top of page

 DESEXO 

 Declaro Danza / Clara Ferrao Diz | 2018 

Dirección

Maximiliano Sanford Monte

Creación

Carlos Beluga, Clara Ferrão Diz e Maximiliano Sanford Monte

Interpretación

Clara Ferrão Diz

Música

Carlos Beluga

Sinopse

A idea de “Desexo” xurdiu despois dunha serie de encontros de investigación

entre o coreógrafo Maximiliano Sanford e a bailarina Clara Ferrão Diz.

O proxecto está dirixido por Maximiliano Sanford contando con Clara Ferrão Diz

e Carlos Beluga que ademáis de intérprete se encargará do espazo sonoro da peza. 

O punto de partida da obra é o mesmo espazo sonoro onde se desenvolve a

mesma; onde se experimentará a fusión atípica de instrumentos como o caixón

flamenco e a guitarra eléctrica. Ademáis será utilizado un loop para misturar e 

grabar as diferentes pistas. A instalación musical será desenvolvida en escena

de maneira que a música esté sempre viva e  aberta a espazos de improvisación

e interacción co público. En “Desexo” o músico Carlos Beluga a parte de realizar

o espazo sonoro, interactuará bailando co resto dos intérpretes.  

Desexo ten a intención de poder explorar as relacións das personaxes a través dos impulsos e motivacións que xurden no  desexo por entrar no espazo do outro; asumindo os perigos que isto pode ocasionar.. Buscarase para iso unha danza visceral e orgánica. A fisicalidade e o risco estarán latentes. A interacción dos intérpretes no espazo sonoro logra que a música sexa unha personaxe máis dentro da obra.

Estrea

Festival Danzamínima, 17/04/2018

Duración

25  minutos

www.claraferraodiz.com

MWFE3582.JPG
bottom of page