DANZABITÁCORA
Un proxecto de difusión da Danza Contemporánea en Galicia · istoedanza.gal
por Cristina Balboa e Manu Lago
5 | 20/03/2019

DANZABITÁCORA
SÓLODOS EN DANZA / COSTA RICA / 2019
20/02/19: IB715 + IB6317
Tras 15 horas de tránsitos e viaxes aterrizo en San José para vivir ao completo o programa de Sólodos En Danza Costa Rica na súa séptima edición, unha experiencia, sen dúbida, de cooperación cultural na súa mellor e máxima definición: mobilidade e circulación, educación, cohesión social, cooperación entre axentes internacionais e apoio ás artes e á educación.
No programa está amplamente representada Costa Rica e España, ademáis de actividades con artistas chegados desde Francia, México, Ecuador, Chile e El Salvador: exhibición para centros escolares, para público xeral, obradoiros para profesionais, infancia e adolescencia, maiores, conversatorios, foro, certame e residencia de creación.
Sólodos En Danza é un programa dirixido e coordinado por Maruxa Salas e Erick Jiménez e coproducido polo Centro Cultural de España, cunha innumerable relación de entidades colaboradoras (empresa privada, compañías, artistas, festivais, centros culturais, centros educativos…). Un programa, ademáis, deslocalizado case por completo do centro urbán da capital de Costa Rica, San José.
Sólodos En Danza é un proxecto que tece lazos desde o afectivo, como sempre asegura nas entrevistas Erick Jiménez. Isto enfía coa charla-paseo desde Barva ata Heredia mantida entre Erick Jiménez e Nacho Cárcaba: o sistema de produción e distribución, a endogamia, o seu funcionamento, a danza que provoca e o lugar onde queda a outra danza. Esa outra danza é a que ocupa a conversa, xa que o interesante é saber cara onde van, cara onde imos e non deixarse levar pola queixa, esa danza relacionada coa plataforma pola súa xenerosidade, a dos creadores, que chegan a Costa Rica a compartir. Nacho, ganador do Certame de creación en Sólodos En Danza Ourense 2018, está máis relacionado cos procesos de investigación fóra dos circuitos e a danza entendida como ese proceso, o espazo como habitación: yo estoy aquí, en este espacio y voy a ver qué pasa.
E mentres, en Barva de Heredia, Nela pon na mesa unha marabillosa olla de carne. A convivencia é un dos puntos fortes do Festival que permiten que todo o equipo se coñeza a fondo e poidan xenerarse relacións profesionais e futuras colaboracións, como de feito sucede.
O venres 22 de febreiro chega o resto do equipo que comenzará o domingo co 1º Maratón de Clases de Danza e sairá de Xira polas provincias de Costa Rica a partir do luns: Carla Segovia e Guillermo Aguilar desde México, Arnau Pérez e Nacho Cárcabba de España e Thomas Guiraud desde Francia. Todos reunidos, antes do almorzo, Erick e Maruxa coméntannos as peculiaridades de cada lugar, a realidade que todos poderemos coñecer en cada lugar da xira, como proceder en determinados casos, que evitar e ata onde podemos chegar.
Pero antes da actividade más estrictamente dancística, un encontro informal de todo o equipo co director do Centro Cultural de España en Costa Rica. Están fóra de lugar completamente os protocolos habituais nas relacións entre axentes neste tipo de eventos.
Xornada do Maratón de Clases de Danza
16 persoas matriculadas disfrutaron dunha xornada completa de formación coas clases de Nacho Cárcaba, Arnau Pérez de la Fuente, Carla Segovia, Guillermo Aguilar e Thomas Guiraud. O ritmo do encontro e material a impartir páctase entre os profesores para sorprender aos participantes costarricences, algún achegados desde unha distancia de 5 horas en coche. É lóxico que destaque neste tipo de alumnado o entusiasmo e enerxía para enfrentarse a un maratón de clases, esta é unha profesión vocacional. Todos os mestres convidados ensinan a súa linguaxe, a súa particular práctica da danza. E para finalizar, o todoterreo Thomas Guiraud, que provoca aos alumnxs con xogos, músicas, roles e pautas de improvisación, asumindo e resumindo determinados elementos dos mestrxs que o preceden na maratón e grazas ao que finaliza esta xornada de aprendizaxe cunha escea improvisada entre todos os asistentes capaz de pechar calquera dos mellores espectáculos imaxinables. “Muchas gracias por dejarme compartir con ustedes”, así pecha Carla Segovia os seus talleres.
