Elvi Balboa
Un proxecto de difusión da Danza Contemporánea en Galicia · istoedanza.gal
por Cristina Balboa e Manu Lago
2 | 16/08/2018

TI E A DANZA
·Cóntanos quen eres, o teu nome, onde resides e a que te adicas?
Elvi Balboa, actualmente resido en Barcelona e dedícome á danza como coreógrafa e intérprete.
·Desde que ano eres profesional da danza en Galicia? Como comenzou todo?
A miña conexión con Galicia é recente porque veño de formarme en Andalucía e Barcelona pero veño sendo profesional dende fai aproximadamente dous anos.
·Lembras cal foi o primeiro espectáculo de danza contemporánea que viches?
Quizáis non foi o primeiro pero si o que me impulsou a querer ser parte do mundo dancístico: What the body does not remember - ÚLTIMA VEZ / WIM VANDEKEYBUS no teatro Alambra de Granada.
O TEU TRABALLO
·Sobre o teu último traballo, que podes contarnos? Ou prefires adiantarnos algo no próximo?
A miña última peza é unha colaboración coa tamén coreógrafa Lucia Bocanegra de Sevilla estrenada en Sanxenxo o 14 de Agosto:
Á T I C A é un lugar onde se encontran dúas descoñecidas. Dous extremos que se unen nun xogo. Un diálogo armónico creado polas súas diferenzas. Danza e espazo fan posible esta historia espontánea, este encontro cotián.
·Vemos algún vídeo del?
https://vimeo.com/284251008 Só é unha pequena promo.
O ENTORNO MÁIS PRÓXIMO
·Cal é a túa valoración da danza contemporánea de Galicia (creación, produción, exhibición, distribución, políticas culturais,...) ?
Levo moito tempo fóra de Galicia, pero creo que en xeral hai moitas ganas de facer danza aínda que non existe unha rede cultural para poder chegar ao público.
·Por que non se programa máis danza? Que cres que necesitamos para estimular as contratacións?
A danza é a expresión da arte máis antiga do ser humán. A través da danza dáse a marabillosa singularidade da unión da linguaxe corporal coa arte pero creo que a mesma nunca foi valorada como un linguaxe polo que a vemos externa a nós, cando claramente é un forte medio de expresión.
Polo tanto e un problema de comprensión e desgraciadamente hoxe en día búscase o entreter máis que plantexar dúbida o inquietude de pensamento.
A danza non ten un poder adquisitivo como o tiveron outras artes. Por iso ten máis dificultade, é máis cara, desaparece rapidamente. Séguese necesitando moito a nivel de formación, de produción e de difusión, para que sexa asequible a todo o mundo.
·Os teus proxectos poden aportar algunha actividade para a creación de públicos engadida á exhibición do espectáculo? De quen é esa responsabilidade?
O meu traballo está relacionado co espazo público, como coreógrafa interésame moito a xente que pasa pola rúa, captar o público que non foi a verte deliberadamente. Os nenos que sen nigún tipo de prexuizo intentan copiar os teus movementos, dende aí podemos achegarnos máis á sociedade.
Pois é responsabilidade de todos, das políticas culturais, do sistema de ensino, da conciencia dos ciudáns e do circuito dancístico, de intentar máis se cabe a visualización do que queremos dicir.
·En Galicia xa non existe ningunha asociación profesional vinculada específicamente á danza e non están practicamente presentes en Escena Galega (asociación de compañías). Cal é o motivo? É unha disciplina individualista?
Ao ser un sector tan difícil e sen apoio institucional, cada un intenta sacarse as castañas do lume, de aí que sexa máis individualista. Creo que se tiveramos máis apoio institucional sería máis fácil a organización.
-O Colectivo RPM traballa para a creación e investigación arredor das artes do movemento a través das Residencias Paraíso (co apoio económico da Agadic, entre outras entidades). Suple á xestión cultural pública?
É xenial o que este colectivo plantexa pero sempre creo que pode haber máis iniciativas, nunca é suficiente.
O CONTORNO DO ENTORNO
·Aínda que resides en Barcelona, en Galicia estamos lonxe de Madrid, Barcelona ou Bilbao. Que é o que nos perdemos e que cales son os aspectos positivos? Como nos ven desde as cidades máis dancísticas?
Estou vivindo en Barcelona pero a miña última residencia foi en Sanxenxo e teño que dicir que o Concello axudoume moitísimo, sentinme na casa e moi ben acollida. Hai que valorar as pequenas infraestructuras porque ás veces nas cidades maís dancísticas encontras de todo, pero tamén é máis impersoal.
PREGUNTAS SUPERSÓNICAS
·No ano 2030 en que cidade te gustaría presentar o teu traballo?
No Cairo.
·Que momento do día te gusta máis?
Cando se fai de noite.
·Se tiveras a oportunidade de gobernar un país, cal sería?
A república independente da miña casa.
·Cal é o teu sabor de xeado preferido?
Limón/Vainilla.
·Fai canto tempo non escoitas un álbume de música completo?
...
·Cantas pesetas son un euro?
166,67
·Performance ou danza?
Danza.
·Que sentido ten o movemento do corpo na Galicia de hoxe?
Inquietude.
·Que movemento involuntario do corpo é o teu preferido?
As cabezas cando estás quedando durmida.
·Por que disciplina artística diferente á túa te sintes atraída?
Deseño Gráfico
·Por que cidade sintes un especial afecto?
Vilnius..
·Que compañía de artes escénicas recomendarías axs teus veciñxs ou colegas para ir a velxs?
EX NIHILO
https://www.exnihilodanse.com/spip.php?rubrique16#.W5Jju5MzYWo
·Que música, definitivamente, non bailarías?
Creo que bailaría todas.
·Como decidiches o nome da túa compañía?
O meu nome represéntame: Elvi Balboa.
·Na túa práctica habitual, que tema ou inquietude estás investigando?
Espacio público e perspectivas.
·Que libro lembras?
A triloxía do Señor de los anillos.
INSPIRÉMONOS XUNTOS
·Podes prestarnos o link a un vídeo dun espectáculo que te marcara para visionar ao rematar de ler este custionario e contarnos porque?
https://www.youtube.com/watch?v=bLsum2sxUjc&t=62s
Porque esta compañia consigue teletransportarte ao seu universo.
·E unha música?
https://www.youtube.com/watch?v=7mpnOvh2m-g
PARA CURIOSEAR MÁIS
·Onde podemos ver máis das túas actividades? Pásanos a túa web.
https://www.instagram.com/elvi_lands/
Teño a web en construción
Con motivo da estrea de Á T I C A o 13/08/2018 en Sanxenxo falamos con Elvi Balboa sobre o seu traballo e a danza contemporánea:
Á T I C A, o seu último espectáculo, presentado o 14/08/2018 en Sanxenxo:
Á T I C A é o lugar no que se atopan dúas descoñecidas. Dous extremos que se unen nun xogo. Un diálogo armónico creado polas súas diferenzas.
Danza e espazo fan posible esta historia espontánea, este encontro cotián.
Coreografía e interpretación
Elvi Balboa e Lucía Bocanegra
Música
Cristina Balboa
Residencia Coreográfica
Concello de Sanxenxo