuria Sotelo, Clara Ferrao, Macarena Montesinos
Mirada externa: Idoia Zabaleta
Fotografía: Rubén Vilanova
Vídeo: Inma Vilanova
Coproducen: Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción Escenas do Cambio e Festival Alt
Colaboran: Azala, Asociación de Danza de Gondomar, Casa Colorida

 

Duración: 55 minutos

 

Estrea no Festival Escenas do Cambio, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela en febreiro 2016.

Espectáculo de sala

ENSAIO AMOR GAL

PIEDRA SOBRE EL AGUA 

 TABÚFESTINA LENTE  | SERRANA | LARA HIERRO | SOLODADOS | SPOTLIGHT | DENTRO DE TRES DÍAS | DESEXO | ENSAIO AMOR | PIEDRA SOBRE EL AGUA

LA INCIDENTE DT · DECLARO DANZA · CISMA DANZA

 

Peza de danza-teatro que mostra momentos nos que unha se atopa implicada nunha situación na que non tomará partido. A propia situación faina cómplice.

A presencia desta na situación vai gañando peso.

Florece o estado de culpa, que pesa, e debe ser cargado como un material fráxil, que non se pode caer e sempre ten que estar agarrado.

Exponemos a unha integrante máis, buscado no público. Ela ausente do que pasa no trasfondo, sinte o estado da duda e a incomodidade. Este estado nace de ser culpable de non tomar partido, sentíndose desta forma, cada vez máis implicado. Pero tamén sinte curiosidade polo que se esconde, o estado de culpa que os integrantes elaboran na súa trama.

Está implicado nunha situación allea e ao non reaccionar nela, amósanos un estado de culpa tamén nos demáis.

 

Dirección, coreografía e interpretación: Leodán Rodríguez Casas, Clara Ferrão Diz e Isabel Sánchez.

Iluminación: Fidel Vázquez

Produción: La Incidente D.T:, Declaro Danza e Cisma Danza

Duración: 50 minutos

 

Estrea no Teatro Ensalle de Vigo, 04/07/2014

Espectáculo de sala

PEDRA SOBRE GAL

O mundo do orgánico visto desde unha perspectiva de enerxía.

A muller salvaxe en busca da auto-conciencia. 

ENTRE DOUS MUNDOS

Ir y volver

continuamente

entre dos mundos

la razón y la ilusión

complementarias

no es necesario demostrar nada

sin forzar

sin obligar

sin consumirse

fluir como la luz del sol cuando amanece

fundirse con la mar al llegar allí

que siguen las corrientes de aire y es inútil

luchar contra la tormenta” 

MANIFESTO

Ha llegado el momento de retomarnos

de sabernos una

Estamos aquí para no volver atrás

porque somos parte del ciclo

Nos llaman locas

y nos dicen que es mentira

A los que nos tienen miedo

compadecemos

porque no son conscientes

de lo sagrado de nuestro cuerpo

Intentarán agredirlo y someterlo

pero no lo conseguirán

porque nuestra fuerza es la de la naturaleza

Fuerza de amor

pero también de tormentas

de tormentas y terremotos

de terremotos y mares

De fuego y sangre

de tierra y aire

de agua y vida

de eso estamos

hechas las mujeres” 

Autora: Anubis Muñoz Orta

Interpretación: Clara Ferrao Diz e Anubis Muñoz Orta

Paisaxe sonora: Clara Ferrao Diz

 

ESTREA: 14/11/2021 Nigrán 

OUTROS PROX GAL
PRAETE GAL
KENDA GAL

Hai un paxaro no aire

e un animal que se arrastra sen levantar a cabeza

e logo apareces ti

suxeitándote a un corpo que respira.

 

Dirección: vz.ferz

Interpretación: Clara Ferrao Diz

Voz en off: Josefa Comesaña

Montaxe: Ariadna Jackpoler

Son: Hache Valencia

 

Estrea: 28/09/2021 - 29 Quinzena de Dança de Almada 

Os líquenes medran en pedras, árbores e terra espìda, así como en lápidas sepulcrais, ósos resecos e incluso nalgúns insectos e persoas. A súa capacidade de adaptación permítelles sobrevivir a condicións extremas entrando nun estado latente.

 

Por tiempo anduve a la esquina del río

Cargué contra dioses y habité en los resquicios de la piedra

Aguardando.

 

Videocreación: vz.ferz

Interpretación: Clara Ferrao Diz

Texto: Melina Azabache

 

2º premio Xuventude Crea 2017 

LIKEN GAL
CLASES GAL

Traballo físico

Observar e explorar o corpo, a súa estrutura e o seu movemento, facéndoo disponible desde a atención ao peso e a súa distribución.

Atopar os ritmos e calidades que mellor se adapten a cada corpo utilizando as inercias e optimizando a enerxía.

Cómo nos relacionamos co chan.

 

Improvisación

Traballaremos cun elemento externo para movernos unxs a outrxs sen necesidade de contacto físico directo, que ampliará a nosa capacidade de percepción do corpo e o grupo.

Observar cómo influimos en cómo se moven xs demáis e ells en nós. Movernos unxs a outrxs, deixarnos mover.

Cómo nos relacionamos cxs demáis participantes. 

bottom of page