SINOPSE
“Onde comeza o noso toque, estamos.
Estou.
Estás.
Estamos?
É unha ocupación da realidade, unha conquista.
Procura os rostros coñecidos.
Titubeas carente de roce e aceptas, en ocasións sen suceso.
O corpo habitado.
O corpo enigma.”
IDEA ORIXINAL
A peza EM·NA baséase na idea da vibración coma elemento manipulador. É unha investigación sobre a “acústica subcutánea” a través da vibración e do silencio resultante no corpo do outro.
A relación entre os intérpretes pasa por diferentes estados: comprimindo, estirando, cambiando o ritmo da súa propia vibración, e todo isto partindo da súa fisicalidade individual.
A composición escénica dos corpos mostra os diferentes estados e espazos dunha mesma vibración a través dunha fisicalidade contemporánea, espida, crúa e cotidiana.
A forte presenza do mundo e espíritu xaponés crea unha estética chea de detalles significativos e contundentes.
A duración de cada movemento e acción case parece a dun pensamento, propósito ou reflexión. A peza busca por tanto entretecer a orde, o caos, a pasividade e o eco da mente proxectado no corpo cambiante.
Un “momentum” sobre o tan chea e desbordada que está a mente humana e a necesidade do silencio.
EM·NA profundiza na nosa realidade animal, instintiva e intuitiva.
EM·NA fala do que o corpo entende. Auto-piratería.
Corpo sensible
Corpo casa
Corpo enigma
Corpo social
Corpo habitado
Creación e interpretación:
Esther Latorre e Hugo Pereira
Espazo sonoro:
BABYKATZE
Vídeo:
Adrián González e Manu Lago
Fotografía:
Chus Varela e Manu Lago
Deseño gráfico e web:
Manu Lago
Deseño de imaxe:
Marcia Vázquez
Vestiario:
Jandro Villa
Co apoio de:
Teatro Ensalle
Galicia Danza Contemporánea
Agadic · Xacobeo 21 · Xunta de Galicia
INAEM · Ministerio de Cultura · Gobierno de España
Concello Lugo
Colabora:
Escola Palimoco

