Un proxecto de difusión da Danza Contemporánea en Galicia · istoedanza.gal
Erick Jiménez · SóLODOS
por Cristina Balboa e Manu Lago
4 | 22/11/2018

TI E A DANZA
·Cóntanos quen eres, o teu nome, onde resides e a que te adicas?
O meu nome é Erick Jiménez, vivo en Ourense e Costa Rica e son artista escénico.
·Desde que ano eres profesional da danza en Galicia? Como comenzou todo?
Traballo profesionalmente en Galicia desde o ano 2006 e comenzou coa creación do Centro Coreográfico Galego, xusto vin a facer asistencia de dirección do espectáculo que creaba Maruxa Salas e a partir de aí tiven un vínculo moi forte con Galicia e desde entón traballo a metade do meu tempo aquí.
·Lembras cal foi o primeiro espectáculo de danza contemporánea que viches?
Tiña 7 anos, foi a Compañía Nacional de Costa Rica e creo que bailaban un Requiem de Mozart.
O TEU TRABALLO
·Sobre o teu último traballo, que podes contarnos? Ou prefires adiantarnos algo no próximo?
Este ano traballei en tres espectáculos. Un deles foi Bocaracá, un traballo encargado desde a Compañía de Cámara de Costa Rica, unha obra inspirada nun conto costarricense que se chama Bocaracá. Logo creouse Corps Sonore, coprodución con Agadic e cunha asociación francesa - Neuf Portes- e Sólodos, un espectáculo estreano no Parque Botánico Montealegre de Ourense ao que lle teño moito cariño, está entre a performance e land art, un formato pouco convencional. Logo no verán fixen o espectáculo Easy con máis de 100 persoas do pobo de Deltebre: nenos, adultos, maiores, actores, .... unha obra de gran formato.
Para o próximo ano, aos inicios, crearei para a Compañía de Danza do TEC de Costa Rica, son estudantes de carreiras universitarias técnicas.
·Vemos algún vídeo del?
De Corps Sonore: https://vimeo.com/272620085
De Bocaracá: https://www.youtube.com/watch?v=TpaUFwoxb6k
O ENTORNO MÁIS PRÓXIMO
·Cal é a túa valoración da danza contemporánea de Galicia (creación, produción, exhibición, distribución, políticas culturais,...) ?
No aspecto creativo creo que é marabilloso, cada día as compañías que xa existen se afianzan máis, fanse máis fortes cun vocabulario máis concreto e os novos creadores están facendo cousas fantásticas. Corren tempos difíciles, producir obra é un esforzo moi grande para os creadores e podería mellorarse, pero xa ten que ver con políticas culturais e exhibición. A exhibición máis relacionada con proxectos a longo prazo onde a sociedade estea máis involucrada, non poden ser programacións no aspecto tradicional, nestos tempos deben ir acompañadas doutras estratexias que miren aos públicos.
A distribución é un sálvese-quen-poida. Normamente o fan os propios creadores e aquí é moi importante a relación que teñeas como profesional con outros colega, a túa visibilidade noutras plataformas e o apoio á mobilidade. Doutro xeito é moito máis complexo. Tamén aquí teñen que ver as políticas culturais, non só a nivel económico senon tamén a nivel de contidos: qué lugar ten a arte contemporánea na sociedade? Eu véxoa como unha ferramenta capaz de facer moitas cousas, pero é necesario que esa visión a compartan os políticos, xa que hai posturas que están moi lonxe do que está pasando aquí e agora. Simplemente o feito de ter unha figura xurídica a veces é moi complicado, sobre todo para os que empezan. Se non existen un soporte, unha maneira desde a que se proxecten os novos no futuro non se poden situar dentro de 20 anos.
·Por que non se programa máis danza? Que cres que necesitamos para estimular as contratacións?
Non se programa máis danza por ignorancia. Se no aspecto social e cultural a xente, as cidades se deran conta do que significa a danza para o público seguramente se programaría máis danza. Toda a publicidade e estética que consumimos diariamente ten movemento e danza, é un punto de vista moi capitalista pero o certo é que está aí e a consumimos.
Estimular as contratacións si, pero tamén aí hai lío, xa non podes facturar máis de determinado importe aos concellos. É un pouco absurdo que o noso ecosistema estea pechado por un tema burocrático e práctico para que as institucións marquen un toque de presuposto para a arte contemporánea. É importante estimulala pero o cambio debe existir desde outro lugar. E hai outros espazos nas cidades que se poden abrir á danza e desde ela potenciala. Nós intentamos facelo, programar e convidar a nenos e adultos en outros espazos qeu, a través do corpo, aumentan o seu potencial. A danza transforma a cidade, pode transformar a cidade, máis alá dos espazos convencionais e aumentando a calidade de vida de todos.
