Bio
Daniel Rodríguez · O Porriño, Galicia · 1993
Graduado en Coreografía e Interpretación de Danza Contemporánea no Conservatorio Superior María de Ávila, Madrid, 2022. Completa formación co baile tradicional e danza contemporánea con Fernando Lázaro, Nuria Jiménez, Sara Sanz, J. Carlos Blanco, Mario González, Iker Karrera, Janet Novás, Ariadna Montfort, Sandra Marin, Pau Arán, Korsia, Fabián Thomé, Javier Monzón.
Ademáis do seu traballo escénico, é o coreógrafo e director artístico de videoclips e/ou espectáculos de Tanxugueiras, Mondra e Fillas de Cassandra.
Forma parte do equipo de creación e interpretación do Colectivo Banquet (Madrid). Como intérprete tamén baila nos espectáculos: 2023 O Salón dos Pasos Perdidos de Paula Quintas Cía, 2022 Seu Aquí de Colectivo Banquet, 2022 Dalet(da) de Daniel Abreu, 2021 Coreografías dun Demente de Fran Sieira, 2021 Demente de Fran Sieira, 2020 Rojo rojo verde de Colectivo Banquet, 2017 Man Ray de Taiat Dansa.
Como compañía:
Creou e interpretou no 2022 o seu primeiro solo de rúa, A raíz de, actualmente en xira.
Presentará o site specific De Querer xunto ás pandereteiras Xunquereteiras no Festival Danza no Claustro 2024.
Está creando Transeúnte en coprodución coa Xunta de Galicia a través do Centro Coreográfico Galego, Concello de Porriño e Amarelo Distribución Escénica e a colaboración do Centro Coreográfico Canal de Madrid e A Casa Vella de Amiadoso con estrea prevista no 2025.
Foi 1º Premio Sólodos en Danza Ourense 2022 con xira a Costa Rica e Premio Xove do público infantil con A raíz de.
Premio do Certame Coreográfico Compostela con Colectivo Banquet, 2022.
Escaleira de Plata a mellor espectáculo no Festival ARCA 2023 con A raíz de.
Creacións
A raíz de
Estrenado o 16 de xuño no certame SóLODOS En Danza Ourense 2022.
“O corpo, ese instrumento capaz de facer vivir hoxe as historias de onte e de permitir que nun único ser, onde habitan pasado e presente, dialoguen tradición e contemporaneidade para construir un discurso de futuro”.
A raíz de nace gracias á tradición galega, mediante o canto, a música e a danza tradicional e a procura do seu diálogo coa danza contemporánea. Nesta peza conséguese unha simbiose entre estas dúas linguaxes e os seus contextos, acercando o pasado ao presente, achegando a tradición ao público actual favorecendo un maior vínculo de este coa danza contemporánea e a danza de raíz.
Idea orixinal: Daniel Rodríguez
Coreografía e interpretación: Daniel Rodríguez
Edición de espazo sonoro: Raúl Ben
Espazo sonoro: Aida Tarrío, Crnds, Manuele Pardo, Baiuca
Deseño de vestiario: Abel Casal
Co apoio de: Colectivo Banquet
Agradecementos: Vicky P. Miranda, Artur Puga
Duración: 15 '
Público: +5 años
Peza: Sala e espazo non convencional/rúa
“O que nos ofreceu Daniel Rodríguez é o producto dun diálogo interior que non cesa. O mellor da programación do Festival Trayectos dada súa verdade, intelixencia, rigor e cariño .”
-Luis Alberto Sosa, revista Achtung
“Resalta Nati Buil que chamou a atención a actuación de Daniel Rodríguez quén fixo “unha creación moi de raíz, de folclore galego ao que lle deu un punto moi contemporáneo”
-MasEscena
“A identidade do noso pobo brilla fresca e seductora nesta alfaia da danza de Daniel Rodríguez”
-Afonso Becerra, Revista Tempos Novos
Foi 1º Premio Sólodos en Danza Ourense 2022 con xira a Costa Rica con A raíz de.
Premio Xove do público infantil Sólodos en Danza Ourense 2022 con A raíz de.
Escaleira de Plata a mellor espectáculo no Festival ARCA 2023 con A raíz de.
De querer
Encargo do Festival Danza no Claustro 2024 para ser presentado no programa os días 2, 3 e 4 de agosto do 2024.
É unha peza que se inspira, desde unha visión de presente, nas diversas mostras de amor e afecto entre individuos plasmadas no canto tradicional galego.
Dirección, coreografía e interpretación: Daniel Rodríguez
Música en directo: Xunquereteiras
Colabora na creación: Artur Puga
Duración: 10'
Todos os públicos
Transeúnte
Estrearase no primeiro trimestre do 2025.
Transeúnte nace da man da tradición galega, a través da mistura do canto, a música e o baile tradicional para dar un paso adiante na búsqueda dun diálogo interxeracional, achegando e integrando as linguaxes propias da xeración actual.
Neste espectáculo créase unha simbiose entre dúas linguaxes e os seus contextos, achegando o pasado ao presente e as tradicións á actualidade da nosa xuventude. En Transeúnte apostamos polo vínculo entre a danza contemporánea e a danza de raíz establecendo así un diálogo entre xeracións.
Transeúnte conta con 4 bailaríns e 2 músicos en directo, buscando romper a barreira entre intérpretes e banda de música facendo que todos participen do movemento en escena, microfonando todos os corpos para xerar o espazo sonoro, usando ferramentas actuais como o autotune e modificando ritmos tradicionais facendo que, por exemplo, A Rianxeira sone ao ritmo do funk brasileiro.
Dirección e coreografía: Daniel Rodríguez
Asistencia de dirección: Arnau Pérez
Bailan: Javier de la Asunción, Laura García, Andrea Pérez e Daniel Rodríguez
Música en escena: Aida Tarrío (Tanxugueiras) e Artur Puga (Mondra)
Voz: Aida Tarrío e intérpretes
Deseño iluminación: Mauricio Pérez
Vestiario: Sheila Pérez
Produción musical: Javier Carreño e Acacia Ojea
Co-producen: Daniel Rodríguez, Xunta de Galicia a través do Centro Coreográfico Galego, Concello de Porriño, AMARELO Distribución Escénica.
Colaboran: Concello de Tui, Centro Coreográfico Canal, A Casa Vella
Duración aprox: 60 min
Espazo: sala
Público: +12
Contacto
Contratación:
Lilian Portela · AMARELO Distribución Escénica
0034 610 106 808
Compañía:
Daniel Rodríguez