1ª parte da Xira polas provincias de Costa Rica: zona de Quepos
Entre os días 26 de febreiro e 11 de marzo o equipo convidado visita varias provincias de Costa Rica e realiza actividades en escolas, universidades e espazos públicos de Cartago, Quepos, Garabito, San Carlos, Barva e San José.
O día 26 recóllenos un minibus ás 7 da mañá para sair cara Cartago, onde se realiza a primeira función da xira de artistas convidados. Dúas horas de traxecto no que tamén se suma o fotógrafo e pintor Pablo Vargas, encargado de realizar a tan especial documentación videográfica do Festival. A Tecnolóxica de Cartago é a universidade técnica, onde existe un grupo de afeccionados á danza, pero non existe un público habituado ao seu consumo. Guillermo Aguilar imparte unha clase a alumnxs da universidade e a primeira función da xira é nun escenario pouco habitual, un teatro.
Chegamos de volta en Barva de Heredia 14 horas máis tarde con todo ese equipo artístico xogando a adiviñar músicas de todos os tempos no microbús. Non fará falta adiviñar que esa será a tónica do tempo libre: a celebración, o disfrute do encontro no lugar coa nova xente.
O madrugón do día 29, 4 da mañá, lévanos á outra punta do país, á beira do Pacífico (facendo unha parada no río Tárcoles para ver os crocodilos). Toca o turno ás actividades a desenvolver en Quepos ata o día 3 en colaboración con Corpóreos a través de Carlos Ovares. O programa é tan extenso como o número de centros onde se realizan e o número de espectadores do mesmo: 5 talleres, 6 espazos, 3 presentacións das 4 pezas dxs artistas convidadxs para, aproximadamente, 800 espectadores (maiormente nenxs e mozos).
As escolas e colexios reciben como unha gran festa aos artistas e todo o persoal do colexio vólcase para que a estadia sexa o máis agradable posible. Compartimos os menús dos seus comedores e charlas coas direccións dos centros onde nos comentan que algúns alumnxs que se arrancan en improvisacións cos artistas son os que teñen severos problemas de comunicación. Algunhas pezas varían máis que outras en función da vontade do artista en interferir con este novo público. As posibilidades, desde logo, son infinitas. Aínda que a despedida é sempre a mesma: xs nenxs collen os seus cadernos e buscan aos artistas para pedirlles un autógrafo.
Outro cantar son, en xeral, as funcións para xente nova e adultos, cun tinte máis variopinto. Chegan a entrar no espazo entre 60 e 700 espectadores para ver as 3 pezas curtas de danza máis a intervención de Thomas, público con experiencia ou que ve danza por primeira vez. Con todo xs intérpretes se alimentan e, en palabras de Pablo Vargas, aí é onde xurde a danza porque ve ás persoas, e nese momento e no que a danza lle interesa para fotografar. Estas persoas estiveron no Teatro Copaza e varios centros escolares da área de Quepos, Parrita e Cerritos. Nesta última localidade Carla Segovia regalounos a todxs xs presentes unha improvisación que fixo saltar as bágoas.
Completan as actividades en Quepos obradoiros con Carla Segovia, Arnau Pérez, Nacho Cárcaba e Guillermo Aguilar.
Os aloxamentos en Palma Tica tamén forman parte da colaboración con Corpóreos, co seu director Carlos Ovares e equipo de anfitrións realmente detallista, e sitúanse en comunidades integradas nesta marabillosa paisaxe, entre lagartos, iguanas, serpes e alacráns.
O luns 4 de marzo de camiño á última presentación nesta zona do país, en Jacó, no Centro Cívico por la Paz de Garabito, facemos unha parada no Hotel Pelícano para darnos un chapuzón, refrescarnos e contemplar os quilómetros infinitos da praia da cara pacífica de Esterillos. Pola tarde toda a presentación en Jacó para 450 persoas e voltamos por unhas poucas horas á sede de Sólodos para retomar forzas, refacer as mochilas, e volver a sair varios días, neste caso do 4 ao 8 á zona de San Carlos, ao norte do país, fronteira con Nicaragua.
Ata agora a Xira Sólodos En Danza Costa Rica 2019 realiza 13 talleres para 260 persoas e 5 presentacións dos 4 espectáculos para case 1400 espectadores.
