manulago
Espectáculo de danza | Espazos escénicos | Público familiar | 50 min.
LICENCIADA SOTELO
ENSAIO AMOR

é bailarina, coreógrafa e actriz.
Traballou para o Centro Coreográfico Galego, Femme Fatale, Experimenta Danza, Teatro Resoante, Elefante Elegante, Matarile Teatro e no 2010 funda a súa compañía Licenciada Sotelo coa que produce ata o momento 7 espectáculos.
Recibe no 2017 o premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva do Concello de Padrón.

Ensaio amor é unha peza que, a través da música, a danza e o texto, aborda o universo feminino.
Unha cellista, dúas bailarinas e unha nena en escena, reflexionan cos seus corpos, coa súa música e palabras sobre si mesmas como mulleres, artistas, nais e amantes.
Ensaio amor non fala sobre amor, é un acto de amor.
Ensaio amor non fala sobre a resistencia, é un acto de resistencia.
Ensaio amor non fala sobre a maternidade, leva implícita unha realidade.
Dirección
Nuria Sotelo
Creación
Macarena Montesinos, Clara Ferrao e Nuria Sotelo
Coreografía
Clara Ferrao e Nuria Sotelo
Música
Macarena Montesinos
Deseño de iluminación
Baltasar Patiño
Intérpretes
Lena Vilanova, Nuria Sotelo, Clara Ferrao e Macarena Montesinos
Mirada externa
Idoia Zabaleta
Fotografía
Rubén Vilanova
Video
Inma Vilanova
Coproducen
Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción Escena do Cambio e Festival ALT de Vigo
Colaboran
Azala, Asociación de danza de Gondomar e Casa Colorida
Peza estrenada no Festival Escenas do Cambio de Cidade da Cultura de Galicia, 2016.
Xirou polos festivais Fetal de Urones de Castroponce, Alt de Vigo, Primavera en Danza de Carballo, Auditorio de Ourense, Ciclo Rómpete el alma do Teatro Jofre de Ferrol, 30 Certamen Coreográfico de Madrid, ...
Premio Universidad Carlos III de Madrid no 30 Certamen Coreográfico de Madrid 2016.
Premio Ayto Alanís de la Sierra no 30 Certamen Coreográfico de Madrid 2016.