DANZABITÁCORA
Un proxecto de difusión da Danza Contemporánea en Galicia · istoedanza.gal
por Cristina Balboa e Manu Lago
6 | 16/07/2019

DANZABITÁCORA
CORPO(A)TERRA / OURENSE / 2019
02/07/19: FR6332
Desta vez viaxamos a Galicia para vivir de cabo a rabo o festival de danza que, tras a desaparición do En Pé de Pedra de Matarile en Compostela, vertebra a comunidade de danza de Galicia desde xa fai 9 anos e a pon en relación con outros artistas, público e axentes doutros lugares: Galicia, Grecia, Suiza, Andalucía, Costa Rica, Arxentina, Catalunya, Valencia, Chile, Portugal, Madrid, Pais Vasco,…
Corpo(a)terra é un festival de artes do corpo dirixido por un trío de mulleres vinculadas á creación de danza como son Marta Alonso, Begoña Cuquejo e Paula Quintas que se leva a cabo en rúas e demáis espazos públicos da cidade de Ourense, pero tamén dispón unha extensión a Allariz, concello que recibe a xornada cos brazos e espazos abertos e ao equipo completo a mesa posta, ademáis doutra extensión do programa de formación en Compostela, neste caso anual.
O equipo do Festival chega ata o aeroporto de Compostela ou aos andéns da estación de tren de Ourense onde te recollen para instalarte no aloxamento. O Festival aloxa a máis de 50 persoas, otorga 20 becas de formación e asume preto de 1000 comidas e almorzos durante os 12 días de actividades. Os espazos privados das alumnas dos obradoiros como poden ser a residencia universitaria, o comedor ou os espazos das mesas de traballo están decoradas con mimo e forma parte da súa idiosincrasia. Tamén as visitas ás termas ou excursións urbanas ou pola provincia de Ourense.
Ao comenzo do Festival atopamos a Miguel Gendre e Clara Ferrao, dúas figuras participantes/colaboradoras/alumnas/artistas/… que poñen as maiúsculas no carácter festivo de Corpo(a)terra e aseguran momentos de gargalladas sen fin con intensas dores abdominais. Corpo(a)terra tamén fomenta o exercicio do humor e determinada informalidade que non é frecuente ver noutros eventos e que se recibe con moito gusto, xa que isto facilita a construción da comunidade e integración doutrxs artistas, alumnxs, etc. Un ambiente acorde coa imaxe gráfica do Festival, que corre a cargo de Paulina Funes, co-fundadora da Asociación Traspediante Cultura e que continúa con esta labor desde a distancia.
O Festival comenza o luns día 2 ata ao día 5 coa primeira parte dun importante programa de formación, mañá e tarde, durante catro días onde se reúnen 50 alumxs e 6 mestrxs: Sara Pons, Ariadna Monfort, Cristian Ureña, Julia Zac e Elahood (Sabela Domínguez e Julia Laport). A segunda parte do programa de formación Enxebre, do 8 ao 11 de xullo, a formación correrá a cargo de Jesús Rubio, Ana Beatriz Pérez, Lucas Condró, Iker Gómez, Arturo Cobas e UNAiUNA (Laura Lliteras e Marina Fullana).
Enxebre acolle a unha bolseira da red A Cielo Abierto a través do programa Itinerarios Formativos, Marcia Vázquez, quen poderá aproveitar a formación de Corpo(a)terra e outros festivais da rede.
Formación Enxebre: 12 mestrxs | 11 obradoiros | 50 alumnxs | 8 días | 44 horas de formación intensa | 21 bolsas
Ao longo destos días compartimos espazo coas súas tres directoras que, ademáis, reparten a coordinación e produción dunha parte do festival cada unha: Enxebre, a coordinación de mantenzas, aloxamentos e posta a punto de cada un dos espazos e a administración e produción xeral. O Festival está apoiado por numerosas colaboradoras, brazos das directoras/produtoras pero é evidente a necesidade de persoal de produción, o que implica a necesidade de axudas para afrontar a coordinación e realización de todas as tarefas. Corpo(a)terra non é un pequeno festival e a extensa formación que ofrece obriga a coordinación de dous tercios máis de persoal do que sería se só realizara unha programación de espectáculos. Crear comunidade non é barato, e non só nos referimos á cuestión económica.