2ª parte da Xira polas provincias de Costa Rica: zona de San Carlos
Atravesamos o día 5 a zona volcánica nun microbús da Universidade Tecnolóxica e chegamos a San Carlos onde nos reciben no TEC, campus limítrofe coa selva, bosque secundario que nos deixa ver rás, cocrodilos, bolboretas, lapas, tucáns, tartarugas e iguanas dun metro durmindo nas ramas das árbores. Durante os próximos catro días as actividades principais, coordinadas en colaboración con Noidy Salazar e Óscar Chanis, son coas escolas da zona, os alumnos do campus e unha presentación aberta ao público coas pezas en xira o último día da estancia.
Nos talleres nas escolas, o perfil dos alumnos varía moito e os talleres permiten recoñecer facilmente algunhas das súas carencias e problemáticas. Tamén resulta obvio, como non, relacionar a vocación dxs mestres e do equipo xestor do centro co éxito dos talleres e/ou a pegada que é necesaria deixar. Nalgún destos colexios os alumnos recordan a visita do ano pasado, preguntan polos artistas convidados daquela ocasión e queren mostrar o que aprenderon bailando nestos 12 meses. Esa memoria é o obxectivo, esa pegada do movemento dos artistas nos corpos dxs nenxs. Ao finalizar os talleres os artistas deixan aberta a posibilidade de que poidan facerlles todas as preguntas que se lle ocorran. Aínda que o habitual é que sintan curiosidade por cando comenzaron a bailar e por cal estilo comenzaron, hoxe unha rapariga colombiana falou por boca da súa profesora, vencida pola timidez e unhas bágoas: Nunca voy a olvidar este día. Logo fundiuse nunha aperta coa profe. Vai ser que a vocación é a graxa que fai funcionar correctamente as engranaxes.
Tamén é certo que os perfís dxs artistas convidados á hora de impartir talleres son moi diferentes. No caso de Thomas Guiraud, polifacénico que tan pronto aparece de mimo como de paiaso ou de profesor, leva a danza aos cativxs un tanto disfrazada, entre broma e broma, xogo e xogo, e cunha chispa que conecta de inmediato con elxs.
A presentación dos traballos dxs Artistas en Xira de Sólodos En Danza no CTEC de San Carlos o día 8 mistúranse coas presentacións de Flor de Caña e DanzarTEC e remata cunha improvisación final, xa que é a última función da xira de Thomas Guiraud e serve como despedida do equipo de artistas e o público. Prescíndese case por completo do escenario, onde se realizan soamente tres actuación para logo sacar ao público da sala facendo un percorrido polo exterior do edificio, onde cada peza se sitúa nun lugar diferente e finaliza no centro coa improvisación e saúdo de todas as agrupacións e artistas. Os centros non adoitan dispoñer de equipo técnico a excepción do son, polo que a iluminación se improvisa con 8 lámpadas que deixan todo o protagonismo aos corpos e o movemento. As presentacións arrancan sorrisos e aplausos.
Dentro da agrupación Flor de Caña coñecemos a un integrante da comunidade de Talamanca, estudiante na TEC e bailarín da agrupación folk. Talamanca, na fronteira con Panamá, é unha reserva indíxena protexida por estar en perigo de extinción, con territorio e idioma propio, resistente á invasión española. Jushtin permite a Erick Jiménez comenzar co contacto e xestión da xira 2020 por esa comunidade, apartada e accesible a través de varias horas de camiñada pola montaña con varios tramos en barca. Os traxectos da viaxe son de día e medio e a comunidade non permite residir nela menos de 5 días. Se a xestión avanza positivamente, o equipo de artistas convidados o próximo ano deberá dispoñer dun extra nas súas fortalezas para abordar esa fase da xira.
Á volta de San Carlos, despois dun pequeno descanso dominical e tras a despedida de Thomas Guiraud, só falta por visitar a Escola de San Pablo na Municipalidade de Barva, moi preto da sede de SóLODOS en Costa Rica, onde Arnau Pérez, Nacho Cárcaba e Carla Segovia e Guillermo Aguilar presentan as súas pezas a 200 escolares entusiasmados. Tras ela, o programa continúa na española Praza Skawak
Deixamos atrás, pois, 300 espectadores das presentacións das pezas en xira e 12 talleres máis en centros educativos para 450 escolares.
Penúltima semana de actividades: San José e Barva de Heredia
O 12 de marzo o equipo artístico visita a Compañía Nacional de Danza para acompañar a Nacho Cárcaba mentres imparte o taller á compañía e asistir a un ensaio de Kimberly Ulate, coreógrafa costarricense.
