Igual que Allen soñaba con Rockland e cunha longa viaxe ata a porta da súa casa de campo na noite de Occidente, eu soño con chegar despois dunha longa travesía ata esa paisaxe rochosa onde xa non sona máis que o zoar do vento. Un saco de osos que vaga arrastrado como un cadáver vivo e que busca elevarse e desaparecer, misturándose co polvo e as estrelas. E así deixar de ser algo. E así ser felizmente parte de todo.
-Estou contigo en Rockland
nos meus soños ti camiñas chorreando dunha viaxe por mar
sobre a autopista que atravesa América anegado en
bágoas ata a porta da miña casa de campo na noite
de Occidente–

Creación e interpetación
Diego M. Buceta
Iluminación
Laura Iturralde
Fotografía
Laura Iturralde
Rexistro vídeo
Laura Iturralde/ Eva Viera
Agradecementos
Residencias Paraíso/ Colectivo RPM, Asociación Pedra do Lagarto, Olga Cameselle, Clara Pampyn, Candela Capitán.
As vacacións máis longas estréase dentro do programa Vigo en Bruto do Teatro Ensalle en xuño de 2017.
Premio á mellor interpretación no Certame Metro Cadrado do FIOT de Carballo 2018.



