• Facebook - Círculo Negro
  • Twitter - Círculo Negro
  • YouTube - Círculo Negro
  • Pinterest - Círculo Negro
  • LinkedIn - Círculo Negro
  • Flickr - Círculo Negro

Helen   E.  Bertels

Dirección

Helen Bertels

Interpretación e creación

Mónica de Nut e Helen Bertels

Axudantes de dirección

Marta Pérez e Paulina Funes

Textos

Helen Bertels - Diario de Nimiedades

Música

Mónica de Nut

Iluminación

Afonso Castro

Vestiario

Helen Bertels

Produción

Helen Bertels, Manu Lago e Belém Brandido

Foto e deseño gráfico

Martiño Picallo

Colaboran

A Regadeira de Adela

Concello de Santiago de Compostela - CSC Santa Marta

Sala Ingrávida

manulago.com

Agradecementos

Elke y Ralf Bertels, LuscofuscoGz, Xesús Ron

Nimiedades é un proxecto escénico de Helen Bertels

Foi preestreado na Sala Ingrávida de Porriño

os días 9 e 10 de marzo de 2018

Nimiedades é un espectáculo baseado no libro Diario de Nimiedades de Helen Bertels, que xira ao redor da idea de que a vida é un xogo e que se avanza resolvendo adiviñas. As dúas figuras que poboarán o escenario durante a noite de teatro á que acude @ espectador@, van atopando as adiviñanzas que lles pertencen e que formarán o camiño polo que se desprazan. Ou será que esas adiviñas son d@s espectadores? As preguntas quizais as fagan esas figuras e pode incluso que agarden resposta... E o camiño, quen haberá no camiño?

Escoitánse uns pasos. Clac, clac, clac. Dúas figuras grises e de ombros caídos aparecen en escena. Levantan a mirada. Teñen as caras moi brancas. Parecen tristes? Bam! Vaise a luz....e volve. Alí no chan quedan dúas aletas de mergullo. Que foi o que pasou?

 

Nimiedades son 13 caixas de agasallo. 13 accións escénicas levadas a cabo por Helen Bertels e Mónica de Nut. Darán entrada a un universo feminino. A un mundo afastado e próximo á vez. Un mundo de adiviñanzas, paradoxos, choros e risas. Un mundo que dea forza e faga fuxir ao medo. Un universo circular no que a escuridade non é apartada e maldita, no que é permitido chorar tódolos días se fai falla e no que podemos facelo ridículo todo o que queiramos.

Wurzeln geben Halt.

A vida éche coma un xogo. Avanzas resolvendo adiviñas. Ás veces as adiviñas poden chegar a obsesionar. Atormentan. Non te deixan durmir. Son mimosas, requiren a túa atención completa (ungeteilt), poden consumirte se non lles fas caso. Pódense converter en pantasmas grandes e escuras, sombras oupaxaros negros que nacen da noite e cun canto que é como un berro cheo de sufrimento e desexo (Sehnsucht) O círculo vaise pechando, as adiviñas vanse acertando, as dores vanse calmando, os orfos atopan fogares, o vello mestúrase co novo, anúnciase unha calma de centos de azuis diferentes. Os tormentos permítennos sentir.

Diario de Nimiedades - Helen Bertels

  • Facebook
  • Instagram Galicia Danza