·Os teus proxectos poden aportar algunha actividade para a creación de públicos engadida á exhibición do espectáculo? De quen é esa responsabilidade?
Todos os nosos proxectos están pensados para acercarse ó público. Non me gusta falar de novos públicos. Como creador síntome na obriga de achegarme a eles. Nesa estratexia coreográfica buscamos achegarnos a outros contextos. Nós traballamos desde nenos pequenos, adultos, maiores, poboacións vulnerables, onde existe violencia ou narcotráfico, e traballamos desde alí coa arte. Os nosos proxecto están vinculados á poboación e aos contextos onde desenvolvemos as programacións e actividades.
A responsabilidade creo que ten que partir de todos. Tamén desde o Estado. Desde onde apoia? As infraestructuras tamén son importantes para determinados proxectos, a solidaridade, as redes entre profesionais, a difusión dos proxectos, ... se todos asumimos responsabilidades todo sae mellor, políticos, artistas, a xente....
·En Galicia xa non existe ningunha asociación profesional vinculada específicamente á danza e non están practicamente presentes en Escena Galega (asociación de compañías). Cal é o motivo? É unha disciplina individualista?
Creo que o formato da asociación está un pouco fóra do noso contexto. As asociacións, cooperactivas... teñen perfiles asociativos moi concretos que ao mellor non coinciden co noso momento actual. Por exemplo en Galicia temos un vínculo entre os artistas, sabemos qué está pasando e temos mobilidade entre nós. Nos nosos proxectos procuramos involucrar a artistas galegos, coñecémolos, compartimos apoio entre nós. una relación Con moito afecto, creamos xuntos, bailamos xuntos, estamos ao corrente do que esta pasando en Coruña, Santiago, Ourense, e incluso os que están fóra, estamos en contato, unha relación profesional de oficio nos une, o AFECTO, esto é importante, apoiámonos e axudámonos aínda que sexa pouco visible.
A voráxine que acontece no día a día na búsqueda da supervivencia pide pensar individualmente pero a pesar diso estamos traballando esforzándonos contra marea. Nós estamos contetados cos nosos colegas e sabemos o que ocorre e qué significa o esforzo de cada colega por estar presente e seguir traballando, hoxe é unha revolución estar de pé e facer arte escénica.
Desde a Administración hai certa distancia, debería achegarse máis aos proxectos, saber deles. Non pola presentación de documentos para unha subvención; é necesario patear e estar no territorio, vivir os proxectos e coñecer os seus pros e contras, pero desde a práctica e non desde a oficina.
Hai certa distancia entre o público e o privado, hai un divorcio de información e neste sentido o esforzo debería ser máis dunha parte que desde a outra. Sobre todo coa danza e a danza contemporánea.
-O Colectivo RPM traballa para a creación e investigación arredor das artes do movemento a través das Residencias Paraíso (co apoio económico da Agadic) . Suple a xestión cultural pública?
Por suposto que non. A xestión pública da arte contemporánea non é simplemente un apoio económico, a veces nin sequera este é importante. É necesario establecer unhas políticas culturais para traballar a anos vista, qué pasará dentro de vinte anos? onde está o tecido, as necesidades, .... É moi importante a xestión cultural pública, pero as entidades privadas avanzan e as administracións públicas móvense como un elefante. As convocatorias están fóra de contexto, os proxectos non poden optar aos formatos de axudas porque están descontextualizadas. Existe un cambio, e non existe mirada a proxectos non convencionais. Oxalá o cambio chegue da man dos creadores. Adaptamos as creacións aos procesos burocráticos cando debería ser ao revés.
O CONTORNO DO ENTORNO
·Traballas na periferia do Estado, estamos lonxe de Madrid, Barcelona ou Bilbao. Que é o que nos perdemos e que cales son os aspectos positivos? Como nos ven desde as cidades máis dancísticas?
O da periferia a estas alturas da miña vida o considero un privilexio. Teño calidade de vida, vivo mellor nunha cidade da periferia e non nunha gran cidade. Qué nos perdemos? Pois creo que nada, e temos moitos aspectos positivos.
As cidades máis dancísticas o son por volume e non por calidade, penso eu. Esa perspectiva centralista xa non existe, está obsoleto. Nós traballamos en dous continentes, nas periferias de dous territorios, onde hai grandes artistas, grandes obras, e todo iso ocorre na periferia. A periferia permite mobilidade e a mobilidade o traslado de información. Na periferia está no futuro.
PREGUNTAS SUPERSÓNICAS
·No ano 2030 en que cidade te gustaría presentar o teu traballo?
No 2030 me gustaría desaparecer e que os proxectos que estamos facendo nas diferentes localidades os fixera outra xente. Eso sería marabilloso.
