manulago
Espectáculo de danza escénico ! Espectáculo de danza para espazos non convencionais | 60 min
DIRECTO 9
PISANDO OVOS

Compañía de danza contemporánea desde o 2004, residente do Teatro Ensalle de Vigo e dirixida por Rut Balbís.
A base do seu proxecto artístico é a búsqueda dunha linguaxe artística propia desde o traballo co cuerpo e o movemento a través da creación escénica contemporánea, reflexada no seu interese polo tratamiento das imaxes e dos tempos lentos.
Ata agora, son nove as creacións coas que conta a compañía e coas que participa de forma habitual nas Redes de teatros autonómicas e nacionais, así como nalgúns dos festivais nacionais ou internacionais máis destacados do panorama actual das artes do movemento.
Recibe o primeiro premio do XXI Certamen Coreográfico de Madrid no 2007 cun extracto da súa peza No Intre 1800.
PREMIO DA CRÍTICA DE GALICIA 2019:
Rut Balbís
É a nova proposta de Pisando Ovos dirixida cara as novas linguaxes escénicas, en clave de creación contemporánea, na que se amosa o concerto como forma de reunión da sociedade actual, e que convida a todas as asistentes a vibrar conxuntamente.
A creación da compañía regresa a un dos puntos máis importantes do seu traballo: a entrega total dos corpos desde as accións e movementos cotiás, nesta ocasión desde o rebote e o salto. Esta investigación coreográfica xira arredor da crudeza dos estados físicos extremos que transitan cara unha composición poética por medio dos restos de movemento e as esencias persoais que aparecen nos bailaríns.
O diálogo artista/masas, DJ/corpos, música/movemento, intégrase nun ambiente nocturno ou de concerto por medio da proposta lumínica e a forte aposta pola música en directo.
Para a creadora a estrea deste espectáculo forma parte da triloxía composta por Que volvan as flores (2014), Give it a spin (2015) e Directo 9 (2018), xirando arredor da música electrónica e o desgaste físico dos corpos en directo.
Os corpos que asisten ao concerto DIRECTO 9 viven unha experiencia grupal en directo. Como si dos corpos dunhas atletas se tratara, levan os corpos ó encontro cos límites físicos, co desgaste e o cansanzo extremo.
A reunión é guiada pola música do DJ que encamiña ás masas nun proceso ritual cara á mimese dun salto común, cara o descontrol e a entrega total.
Unha vez superado o clímax do concerto, o íntimo e persoal contacta cos corpos baleiros, facéndoos máis fráxiles, máis transparentes.
Na dureza da paisaxe que se deixa ver xermola a beleza da humanidade.
Directo 9 foi estreado os días 3, 4, 5 e 6 de outubro 2018 no Teatro Ensalle de Vigo e presentado no ciclo TRC Danza do Teatro Rosalía de A Coruña.
Foi seleccionado para o programa Platea 2019 e Cantabria Escena PRO.
Porque, dalgún xeito, este DIRECTO 9 amósanos que os impulsos rítmicos do directo, das artes vivas, a súa humidade, o seu contaxio vital, nunca poderán ser reemprazados polas artes virtuais nin polo mundo virtual.
Afonso Becerra - Revista Artezblai
O máis interesante de Directo 9 é, precisamente, que a compañía de Rut Balbís obriga ao público a observar dende un lugar que xa non se rexe exclusivamente polo entendemento e que debe ser enfrontado, tamén, dende a corporalidade. Trata de iniciar un diálogo no que a espera vai transformándose noutra cousa máis próxima á unha complicidade instintiva, a un escoitar e a sentir sen que se precise un concepto que envolva o acordo.
Manuel Xestoso - Erregueté
Creación e dirección
Rut Balbís
Axuda en dirección
Janet Novas
Creación e intepretación
Fran Martínez, Jas Processor, Raúl Pulido e Paula Quintas
Deseño de iluminación
Afonso Castro
Deseño espazo sonoro e deseño gráfico
Jas Processor
Produción e distribución
Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea
Vídeo Promocional
Miramemira
Colaboran
Teatro Ensalle de Vigo, Centro Dramático Galego,
Galicia Danza Contemporánea e NORMAL
Coproduce
Centro Coreográfico Galego - Agadic - Xunta de Galicia

