top of page

 Paula Quintas · TrasPediante 

Un proxecto de difusión da Danza Contemporánea en Galicia · istoedanza.gal 

por Cristina Balboa e Manu Lago

1 |                                                       03/07/2018

TI E A DANZA

·Cóntanos quen eres, o teu nome, onde resides e a que te adicas? 

PAULA QUINTAS SANTOS, actualmente resido en Santiago de Compostela e

adicome as artes vivas, especialmente a Danza Contemporánea e a técnicas

de equilibrio danzadas en alambre tenso.

·Desde que ano eres profesional da danza en Galicia? Como comenzou todo? 

Dalgún xeito cando regreso a ela, fai aproximadamente uns seis anos, ao

rematar a miña formación ao estranxeiro, concretamente en Londres.

·Lembras cal foi o primeiro espectáculo de danza contemporánea que viches? 

Quizais foi Chevy Muraday cando estaba arredor do 1998, e foi unha das primeiras aproximacións o códigos contemporáneos entorno as artes

do corpo.

O TEU TRABALLO

·Sobre o teu último traballo, que podes contarnos? Ou prefires adiantarnos algo no próximo? 

O meu último traballo vai entorno a plasticidade como se dunha Barbie se tratara que co seu corpo de plástico perdura ao longo do tempo, baleira por dentro, hermética ao exterior. e o corpo como contenedor, PLASTIC, estreado no Auditorio de Ourense a pasado Abril.

·Vemos algún vídeo del? 

https://vimeo.com/277465815

O ENTORNO MÁIS PRÓXIMO

·Cal é a túa valoración da danza contemporánea de Galicia (creación, produción, exhibición, distribución, políticas culturais,...) ? 

Bastante limitada, no que é o sector en xeral, non hai case movemento, nen difusión, todo case dende o sector privado hai que sacar as iniciativas. No meu caso xestiono unha escola de Danza (Danza alfaia) e ademáis de levar un festival de danza contemporánea na rúa, na cidade de Ourense, chamado Corpo(a)Terra.

·Por que non se programa máis danza? Que cres que necesitamos para estimular as contratacións? 

Ademais de comezar polo básico no escalón que é a educación infantíl, programas educativos de concienciamento da población, penso que a xente e moi reacia aínda e estes códigos, os cales pensan que son moi lonxanos a súa capacidade de comprensión e analise, con lo cual os teatro non se enchen. Pero programar na rúa, estamos medrando nun acercamento a ese público. Que o tecido de danza e escaso en Galicia, iso é máis que por suposto.

·Os teus proxectos poden aportar algunha actividade para a creación de públicos engadida á exhibición do espectáculo?  De quen é esa responsabilidade? 

O meu perfil artístico está ligado a docencia, polo que en todos os espectáculo temos esa posibilidade de actividade para a creación de público. Tanto un taller físico como reflexivo.

·En Galicia xa non existe ningunha asociación profesional vinculada específicamente á danza e non están practicamente presentes en Escena Galega (asociación de compañías). Cal é o motivo? É unha disciplina individualista?  

O motivo é a falta de organización e os impulsos condicionados por momentos a nivel individual. A falta de apoio institucional é unha desvantaxe que limita os esforzos e as enerxías para seguir con regularidade, pero existen proxectos que están a loitar e a facer moito polo tecido de danza en Galicia.

-O Colectivo RPM traballa para a creación e investigación arredor das artes do movemento a través das Residencias Paraíso (co apoio económico da Agadic, entre outras entidades). Suple á xestión cultural pública? 

Penso que o Colectivo RPM plantexou unha fórmula moi atractiva de xenerar redes, proxectos e espazos de residencias para a investigación e a posible produción co apoio institucional do tecido galego, pero fai falta abarcar máis eidos dentro da xestión cultural pública.

O CONTORNO DO ENTORNO

·Traballas na periferia do Estado, estamos lonxe de Madrid, Barcelona ou Bilbao. Que é o que nos perdemos e que cales son os aspectos positivos? Como nos ven desde as cidades máis dancísticas? 

