L A R A M U N Í N
Comeza a súa formación na cidade na que nace, Santiago de Compostela, en danza clásica, baile rexional Galego e Capoeira.
Cursa a doble especialización en danza clásica e contemporánea no Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.
Actualmente estudante de último curso no Grao Superior de Danza en Coreografía e Interpretación polo Institut del Teatre. O seu interese artístico atópase no desenvolvemento dunha linguaxe de movemento que agora mesmo toma dúas vías diferentes de inspiración. A danza tradicional galega e o flamenco. Dous mundos que estuda, investiga e practica para poder abarcalos dende unha visión contemporánea.
Cofundadora e integrante de "LAS NORTEÑAS" e CIA "MAI".
Finalista en SOLODOS en danza 2019 co seu solo "OPP".