GAL

ESP

ENG

edición 2022

LOGO ISMO BRANCO.png

FESTIVAL

 

CULTURA IS·MO 

é unha asociación sen ánimo de lucro que realiza proxectos vinculados á danza e artes do movemento en Galicia en todas as súas vertentes.

festivalS·MO pertence á rede nacional ACieloAbierto

MISIÓN

Achegar a danza e artes do movemento á cidadanía e xenerar sinerxias entre xs profesionais das artes do movemento

VISIÓN

Ser referencia autonómica e nacional na xestión de proxectos de artes do movemento

OBXECTIVOS

·Ofrecer á cidadanía un espazo para o encontro, a recreación, a formación e o disfrute da cultura, a través de producións de danza contemporánea e artes do movemento.

·Contribuir á consolidación e valorización da diversidade cultural a través do coñecemento e comprensión das raíces, a historia e a creación da danza contemporánea, novo circo e performance.

·Fomentar proxectos de innovación, internacionalización, formación, creación e orientación na área da danza contemporánea con especial interese nas creadoras de Galicia.

·Xerar instancias educativas para os estudantes de danza: prácticas abertas e didáctica da danza contemporánea nas escolas.

·Fomentar o diálogo entre artistas e público.

·Atender adecuadamente a todxs xs participantes dos proxectos coa fin de chegar á excelencia profesional dunha entidade cultural.

·Promover a convivencia cidadá  e respecto.

 

SOMOS festivalIS·MO

Dirección artística 

Marta Alonso Tejada e Paula Quintas

Coordinación e produción 

Lilian Portela

Xestión

Manu Lago

Axudante de produción

Alejandra Balboa

Audiovisuais

Carlota Mosquera e Ángel Sousa

Dirección técnica

Jorge Ramos

Servizos técnicos

Prosoda - Gómez & Barazal