manulago

Espectáculo escénico de danza familiar | 50 min + obradoiro
LAS TRICOTOUSES
Compañía de danza contemporánea desde 2012 dirixida por Cristina Montero e Rut Balbís.
Emoticores é o seu terceiro espectáculo e primeiro escénico:
So unha escusa (2012), Momento Blooming (2014) e Emoticores (2017).
Emoticores foi seleccionado para o Catálogo Danza a Escena 2017, Galicia Mostra PRO 2017 e Circuito de Teatros Alternativos 2017.
EMOTICORES
EMOTICORES
É un espectáculo de danza onde as emocións toman forma a través das cores e o movemento que, conxugado co son e as proxeccións audiovisuais, ten como obxectivo axudar axs xóvenes e ao seu entorno familiar a identificar as emocións.
Emoticores é a nova proposta de danza de Cristina Montero & Rut Balbís, Las Tricotouses, para o público máis novo, concretamente para mozas e mozos de segundo ciclo de primaria (8-12 anos).
COR e PSICOLOXÍA: Ao igual que os adultos, xs máis novos precisan espazos onde recoñecerse e expresarse afectiva e emocionalmente. É importante que a escola proporcione estos lugares de contacto e de expresión e así, camiñar cara un modelo educativo máis integrador, humano e creativo.
Neste sentido, o traballo coas cores preséntase como excelente ferramenta para ilustrar e recoñecer aqueles espazos emocionais que precisan ser expresados e atendidos. As cores, as formas, o movemento... son a linguaxe do inconsciente onde reside o emocional, onde a veces non chega a palabra.

Creación
Cristina Montero e Rut Balbís
Interpretación
Cristina Montero e Rut Balbís/Alba Fdez. Cotelo
Iluminación e programación audiovisual
Afonso Castro
Espazo sonoro e deseño gráfico
Jas Processor
Unidade didáctica
Paula Pintos, Cristina Montero e Rut Balbís
Asesoramento en Psicoloxía
Paula Pintos
Vestiario
Teresa Gutiérrez
Vídeo
miramemira
Produción, web e fotos
Manu Lago
Axuda en produción
AGADIC - Xunta de Galicia
Colaboran
Concello de Ferrol e Concello de Narón
Espectáculo estrenado o 15 de xaneiro de 2017 no Pazo da Cultura de Narón - A Coruña
Xira 2017:
Pazo da Cultura de Narón, Auditorio de Ourense, Auditorio Municipal de Vigo, Teatro Principal de Compostela, Galicia Mostra PRO, Primavera en Danza de Carballo, Centro TNT de Sevilla, Cuarta Pared de Madrid, Teatro de la Estación de Zaragoza, Teatro Jofre de Ferrol.