Por unha parte ao non estar centralizados, temos mais posibilidade de recursos privados e menos competencia, pero tamén chegan menos cousas, e

hai menos conexións en rede e intercambios de proxectos e riqueza cultural.

Moitas das cousas que chegan aquí, con interese persoal, tes que ver a fórmula, para poder traelos, xa que as institucións levan uns tempos de traballo eternos, e non funcionais para os tempos que corren.

PREGUNTAS SUPERSÓNICAS

·No ano 2030 en que cidade te gustaría presentar o teu traballo? 

Xira en Xapón.

·Que momento do día te gusta máis? 

A mañá cedo.

·Se tiveras a oportunidade de gobernar un país, cal sería? 

Islandia.​

·Cal é o teu sabor de xeado preferido? 

Vainilla.

·Fai canto tempo non escoitas un álbume de música completo? 

Bufff...​

·Cantas pesetas son un euro? 

160 pesetas?

·Performance ou danza? 

Todo.​

·Que sentido ten o movemento do corpo na Galicia de hoxe? 

Reapertura e fusionamento.

·Que movemento involuntario do corpo é o teu preferido? 

Extensión dos dedos. 

·Por que cidade sintes un especial afecto? 

Estocolmo.​

·Que música, definitivamente, non bailarías? 

Nada, bailaría todo. 

·Como decidiches o nome da túa compañía? 

PAULA QUINTAS- CIA TRASPEDIANTE, Traspediante xa estaba formado desde 2007, e eu non pertencía a ela naquel entón.

·Na túa práctica habitual, que tema ou inquietude estás investigando? 

PUSH_ PULL

PULL_ PUSH

Estamos acostumados a empuxar, non en tirar, pola forza gravitatoria da terra. Estou investigando a intención de tirar constantemente do corpo para calquera

desprazamento ou acción.

·Que libro lembras? 

El Perfume.

PARA CURIOSEAR MÁIS

·Onde podemos ver máis das túas actividades? Pásanos a túa web. 

www.paulaquintas.com

Con motivo da presentación de Plastic o 11/06/2018 en Galicia Escena PRO e a vindeira edición do Festival Corpo(a)terra, falamos con Paula Quintas sobre danza contemporánea:

PLASTIC, o seu último espectáculo:

 

O corpo como contedor.

Como se dunha Barbie se tratara que co seu corpo de plástico perdura ao longo do tempo, baleira por dentro, hermética ao exterior. Reflexo da importancia que a sociedade actual moderna lle da ao de fóra e non ao de dentro.

O plástico tamén pode ser un espazo para gardar, conservar, un espazo onde o contido ten cabida. Así, o corpo recolle no seu interior as experiencias e as emocións que nos definen. Ocultámonos nun corpo transformando a demanda do momento social que nos toca vivir. Un corpo onde se almacenan, gardan e esquecen os momentos vitais, un contedor que modela e transforma o seu físico para non transparentar o contido-emocións que o enche.

Dirección artística e coreografía

Rut Balbís

Interpretación

Paula Quintas

Vestiario

Fany Bello

Iluminación e escenografía

Afonso Castro

Produción e distribución

Belém Brandido e Manu Lago

Fotos

Miramemira, Adriana Pazos Ottón, Íñigo Rodrigo Román e Fotográfica Oviedo

Produción

TrasPediante

Colaboran

Pistacatro, Galicia Danza Contemporánea, Centro Coreográfico Galego, Concello de A Estrada, Concello de Negreira e Auditorio Municipal de Ourense

Agradecementos

Xoan Xil, Ulobit, Pablo Reboleiro, Carmen Santos, José Antonio Quintas, Adriana Feijoo, Arturo Cobas, Marta Alonso.

Imaxe do espectáculo por Miramemira

VIII Corpo(a)terra, a nova edición do Festival de danza artes do movemento na rúa:

 

www.corpoaterra.com

bottom of page