AL VACÍO   |   PIEDRA SOBRE EL AGUA   |   ENSAIO AMOR   |   PIES DE PLOMO   |   GARAGE

CLARA FERRÃO DIZ

  • Facebook
  • Instagram

AL VACÍO  

“Lugar no que un crea un mundo inexistente a partir da súa propia inexistencia coa forza vital da existencia de todos os que queren existir.”

Ybris

Al vacío somos sós. Todos diferentes e iguais. Todo o que somos, nada máis.
Cheos de nós, sen nada que nos contamine.

Intentan converternos en bombas de vacío encerradas en vitrinas de cristal, producidas en serie. Esterilizadas, sen aire, contaminadas de nada.
Queren quitarnos o máis valioso que temos: o que xa somos.

 

Dirección, coreografía e interpretación: Clara Ferrão Diz

Duración: 40 minutos

 

Estrea no 2014

Espectáculo de sala

 

PIEDRA SOBRE EL AGUA

La Incidente D.T. · Leodán Rodríguez Casas,  Declaro danza · Clara Ferrão Diz e Cisma danza · Isabel Sánchez

Peza de danza-teatro que mostra momentos nos que un/ha se atopa implicado/a nunha situación na que non tamará partido. A propia situación faino/a cómplice.

A presencia de este/a na situación vai gañando peso.

Florece o estado de culpa, que pesa, e debe ser cargado coma un material fráxil, que non se pode caer e sempre ha de estar agarrado.

Expoñemos a un/a integrante máis, buscado no público. El/a ausente do que pasa no trasfondo, sente o estado da duda e a incomodidade. Este estado nace de ser culpable de non tomar partido, sentíndose desta forma, cada vez máis implicado. Pero tamén sinte curiosidade polo que se esconde, o estado de culpa que os integrantes elaboran na súa trama.

Está implicado nunha situación allea e ao non reaccionar nela, móstranos un estado de culpa tamén nos demáis.

 

Dirección, coreografía e interpretación: Leodán Rodríguez Casas, Clara Ferrão Diz e Isabel Sánchez.

Iluminación: Fidel Vázquez

Produción: La Incidente D.T:, Declaro Danza e Cisma Danza

Duración: 50 minutos

 

Estrea no Teatro Ensalle de Vigo, 04/07/2014

Espectáculo de sala

 

ENSAIO AMOR

Cía Licenciada Sotelo

 

Ensaio amor é unha peza que, a través da música, a danza e o texto aborda o universo feminino.

Unha cellista, dúas bailarinas e unha bebé en escena, reflexionan cos seus corpos, ca súa música e palabras sobre si mesmas como mulleres, artistas, nais e amantes.

Ensaio amor non fala sobre o amor, é un acto de amor.

Ensaio amor non fala sobre a resistencia, é un acto de resistencia.

Ensaio amor non fala sobre a maternidade, leva implícita unha realidade.

Dirección: Nuria Sotelo
Creación: Macarena Montesinos, Clara Ferrao, Nuria Sotelo
Coreografía: Clara Ferrao, Nuria Sotelo
Música: Macarena Montesinos
Deseño de iluminación: Baltasar Patiño
Intérpretes: Lena Vilanova, Nuria Sotelo, Clara Ferrao, Macarena Montesinos
Mirada externa: Idoia Zabaleta
Fotografía: Rubén Vilanova
Vídeo: Inma Vilanova
Coproducen: Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción Escenas do Cambio e Festival Alt
Colaboran: Azala, Asociación de Danza de Gondomar, Casa Colorida

Duración: 55 minutos

 

Estrea no Festival Escenas do Cambio, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela en febreiro 2016.

Espectáculo de sala

 

1/3

PIES DE PLOMO

Pies de plomo nace da idea de que algúns soños viaxan ata o noso inconsciente para que os traballemos alí, onde non nos distraen nin nos angustian tanto.

O noso cerebro non para de pensar, predecir e imaxinar, utiliza a maior parte da nosa enerxía niso. Mentres dormimos amaina un pouco a súa actividad.e Quizáis nos soños todo sexa un pouco máis real. A loucura dos soños, mantennos ocupados nunha sorte de “tonterías”. Unha noite de soños é unha noite aproveitada. “Todos soñan o que son, aínda que ningún o entende”.

O ritmo do meu corpo, o ritmo do meu soño, adáptanse ao ambente para crear a música da miña viaxe.

Creación, dirección, coreografía e interpretación: Clara Ferrão Diz
 

Duración: 25 minutos

 

Estrea o 07 de Xulio de 2016.

Espectáculo de sala e espazos non convencionais

Premios: ·Residencia artística Nunart, Certamen Coreográfico Distrito de Tetuán.

                ·Beca Enxebre 2017, Certame de Artes do Corpo de Ourense.

 

1/3
2.jpg

GARAGE

GARAGE é una investigación poética sobre o cambio de rol da figura da muller no marco socioeconómico europeo.

Un espectáculo participativo protagonizado por intérpretes non profesionais vencelladas á industria automobilística.

Pese a que se basea absolutamente na realidade e no noso presente máis inmediato, GARAGE non é una proposta documental, os seus cimentos entrelázanse coa fantasía. Malia que no seu trazado atoparemos figuras simbólicas ou postales oníricas, GARAGE tampouco é un espectáculo puramente teatral, senón que as súas pezas están ensambladas cos testemuños auténticos das participantes que, con retazos da súa vida, dan forma a un prototipo único ao que nós tamén nos subimos, aportando a nosa maquinaria teatral para crear o estudo dun gran accidente que podería ser fatal, pero tamén divertido.

Un choque frontal entre una compañía de teatro e una comunidade, entre habitantes de distintas xeracións, entre o xeral e o particular, desdibuxando os límites dese concepto sumamente abstracto que chamamos economía e a súa tradución aos pequenos espazos cheos de graxa e pezas de desgüace, onde se fragua a vida das persoas e a súa problemática na Europa contemporánea.

GARAGE é un encargo orixinal de MA scène nationale – Pays de Montbéliard

Dirección, escenografía e vestuario: Marta Pazos

Dramaturxia: Fernando Epelde

Música: Jose Díaz, Fernando Epelde e Hugo Torres

Coreografía: Guillermo Weickert

Iluminación: Nuno Meira

Dirección técnica: José Faro Coti

Axudante de dirección: Marcos Carballido Ptt

Asistencia de producción: Liza G. Suárez e Cramen Juanatey

Produtor: Jose Díaz

Foto: miramemira, Marjolaine Grenier, Manuel G. Vicente e Estrella Melero

Vídeo: miramemira

Un espectáculo coas traballadoras do motor: Aida Portela, Ana Casal, Belén Yáñez, Bibiana Lías, Chelo Campos, Mar Fiuza e Susana Falque.

Bailarina: Clara Ferrao

Actrices: Liza G. Suárez e Carmen Triñanes

Músicos:  Jose Díaz, Fernando Epelde e Hugo Torres

Nenxs: Matteo Artuñedo, Alba Esgueva, Aroa Ortigosa e Alejandro Serrano

Voz en off: Míquel Ínsua e María Morales

Representacións: Théâtre de Montbéliard, Atelier de mécanique du Lycèe Germaine Tillion, R/T Garage Colombier-Fontaine, Festival Escenas do Cambio, Auditorio Municipal de Vigo e Centro Dramático Nacional.

Voadora Cia. de Teatro

Data da estrea: 29 de setembro de 2017

 

1/4
  • Facebook
  • Instagram Galicia Danza