Ademáis da exhibición e formación esta edición conta cunhas mesas de traballo coordinadas por Matías Daporta e Begoña Cuquejo con convidadas de varios puntos de España e Portugal onde se crean espazos de reflexión relacionados coa patrimonialización dos festivais de danza e corpo de rúa e coa edición 2020, o décimo aniversario de Corpo(a)terra que xa se está xestando para acadar unha puntuación de 10, un décimo festival 10. Matías Daporta presentou, entre outras actividades e documentos, un xogo de mesa (baralla + estratexia) baseado na xestión dun festival e ao que lle imaxinamos un éxito rotundo entre os xestorxs de festivais.
1 mesa de traballo | 4 xornadas | 1 documento | 1 xogo de mesa | 12 convidadxs
O programa de exhibición acompáñase cun apoio a varias compañías con residencias artísticas para novos proxectos ou para os que se desenvolven os días previos á estrea das pezas. Nesta ocasión algunhas residentas foron Ana Beatriz Pérez e Alba Fernández Cotelo, Elahood, Nazario Díaz ou Mila Ercoli.
O programa aberto ao público comenza o día 5 de xullo con Estevo Creus e o seu “O lugar que non hai” no Café Cultural Auriense da cidade de Ourense, ao que lle segue Nazario Díaz coa estrea de “Háblame cuerpo (L.f.P)” no Claustro de San Francisco.
O día 6 Corpo(a)terra exténdese a Allariz. A programación xeral do Festival inclúe, ademáis das pezas de A Cielo Abierto, rede da que forman parte, a colaboración con Sólodos, pola cal actúan os ganadores do certame de Sólodos En Danza Costa Rica 2019: Lina Valverde e Camilo Regueyra. Lina chega a Ourense lesionada da función anterior e Camilo asume a presentación dunha peza en solitario: “Pie de limón” en lugar da peza galardoada: “Pedestres”. As oportunidades que xeneran festivais como Corpo(a)terra non se poden diluir, aprovéitanse sexan cales sexan as circunstancias.
Na mesma xornada tamén se presenta a instalación de Macaco Press “Publishing performance”, Julia Zac con “Interface 123” e a película e performance de Alejandra Pombo, en diferentes localizacións de Allariz.
Tras esta xornada a programación retómase o día 10 en Ourense, tras a segunda fase do Enxebre e coa peza de Cía Alias con danzas espontáneas pola cidade: “Une force de l’ordre”, unha intervención de tango executada por dous bailaríns vestidos de traballadores da ORA, quen tiveron que responder algunha consulta cidadá sobre as normas do aparcamento e colaboraron na delimitación dos espazos de actuación impedindo o paso da xente. Tras ela, a conferencia de Iker Gómez arredor do traballo de doutoramento “La Dualidad del Ballet el Lago de los Cisnes desde la Danza Contemporánea” no Centro Cultural Marcos Valcarcel, unha exposición didáctica alabada pola práctica totalidade dos asistentes.
O día 11 repite Alias, e presentan as galegas Elahood o seu “Impermeable”, coa especial colaboración de Mila Ercoli, e Ertza co “Meeting Point” seleccionado a través da Red A Cielo Abierto, espectáculo que levanta ao público na Escalinata de Sta. María.
O día 12 Sabela Mendoza trae de novo a Galicia a conferencia “O público está aquí”, unha proposta performativa, ademáis de investigación teórica e de escritura, sobre o lugar do espectador nas artes vivas que finaliza cunha imaxe tan desgarradora como fermosa. Macaco Press realiza a súa instalación na Praza de Santa Eufemia onde colabora coa voz e música tradicional Gabi Reboredo ao que lle seguen, tras un pequeno chuvasco, as UNAiUNA, tamén do programa de A Cielo Abierto, con “All inclusive”, seguinte produción á galardoada en Sólodos En Danza Ourense 2016.