·Fai canto tempo non escoitas un álbume de música completo?
Todas as mañás escoito música cando vou entrenar.
·Cantas pesetas son un euro?
166
·Performance ou danza?
As dúas, a verdade. Non me gustan as etiquetas, vexo ferramentas, non etiquetas. Tes uns obxectivos e utilizas todas as ferramentas para chegar a el.
·Que sentido ten o movemento do corpo na Galicia de hoxe?
Galicia baila, é un corpo e ten movemento sempre. Basta con ver a corporalidade de cada persoa nunha cidade.
·Por que disciplina artística diferente á túa te sintes atraídx?
Gústame deseñar xardíns, deseño de interiores, sería algo así
·Por que cidade sintes un especial afecto?
Moitas cidades. Vivín en moitas por traballo e a moitas lle teño afecto. Síntome de moitas partes e non de unha.
·Que compañía de artes escénicas recomendarías axs teus veciñxs ou colegas para ir a velxs?
Recomendaría a todos os proxectos galegos que se están movendo agora mesmo. Tamén me gustaría que outros proxectos de iberoamérica tiveran máis visibilidade.
·Que música, definitivamente, non bailarías?
Bailaría todo.
·Como decidiches o nome da túa compañía?
Buscámolo entre Maruxa e eu, e ten que ver con sólido, algo que teña solidez, ese xogo de palabras chegou a Sólodos.
·Na túa práctica habitual, que tema ou inquietude estás investigando?
Estou investigando moito sobre corpo e saúde e artes escénicas e niso estou traballando. Logo a nivel creativo interésame descubrir cómo esa parte muscular, articular, espacial están relacionadas con contextos psicolóxicos e a través diso se poden desenvolver e potenciar capacidades nos intérpretes.
·Que libro lembras?
Antología Mayor dun poeta costarricense que se chama Jorge Debravo.
INSPIRÉMONOS XUNTOS
·Podes prestarnos o link a un vídeo dun espectáculo que te marcara para visionar ao rematar de ler este custionario e contarnos por que?
Non teño un espectáculo preferido, hai moitas obras que vin pero non podo dicirte: é esta.
Hai tantas cousas xa metidas no ADN....
·E unha música?
Algúns colegas cos que traballo: Will Menter ou Glendon Ramírez.
PARA CURIOSEAR MÁIS
·Onde podemos ver máis das túas actividades? Pásanos a túa web.
Con motivo da celebración da 3ª edición do Festival SóLODOS En Danza Ourense, falamos con Erick Jiménez sobre o seu traballo, SóLODOS e as artes do movemento:
Imaxe do espectáculo A temperatura o temperamento de Efe Punto Martínez. Foto de Miguel Vidal. Todos os dereitos reservados.
Dirección Artística
Erick Jiménez
Axudante de Dirección
Maruxa Salas
Intérpretes creadores
Will Menter, François Melville,
Jane Norbury e Erick Jiménez
Dirección Espazo Sonoro
Will Menter
Creación Espazo Sonoro
François Melville, Erick Jiménez e Will Menter
Dramaturxia Escénica
Erick Jiménez
Coreografía e Dirección de Movemento
Erick Jiménez
Axudante de Coreografía
Maruxa Salas
Deseño de Son
Will Menter e François Melville
Escultor Sonoro e Saxofonista
Will Menter
Percusión
François Melville
Deseño Escénico
Jane Norbury
Dirección Produción
Maruxa Salas
Produción
Manu Lago
Coproducen
Sólodos - Neodans S.C.
Association Neuf Portes
Centro Coreográfico Galego -
Agadic - Xunta de Galicia
Colaboran
Galicia Danza Contemporánea
Auditorio Municipal de Ourense
Concellaría de Cultura - Concello de Ourense
Concellaría de Urbanismo - Concello de Ourense
Concellaría de Educación - Concello de Ourense

Espectáculo estreado no Parque Botánico Montealegre de Ourense o 1 de xuño de 2018.
CORP SONORE é un espectáculo de danza contemporánea concebida dentro da corrente artística LAND ART.
O corpo dos intérpretes, o lugar escénico onde transita o espectáculo e as esculturas sonoras, reproducen un imaxinario estético e sonoro no público que se enfrenta a unha paisaxe chea de efectos e sensacións que fan do observador un partícipe da obra.
CORPS SONORE utiliza o espazo escénico como metáfora do contexto, lugares urbáns, rurais, interactuar co medio de forma dorrecta, os artistas dialogan co entorno e posteriormente crean a obra.
Así nace unha transformación a través dunha experiencia que dá valor á comunicación de pensamentos, un diálogo en moitas direccións, paisaxe, arquitectura, música e danza.