manulago 

MEMINISS-E

MARÍA ROJA

Instalación performativa |  30 min.

C(a)t MEMINISS-E 006.jpg

 04/09/2021  | ESTREA | Festival Corpo(a)terra | Gondomar 

 

Il n’y a pas de politique qui ne

soit pas une politique des corps.

Michael Foucault

En esta nueva realidad, los que

habíamos perdido el amor o no lo

habíamos encontrado a tiempo, es

decir, antes de la gran mutación

del Covid-19, estamos condenados

a pasar el resto de nuestra vida

totalmente solos.

Sobreviviríamos, pero sin tacto,

sin piel.

Paul B. Preciado

Meminiss-e é un convite ofrecido a un fato de persoas moi vinculadas a min, por lazos familiares, amistosos, sexoafectivos ou profesionais, durante o período de estado de alarma no estado español a causa da pandemia do coronavirus. A proposta consiste na realización dun retrato da miña persoa tirando só da memoria, empregando para tal fin unha aplicación móbil que emula un software para a construción de retratos robot policiais. O exercicio de extracción da información que permanece viva na memoria, nunha inusual situación de distanciamento forzado sen preaviso, revélase complicado. As imaxes resultantes, nas súas coincidencias e diferencias, co variable protagonismo de trazos ou expresións, acaban amosando a subxectividade da evocación e a fraxilidade do recordo.

 


Meminiss-e remata por ser unha peza colaborativa en formato de acción debuxística na que os dispositivos de telecontrol que están na palma da nosa man, se espremen subversivamente ao servizo do acto íntimo de lembrar a un ser querido ausente.

 

A acción debuxística colectiva Meminiss-e desenvolvida durante o confinamento domiciliario, reformúlase agora como instalación performativa para saír á rúa.

 

Os retratos, impresos en soporte adhesivo, expóñense no espazo público, tomando o mobiliario máis os elementos urbanos.

O corpo da artista, exposto sobre unha plataforma xiratoria, agocha o seu rostro detrás dunha tablet sobre a que vai pasando en bucle os amentados debuxos. 

Á vez, o público casual que vai tropezando coa imaxe durante o seu tránsito cotián, escoita unha descrición sonora do corpo que están a intuír, realizada tamén de memoria por un grupo de persoas vinculadas ao mesmo.

 


Meminiss-e torna nunha reflexión sobre o modo de accionar dos corpos en soidade e en espazos físicos restrinxidos, ameazados polo síndrome da estereotipia, máis da súa pegada dixital, aberta ao rastrexo alleo.

Esta é unha peza inevitablemente contextualizada nunha época de secuelas pandémicas.

Creación e performer

María Roja

Fotografía

Ángel Sousa - Corpoaterra e

Manuel G. Vicente - Performa

Colaboracións

Adrián Porima, Ailén Kendelman, Alba Blanco, Areta Bolado, asformigas, Atenea García, Begoña Cuquejo, Carla Rodríguez, Carolina Rodil, Christian García Bello, Fernando González, Fon Cortizo, Fran Martínez, Héctor Guerra, Jesús Andrés Tejada, Javier Labandeira, Laura Torrado, Luis Esmorís, Maria Chiginskaya, María Costas, Miguel Canalejo, Miguel Vidal, Míriam Rodríguez, Nicolás Zamorano, Pablo Canosa, Paolo Constantino, Rosa Puga, Samuel Merino, Santiago Paredes, Sabela Eiriz, Santi Romay, Silvia Penas, Tamara Andrés, Velpister, Xan Cortizo, Xiuyan L., Xose Piñeiro

 

Estrenado o 4 de setembro de 2021 no Festival Corpo(a)Terra en Gondomar (Pontevedra)

Participa no Festival da Innovación a través de Performa o 9 de outubro 2021 en Ares (A Coruña)