ESO QUE VI

Idea xeral e articulación de argumentos

Manuel Parra García

Titoría e Colaboración

Rafael Lamata e Jaime Vallaure (Los Torreznos), Máster de Práctica Escénica y Cultura Visual UCLM e Museo Reina Sofía, Cristina Balboa, Espacio B, Azala Espacio de Creación País Vasco e Bullshitfest Madrid 2016

Deseño de Iluminación

Técnicas (os) del Teatro Pradillo, Madrid

 

Fotos

Cristina Balboa e Carla Lira.

Duración

75 minutos aproximadamente

Público ao que vai dirixido

Adultos

Eso que vi é unha visión particular sobre as imaxes que

inflúen nun corpo desde a infancia ata a etapa adulta, é

tamén un fragmento de estudo sobre a televisión mexicana. Eso

que vi inicia recolectando as imaxes da televisión e a súa forma de

establecer identidades nun mecanismo escénico cotiá que

articula a ficción, a realidade e as posibilidades de construción doutros ocos que me posibiliten falar desde un lugar no que non

son actor, director, escritor, nin nada do que pensaba que era. Todo o

construín para poder imaxinar. “Estanislao Barrientos”.

Eso que vi  foi estrenado no Teatro Pradillo de Madrid o 24 de xuño de 2016.

É un proxecto con axuda no 2017 polo programa de apoios especiais do Fondo Nacional para la Cultura y las Artes FONCA para a función no Museo Universitario del Chopo da UNAM.

ESO QUE VI (peza escénica para activarse en público ou lerse en solitario).

No 2014, en Guadalajara Jalisco México, asistín cunha cámara fotográfica dixital, a unha das poucas manifestacións en contra da regulación dos medios electrónicos por parte do Estado. Nese momento, xurdiu a inquietude de comenzar a indagar na televisión mexicana a partir da miña práctica e a lectura do libro nación TV de Fabrizio Mejía Madrid. É así, que a finais do 2015 comencei a estudar o máster de práctica escénica e cultura visual, establecendo os puntos de articulación sobre o que desexaba investigar sobre a televisión mexicana e a súa relación co meu corpo.

A investigación comenzou co estudo das imaxes no meu corpo e a súa influencia no comportamento. Asistín á  filmoteca de Madrid coa súa continua carteleira para ver as pelis de autor; no meu ordenador comencei coa edición de videos que gravaba, en youtube repasaba os programas televisivos oitenteiros mexicanos que vin, e así, comenzaba xa coa dramaturxia da peza. Os cursos e as lecturas incentivadas polo máster completaban a forma do que necesitaba dicir. Unha noite, editando video, o meu ordenador deixou de funcionar, non podía captar ningunha rede, vamos, quedei sen ordenador, sen imaxes e sen fotos recolectadas pola miña pequena cámara polo resto do máster. As imaxes fóronse. Esta metáfora daría sentido ao resultado final da peza.

Eso que vi é un mecanismo cotián que se activa mediante estratexias, para axudar a reconfigurar o corpo de Estanislao Barrientos, o cal, está invadido por imaxes e sons de todo tipo. Eso que vi é unha peza teatral que xurde de camiñar nunha manifestación contra a regulación dos medios electrónicos en México, de bailar o rock da langosta para conservar unah imaxe recurrente da infancia, de escoitar a parálisis permanente e nostalgicamente aos caifanes, de ler, de estudar un máster, e de editar videos nunha habitación de doce metros cadrados no barrio de Malasaña da cidade de Madrid.

Esta non é unha peza sobre a televisión nin sobre as imaxes do cine que estereotipan o corpo dun mexicano. Eso que vi está feita á marxe destos dous medios.

 

[Fóra imaxe]

Socio amigo de:
Captura de pantalla 2018-10-05 a las 20.
Colectivo RPM
  • Facebook