E ao día seguinte a xornada de actividades na Praza Skawak de San José dentro do programa Art City Tour: A Praza Skawak de San José era un solar pertencente á Embaixada de España semiabandoada e destinada a parqueo do personal da Compañía Nacional de Teatro, do edificio colindante. No 2018 o director do Centro Cultural de España, Salvador Vayà, convírtea nunha praza pública eliminando ese parquing informal onde cada ano Sólodos presenta unha xornada do programa do Festival. Realízanse dúas master classes para público adulto e para persoas con dificultades motrices impartido por Erick Jiménez, con overbooking na asistencia, ademáis das actuacións do equipo da xira e Sisyphus de Ana Lopez, Destinos de Eileen Ramírez, 11:24 de Marco Black, os tres Premios Certamen La Semilla 2018 de Costa Rica e Tono de Pájaro Mosca - Elisa Medina de México e Los ojos abiertos de ella de Pájaro Mosca - Noemí Sánchez de México.
As pezas que veñen de La Semilla, tres pezas que se executan nun metro cadrado, son un formato moi diferente ao acostumado. Son diferentes linguaxes as propostas, pero é que Sólodos tamén reúne a xente doutros lugares e incluso algunha participación do folklore tico que se presentará na última xornada do festival.
Algo moi especial que tivo esta xornada: ver ás integrantes de Pájaro Mosca, Elisa Medina e Noemí Sánchez, nos seus traballos individuais, posiblemente creados desde lugares moi distantes aos habituais..
Nas funcións do equipo de Xira Sólodos deste ano notábanse as dúas semanas e media de xira por diferentes lugares. Xirar, a práctica da creación, tamén permite a consolidación dunha proposta e hoxe, cun público maioritariamente formado por xente da danza e nova, os espectáculos fluiron como se foran unha soa peza.
O día rematou 90 minutos despois das 18.30h, mais a xornada non podía rematar así, había que vivir unha nova experiencia da xira. O minibús que traslada ao equipo de Sólodos desde San José ata a sede de Sólodos sufre un incendio en pleno viaxe con acuaplaning incluído protagonizado por Elisa Medina. Unha anécdota que aínda agora, tras o pequeno susto, produce gargalladas e miradas cómplices.
O Centro Cultural de España en Costa Rica El Farolito, coproductor de Sólodos En Danza Costa Rica acolle o foro do día 14 de marzo, unha actividade presente nas dúas sedes do Festival, onde se dá a coñecer a tipoloxia do Festival a través do testemuño de varios participantes e da dirección e onde se comparten as experiencias vividas, fundamental para comprender a amplitude do proxecto e diferencias entre a edición ourensana e tica. Tras coñecer de primera man os tres primeiros foros do Festival de Ourense debo recoñecer que é moi difícil facer unha radiografía completa deste proxecto na etapa costarricense. Tamén se presentaron os finalistas do Certame e Gerardo Osorio, director do Festidanza de El Salvador. Todos fan unha presentación para poder situalos nunha traxectoria e nun contexto determinado, e coñecemos de onde parte a creación das pezas.
Creouse un ambiente de moita confianza e mostráronse os vídeos resumo das últimas edicións dos festivais que xestiona Sólodos: Sólodos En Danza Ourense, Costa Rica e Danza no Claustro.
Algunhas das afirmacións que se puideron escoitar nas conversas creadas no círculo de asistentes sobre Sólodos En Danza:
-“Es un oasis”.
-“Permite la creación de una comunidad de danza enlazada por medio del afecto, lejos de la individualidad y soledad que se respira en España”.
-“Reúne diferentes puntos de vista de la danza”.
Carla Segovia e Guillermo Aguilar son o primeiro colectivo que se presentan no mesmo ano na xira de España (2018) e Costa Rica (2019) e contáronnos a súa experiencia en ambas. Destacaron a comunicación tan directa coa xente en Costa Rica e “Sólodos En Danza es una motivación y quiero también ahora construir puentes. Tengo más confianza en mi trabajo. Ahora mis sueños están más altos”.
Repiten tamén nesta edición as Pájaro Mosca, ganadoras do Certame en Costa Rica no 2014 e ás que vemos de cando en cando xirando por España: Elisa Medina e Noemí Sánchez: “Sólodos En Danza es un espacio creado desde la utopía”. E lembran as palabras de Víctor López Carbajales, terceiro pé de Sólodos e actualmente na dirección dos Teatros de Zaragoza: “Tú tienes que preocuparte sólo de bailar”. Iso é o que fan en Sólodos En Danza Costa Rica, bailar, practicar a creación e xestionar o feedback que provoca a tan diversa audiencia dos talleres e presentacións das pezas.
Por último, Erick Jiménez resume Sólodos En Danza como “un campo de cultivo de afinidades”. Eu tamén engado desafinidades, xa que a xira en Costa Rica non serve para todxs, non é unha xira onde se baila e un se retira ao hotel, tes que convivir co equipo ata o final da visita ao país, moitas veces a electricidade vaise durante horas, hai traxectos en coche que poden durar 6 horas para facer 200 km, os requerimentos técnicos poden variar dun minuto ao seguinte,.…
O 15 de marzo Nacho Cárcaba imparte unha clase mestra aos alumnxs da Universidade Nacional de Costa Rica xunto cxs finalistas do certame. Éstos, posteriormente, mostran as súas pezas e conversan cxs ganadorxs do Certame do ano anterior en Costa Rica, Carla Segovia e Guillermo Aguilar, onde expoñen a súa xira por España o verán do 2018 acompañado de fotografías de toda a xira.
A presentación das pezas serve de ensaio para o día de mañá, a final do certame, e os participantes contan desde que lugar construiron as pezas, algunhas exclusivamente para o Certame de Sólodos En Danza. Podemos sacar algunhas xeneralidades como primeiros encontros de traballos en varios dúos como experimento na búsqueda dunha linguaxe común ou, polo menos, dunha linguaxe que poida crear unha peza e en xeral un período, maior ou menor, de investigación que sustenta a creación. A forma é moi variada e sempre existe un fondo. Ás veces se relaciona coa sociedade do seu entorno, outras co propio proceso de creación, dúas moi ligadas a un proceso na propia rúa ou coa xente que pasea pola rúa, e varias referencias musicais, cinematográficas, sexuais ou fotográficas. O Conversatorio é un lugar íntimo, apenas algúns alumnxs da Universidade se achegaron xa que tiñan ensaio, e fai medrar o espazo de confianza que ofrece Sólodos En Danza.
Certame de creación de dúos e solos e Gala de convidadxs
Chegamos á xornada, seguramente, máis importante do Festival, 16 de marzo, a máis maratoniana en canto a actividades e a máis emocionante xa que hoxe se saberá quen irá de xira a España, quen presentará espectáculo na próxima edición de Festidanza de El Salvador, Rambla de Guatemala,de La Machine de Costa Rica e quen será finalista de Bailando con Piedras del Certamen Coreográfico Burgos - NY 2019. Presentáronse á convocatoria 62 coreografías de 9 países firmadas por 87 coreógrafxs e executadas por 103 intérpretes. Chegan á final do certame as seguintes 7:
·Hakim de Isai Reyes / México.
·Sacar los diablos de Sandra Gómez. / Ecuador.
·Pedestres de Lina Valverde e Camilo Regueyra. / Costa Rica.
·Lo que estalla eterniza / Angélica Baños e Alfonso López. / México.
·Amo de Marco Orellana e Sebastián Brown. / Chile.
·Colateral de Lucía González e Tamara Otárola. / Costa Rica.
·Choca de José Ramón Corral e Alberto Hiromoto / México.
Antes da súa presentación, inaugura o Certame UNA Danza Joven, Escuela de Danza, Universidad Nacional de Costa Rica e clausuran o programa, mentres o xurado delibera os premios, o seguinte programa:
·Flor de caña / San Carlos / Devesa / Costa Rica.
·Corpóreos / Costa Rica
·Ensamble Festival de San José / Costa Rica
·Arnau Pérez de la Fuente / España
·Carla Segovia e Guillermo Aguilar / México
·Gemadance / El Salvador
·Nacho Cárcaba / España
·Compañía Nacional de Danza / Costa Rica
·Compañía de Cámara Danza UNA / Escuela de Danza UNA / Costa Rica.
Esta é unha programación que non só trae a Barva danza contemporánea, é un mapa de danza do país con folklore, danza clásica, danza moderna e contemporánea. Tamén realizan a última función en Costa Rica os convidados para a xira Nacho Cárcaba e Arnau Pérez e Carla Segovia e Guillermo Aguilar realizan a función do peche da xira que comenzou co galardón fai exactamente un ano no mesmo lugar.
Durante a gala e xurado delibera os premios que, ata o último momento, non quedan definidos, sobre todo o premio principal coa Xira a España. Practicamente a metade das coreografías teñen elementos que as farían merecedoras do galardón. Son moitos os factores que Sólodos valora, non soamente coreográficos, e nesta ocasión deciden crear un premio especial para realizar a Xira Costa Rica no 2020. Finalmente os premios quedan así:
·PROGRAMACIÓN en La 7ta MACHINE Festival de Calle / Movimiento Contemporáneo 2020 / Costa Rica para: LO QUE ESTALLA ETERNIZA de Angélica Baños y Alfonso López / México.
·PROGRAMACIÓN en Festi - Danza 2019 / El Salvador para COLATERAL de Lucía González y Tamara Otarola / Costa Rica.
·PROGRAMACIÓN en Rambla Festival 2019 / Guatemala para AMO de Marco Orellana y Sebastián Brown / Chile.
·PREMIO SóLODOS EN DANZA / COSTA RICA / 2019 - GIRA COSTA RICA 2020 para HAKIM de Isai Reyes / México.
·PREMIO Semifinalista en Bailando con Piedras - Cert Int. Coreografía Burgos & New York 19 / España para PEDESTRES de Lina Valverde y Camilo Regueyra / Costa Rica.
·PREMIO SóLODOS EN DANZA / COSTA RICA / 2019 - GIRA A ESPAÑA por diferentes festivales: Red a Cielo Abierto: Festival Cádiz en Danza / Lekuz - Leku, Bilbao / Trayectos, Zaragoza, Corpo(a)terra, Ourense / Figures es Mou, Figueres / Huellas, Aracena / Festival Deltebre Dansa, Tarragona / Danza no Claustro, Ourense para PEDESTRES de Lina Valverde y Camilo Regueyra / Costa Rica.
En total ao longo destas tres semanas e media foron casi 4000 persoas (nenxs, xoves, adultos e maiores) os que participaron na totalidade das actividades de Sólodos En Danza Costa Rica 2019: 35 talleres, 78 actuacións, 1 foro, 1 conversatorio, 6 premios e 1 residencia de creación.
Recepción das compañías Pájaro Mosca (México) e Peace of Mind (España) para a residencia de creación no Espacio Sólodos e presentación de traballos e talleres na zona de Tilarán.
As dúas compañías están inmersas no proceso de creación dun espectáculo que será estrenado en España o próximo verán no Festival Trayectos de Zaragoza e preestrea en Danza no Claustro en Ourense. Esta residencia non aberta ao público é o peche do programa da séptima edición Sólodos En Danza Costa Rica / 2019, e complementarán a mesma con presentación das súas pezas en cartel e obradoiros en Tilarán.
Saber máis sobre a edición 2019 do Festival SóLODOS En Danza Costa Rica 2019:
Sólodos En Danza: www.solodos.es
Nacho Cárcaba: http://nachocarcaba.com
Arnau Pérez de la Fuente: www.arnauperez.com
Carla Segovia: https://www.facebook.com/carlasegovia.mx
Guillermo Aguilar: http://www.colectivoqueridovenado.com
Thomas Guiraud: https://www.facebook.com/tou.ba.31
José Andrés Álvarez Sanóu: https://www.facebook.com/joseandres.alvarezsanou
Pablo Vargas: www.pablounfried.com
Pájaro Mosca: http://www.pajaromosca.com/
Centro Cultural de España en Costa Rica: http://www.ccecr.org/
Corpóreos: https://www.facebook.com/Corp%C3%B3reos-de-Quepos-275999785785055/
Ensamble Festival de San José: https://www.festivalballetsj.com/
Gemadance: https://gemadanceballet.blogspot.com/
Compañía Nacional de Danza de Costa Rica: https://si.cultura.cr/agrupaciones-y-organizaciones/compania-nacional-de-danza.html
Compañía de Cámara Danza UNA: http://www.danza.una.ac.cr/index.php/proyectos/camara-danza-una
17/03/19: IB6314 + IB1130
E para coñecer máis o proxecto, recomendamos visitar a amplísima galería fotográfica de todo o Festival, autoría de Pablo Vargas:
https://www.solodos.es/galeria-costa-rica-19

VÍDEO RESUMO DE SÓLODOS EN DANZA COSTA RICA 2019 REALIZADO POR PABLO VARGAS:
