Masa Madre + Sal marina é o título dunha canción que xurdiu do encontro de Manuel Parra García e Cristina Balboa en Madrid. Logo vén o desexo de colaborar nun proxecto escénico onde os dous analizaban a súa carreira sobre ou detrás das táboas e a súa confrontación coas cousas que xa non lles gustan do sistema productivo teatral contemporáneo.
Un camiño cara o teatro postdrámatico que serve como reflexión inicial desta proposta para adentrarse notra cousa onde a relación entre eles e a música vai compoñendo un concerto, porque en realidade o que sempre quixemos era ser estrelas do pank.
Creación, textos e interpretación Cristina Balboa e Manuel Parra García
Dirección Cristina Balboa
Iluminación Afonso Castro
Espazo escénico Manuel Parra García
Web, deseño gráfico e foto Manu Lago
Coproducen Proxecto PANK e Funboa Escénica
Colaboran en produción Iberescena, Centro Sociocultural de Santa Marta de Santiago de Compostela - Galicia, Casa Inverso en Guadalajara – Jalisco - México, Teatro Ensalle de Vigo.



O xerme de Masa Madre + Sal Marina
Cristina Balboa e Manuel Parra García coinciden no Máster de Práctica Escénica e Cultura Visual en 2016 en Madrid.
Masa madre + sal marina é un proxecto de coprodución entre ambos, baixo o nome de Proxecto PANK, entre Galicia e México, unha creación realizada basándose na súa experiencia vital do teatro.
Neste proceso creativo a peza tomou formas diversas dende o seu inicio en Marzo do 2017 coa residencia na Sala Agustín Magán e a poterior mostra en Casa Inverso de Guadalajara e no Bullshit Fest de Cidade de México.
A transformación dos materiais obedece a unha búsqueda non acabada. Nun pequeno distanciamiento da nosa teatralidade en común, deixámonos levar polo deseso de dedicarnos á música como un escape ao que supón facer teatro.
sé muy bien lo que hice ayer
sé muy bien lo que hice ayer
sé muy bien lo que hice ayer
sé muy bien lo que hice ayer
"un día épico" Ángel Stanich
1. Dúas persoas dedicadas ó teatro encóntranse nun máster de Práctica Escénica en Madrid. Despois de charlar, coñecerse e consumar o amor na Rúa Canarias, toman a decisión de marchar a Santiago de Compostela a vivir xuntos e facer algo xuntos en escena. Esta peza compite coa idea do teatro como representación máxima da arte, o que nos leva ao abandono do Teatro.
2. A xénese do proxecto era a nosa coincidencia persoal con dúas Compostelas, a galega e a mexicana e o noso periplo cara o teatro postdramático. Con estas premisas conseguimos unha subvención de Iberescena para xenerar a dramaturxia de Masa Madre & Sal Marina. O segundo paso foi conseguir un espazo onde activar as nosas pretensións. Primeiro, chegamos á sala Agustín Magán, en Santiago de Compostela, onde o detonante era unha tenda de campaña como intención de ocupar o espazo e ter un lugar privado en escena. Presentamos o resultado desa residencia en Casa Inverso, Guadalajara e 6 meses máis tarde no Bullshit Fest de Ciudad de México. O bicho que empezara gustándonos foise transformando co proceso nalgo estraño estraño que non nos convencía. Tivemos a sorte de volver á Sala Agustín Magán en outubro e reformulamos a proposta nuhna acción acción presentada na Sala de Artes Regadeira de Adela en Compostela. Descartamos a tenda de campaña en escena, e chegamos á conclusión de que o teatro non nos gusta, que a nosa única intención era facer música, o que conlevaba un abandono contundente do teatro que temos aprendido. Masa Madre + Sal Marina é un concerto teatralizado con textos e inquietudes, compartindo referentes, coas nosas letras e música, producindo co que temos a man, sen sufrir; buscando un espazo de disfrute nun contexto onde a idea de espectáculo xa non nos convence pero sen renunciar ao placer de poñernos aí e realizar dalgunha forma os nosos soños.
Funcións de Masa Madre + Sal Marina
·26, 27 e 28 de xaneiro 2018, Teatro Ensalle de Vigo
·9 de novembro 2018, Bullshit Fest, Montevideo
·10 e 11 de xaneiro 2019, Salón Teatro, Santiago de Compostela
·1 de febreiro 2019 en CICUS, Universidad de Sevilla
Producen
Colaboran







