manulago 

LICENCIADA SOTELO

MÉTANSE NOS

SEUS ASUNTOS

  • Facebook Licenciada Sotelo

Espectáculo de danza | Espazos escénicos | Público adulto | 50 min.

é bailarina, coreógrafa e actriz.

Traballou para o Centro Coreográfico Galego, Femme Fatale, Experimenta Danza, Teatro Resoante, Elefante Elegante, Matarile Teatro e no 2010 funda a súa compañía Licenciada Sotelo coa que produce ata o momento 7 espectáculos.

Recibe no 2017 o premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva do Concello de Padrón.

Unha pequena pista

A pel dunha muller

O comportamento dunha vaca

A corda frouxa

Quen mira é benvido

¿quere vostede pasar?

No trapecio, baixo as olladas

O meu asunto é o seu asunto

O meu medo é o seu medo a miña nudez é a súa

Un traballo sobre a presenza.

Un só de danza que se move entre a evocación de lugares común e a exposición do privado, considerando a implicación ou desentendemento do que mira ou asiste a un acto público e cuestionando a nosa pasividade ante os acontecementos alleos.

Alguén dirá que de bo agrado se metería nos seus asuntos, pero ¿cales son? Ás veces todo nos concirne, de súpeto, nada nos toca.

O fío condutor é a transformación, dunha muller, dunha presenza, da enerxía, da ollada do que observa. O camaleonismo dunha persoa: segundo se trata, segundo se mira, segundo se mostra, segundo se recorda.

A escena é unha ferramenta de comunicación e o obxectivo é conectar ¿é eficaz o que facemos?

Con poucos recursos interésanos mostrar o aparentemente sinxelo aínda que todo teña unha dobre lectura.

Alexander Calder xogando co seu pequeno circo de arame, o pallaso que intenta subir a unha cadeira, a trapecista de ouro, os cabalos azuis, a cabareteira, unha modelo núa, algunha vaca queda, queda.

As ideas construídas a partir de imaxes, a danza e a presenza a través de emocións e sensacións. O pracer de evocar imaxes que provoquen a emoción do que mira, que sempre é individual e, que se logramos involucralo, participará sendo intérprete das nosas experiencias.

O intento e a repetición do intento. “proba outra vez, fracasa outra vez” como diría o gran Beckett.

Creación

Nuria Sotelo e Ana Vallés

Dirección

Ana Vallés

Interpretación

Nuria Sotelo

Iluminación

Miguel Muñoz

Fotos e Vídeo

Rubén Vilanova

Deseño Gráfico

Jacobo Bugarín

Peza estrenada no Festival Internacional de Teatro de Ourense, 2010.

 

Xirou polos teatros e festivais: Auditorio de Ourense, Sala Santart, La Nave de Cambaleo de Aranjuez, Central Lechera de Cádiz, Teatro Principal de A Estrada, Teatro Principal de Compostela, FITEI, WOS Festival - Sala Montiel de Compostela,...

Socio amigo de:
Captura de pantalla 2018-10-05 a las 20.
Colectivo RPM
  • Facebook