manulago

Espectáculo de danza para espazos convencionais | 50 min
COLECTIVO GLOVO
EM·NA
Glovo é a compañía formada por Esther Latorre e Hugo Pereira.
Esther Latorre fórmase no Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e traballou para Companyia de Dansa Gerard Collins, Moudansa, Companhia de Dança do Norte ou Maduixa Teatre (Premio Max ao mellor espectáculo de rúa por Mulier.
Hugo Pereira, formado no Conservatorio de Danza de Aveiro, Akram Khan Dance Company, Sagi Gross, Shirley Esseboom, Víctor Hugo Pontes, Bruno Alexandre.... Traballou para Companhia de Danzça do Norte.
Reciben o 1º premio de Bailando con piedras do Certamen Internacional de Coreografía Burgos - NY, no Festival Sólodos Ourense 2016 e seleccionada para Camp In de México.
ESTREA 26, 27 E 28 DE MARZO · TEATRO ENSALLE · VIGO
EM·NA estrénase os días 26, 27 e 28 de marzo 2021 no Teatro Ensalle de Vigo
“Onde comeza o noso toque, estamos.
Estou.
Estás.
Estamos?
É unha ocupación da realidade, unha conquista.
Procura os rostros coñecidos.
Titubeas carente de roce e aceptas, en ocasións sen suceso.
O corpo habitado.
O corpo enigma.”
A peza EM·NA baséase na idea da vibración coma elemento manipulador. É unha investigación sobre a “acústica subcutánea” a través da vibración e do silencio resultante no corpo do outro.
A relación entre os intérpretes pasa por diferentes estados: comprimindo, estirando, cambiando o ritmo da súa propia vibración, e todo isto partindo da súa fisicalidade individual.
A composición escénica dos corpos mostra os diferentes estados e espazos dunha mesma vibración a través dunha fisicalidade contemporánea, espida, crúa e cotidiana.
A forte presenza do mundo e espíritu xaponés crea unha estética chea de detalles significativos e contundentes.
A duración de cada movemento e acción case parece a dun pensamento, propósito ou reflexión. A peza busca por tanto entretecer a orde, o caos, a pasividade e o eco da mente proxectado no corpo cambiante.
Un “momentum” sobre o tan chea e desbordada que está a mente humana e a necesidade do silencio.
EM·NA profundiza na nosa realidade animal, instintiva e intuitiva.
EM·NA fala do que o corpo entende. Auto-piratería.
Corpo sensible
Corpo casa
Corpo enigma
Corpo social
Corpo habitado
Creación e interpretación:
Esther Latorre e Hugo Pereira
Espazo Sonoro:
BABYKATZE
Deseño de iluminación:
Pedro Fresneda
Vídeo:
Adrián González e Dani Rodríguez
Fotografía:
Chus Varela
Apoio en xestión:
Manu Lago
Dieseño de imaxe:
Marcia Vázquez
Vestiario:
Jandro Villa
Con axuda a creación:
Agadic · Xacobeo 21 · Xunta de Galicia
Co apoio de:
Teatro Ensalle
Galicia Danza Contemporánea
INAEM · Ministerio de Cultura · Gobierno de España
Concello Lugo
Colabora:
Escola Palimoco