manulago
INTEMPESTIVA
ELAHOOD
Espectáculo de danza | Rúa e espazos non convencionais | 15 ou 17 min.

PREMIO MELLOR PEZA | IV PLATAFORMA DIÁLOGOS CONTEMPORÁNEANEOS | FESTIVAL DZM
1º PREMIO CERTAMEN COREOGRÁFICO DE MADRID 2021 E PREMIO DA CRÍTICA
25/07/2021 | ESTREA | Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio
Serse Intempestiva.
Os corpos de Elahood entran nun xogo de identidades coa figura e obra de Xela Arias. Xénero, identidade galega, raíces e precariedade entrelázanse para cuestionar que é facer algo de proveito.
INTEMPESTIVA
1. Que se fai ou ocorre nun momento que non convén.
2. Que non é o máis apropiado, por non ser o habitual ou acostumbrado.
Como a poesía de Xela, Elahood sempre está na dúbida de cal é o lugar correcto, rexeitando os canons tradicionais e mostrando una certa “rebeldía” na súa creación. Un limbo no que costa atopar o equilibrio, apostar por unha linguaxe persoal que atende á creación contemporánea baixo os movementos culturais urbanos.
Os puntos de encontro entre a linguaxe de Elahood e a poesía de Xela Arias son constantes. Na súa obra, Xela atopa nas rúas e nos espazos públicos os coidados e os afectos. As danzas urbanas tamén xurden nas rúas e clubes, acompañadas de movementos sociais que fomentan o intercambio intercultural e a creación dunha identidade compartida.
Intempestiva plantéxase como un exercicio de liberdade e de desobediencia. Xela Arias fai poesía en movemento, con contrastes, dinamismo, xogando coas regras ortográficas e os formatos, tamén a danza da compañía galega xoga con ritmos, fragmentacións, contrastes e desequilibrios. Intempestiva traslada os versos de Xela Arias aos corpos de Elahood, nunha viaxe compartida coas audiencias, desde unha mirada feminina desbordada no movemento e na danza.
Un retrato en movemento da axitación creativa das novas xeracións.
Dirección e interpretación
Sabela Domínguez e Julia Laport
Dramaturxia
Gena Baamonde
Música
LLXNTO & Bruno Baw
Vídeo
Iria Casal
Fotografía
Manu Lago
Produción
Elahood
Acompañamento en produción e distribución
Sabela Ramos e Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea
Estrenado no ciclo Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio no 2021. Realiza as seguintes funcións:
25/07/2021: Propulsa en A Pontenova (Lugo)
20/08/2021: Propulsa en Mos (Pontevedra)
28/08/2021: Propulsa en Lalín (Pontevedra)
30/08/2021: Festival C (Santiago de Compostela)
10/10/2021: Festival Quincegotas (A Coruña)
23/10/2021: Festival Cartografías do movemento (Lugo)
Finalista no certame do Festival DZM (Cáceres) e Certame Coreográfico de Madrid 2021.