O día 12 as previsións meteorolóxicas ameazan con choiva para a seguinte xornada e a organización, xunto con Jesús Rubio, toman a decisión de crear un programa extra a través dunha inesperada función do “Gran Bolero” (coprodución orixinal con Teatros del Canal e Mercat de les flors), para o cal poñen a punto a Praza da Estrela baixo 37 graos e en tempo record, función imprevista que ten 100 espectadores convocados a última hora por redes sociais e disfrutan desta especial versión do bolero con 3 intérpretes da versión orixinal e 9 chamados por convocatoria -con cupo galego-. Esta é unha práctica do festival das últimas edicións, nas que se programa un espectáculo de gran formato que se revisita e practica cun elenco especial e precisa dun esforzo na produción de Corpo(a)terra e que se traballa mediante unha residencia de tan só 5 días. Unha experiencia brutal a desta edición con 12 animais escénicos chegando ao límite físico, un regalo impagable a ese equipo de Jesús Rubio e a Corpo(a)terra que foi interpretado por: Clara Pampyn, Alberto Alonso, Eva Alonso (os tres intérpretes do elenco orixinal) e Tania Garrido, Raúl Pulido, Clara Ferrao, Marcia Vazquez, Danielle Mesquita, Gonzalo Simon, Cristian Ureña, Diego Pazo e Diego M. Buceta. Unha experiencia que quedará na memoria dos 100 asistentes que puidemos ver o “Gran Bolero” na rúa e na memoria do novo elenco, que nos 5 días de residencia para a remontaxe realizou algo máis que os quilómetros do Camiño de Santiago en Galicia.
O Festival pon fin á novena edición coa xornada do día 13 de xullo, coa presentación do Arquivo Online da Danza Contemporánea de Galicia dun servidor pola mañá no Centro Cultural Marcos Valcarcel, e pola tarde Macaco Press, Iker Gómez como seleccionado de A Cielo Abierto co espectáculo “El pequeño lago de los cisnes”, Álvaro Reboredo Fitinho e a especial produción deste Corpo(a)terra, o “Gran Bolero” de Jesús Rubio Gamo que, debido á choiva, se trasladan ao Auditorio Municipal de Ourense.
Ao finalizar, Cristina Balboa pon música á festa de clausura cunha sesións Dj configurada partindo de músicas dos espectáculos e propostas das compañías que derivan nunha selección propia da música.
6 días de programación | 15 espectáculos/intervencións | 2 presentacións/conferencias | 4 residencias artísticas | 1 festa fin de festival
Ao longo do transcurso do Festival, a documentación videográfica de Corpo(a)terra corre a cargo de Carlota Mosquera, Miguel Gendre e Mila Ercoli, esta última chegada de Chile exclusivamente para a realización dunha moi especial e artística versión da documentación. A calidade do traballo, ademáis da necesidade do rexistro e documentación, forman parte do proxecto da renovación web do festival con toda a información das edicións do evento, o que potenciará a posta en valor da danza en Galicia.
Extensión da formación en Compostela. A Asociación Traspediante Cultura tamén organiza un programa de formación profesional en Compostela, ligada ao Festival. Queda por realizar parte da extensión iniciado cos cursos de Sara Pons, Lali Ayguadé, Sharon Fridman, Mikel Aristegui, Roseta Plasencia, Kiko López que pronto se comunicarán.
Formación extensión Compostela: 9 mestrxs | 450 alumnxs | 9 cursos
A edición de Corpo(a)terra 2019 é unha programación que acolle tamén propostas arriscadas e/ou minoritarias, o que forma o sentido crítico do público. Este non é o lugar dunha programación de danza complacente con todxs, se ben a todos nos complace parte do programa e nos axuda a formar o noso criterio.
A destacar diferentes aspectos, vividos esta edición e observados nestos 12 días de festival:
-a enorme capacidade de traballo dun pequeno equipo de xestión e produción.
-a enorme envergadura do evento entre as actividades de formación, mesas de traballo, residencias e exhibición, sumadas ás producións especiais como o “Gran Bolero” de Jesús Rubio e a coordinación de aloxamentos e manutencións de todos os asistentes.
-as axudas económicas insuficientes para un festival destas características.
-a capacidade de creación dunha verdadeira comunidade entorno a un Festival.
-o amor e implicación nas artes do movemento co que todo o equipo de Corpo(a)terra traballa para optimizar as condicións de convidadas, participantes, alunas e público.
No 2020 chegará o 10º aniversario de Corpo(a)terra, promete novidades e un programa moi especial e estaremos pendentes da web e das súas redes sociais!
14/07/19: FR6333
QUE É CORPO(A)TERRA? PREGUNTAMOS A CONVIDADAS, COLABORADORAS E PARTE DO EQUIPO: