manulago 

Espectáculo de danza | Rúa e espazos non convencionais | Todos os públicos | 18 min.

JANET NOVÁS

FEELINGS

  • Facebook Licenciada Sotelo

Bailarina e creadora galega. Reside en Madrid desde 2001.

Formouse en danza contemporánea entre Madrid, Bruselas e Berlín.

No 2008 comenza a crear e a desenvolver os seus propios proxectos dando lugar á experimentación e á auto-investigación. A súa obra constrúese desde a observación, a experiencia e o diálogo con seu corpo como principal ferramenta, apostando por unha linguaxe propia, moldeando o contido emocional e a sinxeleza estética que caracterizan os seus traballos.

As súas creacións presentáronse en prestixiosos festivais nacionais e internacionais como Rencontres Chorégraphiques, Festival de Marseille, Festival Nouvelles-Pole Sud, Cement Festival, Dança en Transito, MOV_S, TNT Dansa, Festival de Otoño a Primavera, Escenas do Cambio e o Festival Bad, entre outros.

Feelings é un traballo que nunca se definiu, naceu o día dunha morte e xurdiu como un berro ou un pranto por esa perda...Desde ese momento negouse a tomar unha forma concreta e tamén se negou a morrer. Feelings é un corpo vivo que quere habitar espazos para chorar, para tomar o pranto como un exercicio de liberación, para bailalo e exaltar a belleza dun corpo abatido.

Dirección e interpretación

Janet Novás

Música

Sergei Rachmaninoff

Vídeo e fotografía

Virginia Rota

Peza estrenada no Festival Corpo(a)terra 2015 - Ourense

Socio amigo de:
Captura de pantalla 2018-10-05 a las 20.
Colectivo RPM
  • Facebook